jueves, 29 de diciembre de 2011

E Así Preparamos o Nadal En 5º B

Para celebrar a chegada do Nadal en 5º B realizamos diferentes actividades:
Coa Profe Mª José en Relixión, xunto coas outras clases, axudamos a preparar o Belén da escola. Para iso primeiro tivemos que modelar as figuras que aparecerían nel...
Colocamos as estrelas que brilan sobre o nacemento e depois colaboramos coa profe Mª José na colocación de todos os elementos que facían falta para que o resultado fose todo o maravilloso que podedes ver nas imaxes... Aínda que "ao vivo" é máis espectacular con todas as luces e a auga a correr...
Tamén debuxamos diferentes tarxetas de felicitación.
E coas profes de inglés axudamos na elaboración dun precioso mural sobre o pobo de Santa Claus... As folerpas de Neve aínda daban traballo... Mas conseguimos recortalas con moito coidadiño...
En fin... Tamén fixemos cómics, historias e poemas sobre o Nadal ou que sucedían nesta época.
E adornamos a clase...Gustounos recortar as folerpas de neve que se facían primeiro doblando o papel en cadradiños e logo nun triángulo... Pois nunca o tiñamos feito...
E no último día non podía faltar a chocolatada... Con rosca... Qué ben sabía!!!
Os Reis Magos non quixeron faltar e fixéronnos unha visita!Tampouco deixamos atrás a interpretación de distintas panxoliñas, dirixidos pola profe Lola e acompañados por todas as persoas do coro...
Foron días moi intensos pero moi bonitos!!!!!!!
E aquí vos deixamos un vídeo donde podedes ver algunhas destas cousiñas que vos falamos...
Como sempre esperemos que vos guste!!!!!!



BOAS FESTAS DE TODO 5º B... FELIZ 2012!!!! E ... BÓTALLE UN SORRISO AO MUNDO!!!!!!!

viernes, 23 de diciembre de 2011

Xa É Nadal!!...Feliz Nadal!!

Que este Nadal nos traia moitos agasallos cheos de felicidade, maxia e fantasía!!
Que todos os nenos e nenas do mundo xoguemos e cantemos na víspera do Nadal nun mundo cheo de amor e paz arredor da árbore, con plumas de lume para voar lonxe, moi lonxe....

Que todos os vosos soños se cumplan neste Nadal e no ano que está por vir!! E... Bótalle un sorriso ao Mundo!!!
É o desexo de todo 5º B para todos vós!!!

PARA ESCOITAR A MÚSICA CLICAR NA FRECHA NEGRA

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Árbore De Nadal Desde Kaunas Lituania

Como sabedes temos un lector do noso blog que está a estudar en Kaunas, Lituania.
É Ricardo, o irmán de Dalila. Pois Ricardo, agora polo Nadal, enviounos esta preciosa árbore de Nadal que ilumina um recanto dese bonito e lonxano lugar...
Que unha estrela ilumine sempre as nosas vidas e nos axude a realizar todos os nosos soños!
5º B

martes, 20 de diciembre de 2011

Hoxe Papá Noel Chegou a 5º B

Non o ides creer, pero hoxe para nós xa chegou Papá Noel!!!
Sabedes por que??
Xa había un tempo que na clase "aparecera" unha especie de armario de cor lila e branca... Alí dentro estaban gardadiños uns ordenadores ...
 Nós xa tiñamos moitas gañas de comezar a usalos!! E por fin, hoxe a profe Mary Carmen abriu o misterioso armariño e...
Decidiuse a repartilos e deixou que os probaramos!!!
Xa vos daredes conta do nerviosos que nos puxemos!! Podiamos ter un ordenador para cada un!! Non o podiamos creer!! Xa que levamos media vida compartindo un ordenador para cada dous ou cada tres unha vez por semana soamente...
Por iso hoxe para nós xa chegou Papá Noel á escola!!!
Estabamos alucinados... O malo é que só estivemos un pouquiño con eles...
Pero...Ben... Aínda temos 2 trimestres máis por diante para traballar con eles... E a experiencia foi sensacional...
 A profe Mary Carmen estaba tan nerviosa coma nós... Menos mal que a profe Isabel acordouse de dicirnos que sacáramos algunha foto para poñer no blog... E así poder contar a nosa primeira experiencia cos ordenadores portátiles!!!
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS
Helena Pascual Tajes e Isabel Recarey Benito 5º B

sábado, 17 de diciembre de 2011

Poesías No Nadal

Disfruta do Nadal 
 
O Nadal
xa chegou                                              
con estrelas bailando no ceo.
Todas xuntiñas,agarradas...
Que felices as vexo!

Ao pé da árbore
esperan os agasallos.
As grilandas e as bólas
brilan con entusiasmo!

Achégate  á  cheminea
que co lume ímonos quentar.
Pola ventá caen as folerpas...
Todas xuntas van xogar!

Poñamos o candelabro na mesa,
as candeas vanse acender
coa luz  resplandecente
nós xa imos comer!
Dalila García García 5ºB


Lume na noite de Nadal
Non debe faltar nunha casa,
no día de Nadal,
unha árbore con grilandas
e con bólas a petar.

O lume é necesario
e sen cheminea non o hai,
por iso prendín as candeas
no día de Nadal.

As folerpas na ventá,
e os agasallos no chan,
fan desta noite tan boa
coma as estrelas brilar.

Nesta noite tan bonita              
ata o candelabro loce
sen candeas que queimar!
Joel Moreira Fernández 5ºB


Desperto na noite de Nadal                            
Cada vez que desperto
nunha  noite de Nadal                             
encontro un candelabro
sempre ao redor
da cheminea.                       

Os nenos esperan
mirando cara a árbore
cunha estrela escintilante
pendurada na súa punta
e que brila coma o lume.
Eles desexan
abrir os agasallos
para logo poder xogar.

As folerpas,
brancas coma as grilandas,
decoran a árbore,
e tamén varias bólas
que poñen os nenos
cara as candeas.
Javier González Carballo 5º B


Noite de Nadal
Chisporroteaba o lume
arredor da cheminea.
Colocaba as grilandas
na árbore de Nadal.
As bólas de cores
xa indicarán                             
que a Noiteboa vai pasar.
¡Xa pasa a estrela fugaz!
As folerpas deixaron de caír.
Os agasallos abertos están...
O candelabro,
cunha candea acendida,
pódese divisar, co seu alumar,
na preciosa noite de Nadal.
Sara Mirón Caldas 5ºB

A chegada do Nadal
A árbore do Nadal
a bonita estrela fai brilar.
Con grilandas e bólas
adornamos as súas pólas.

Ben colocadiños
os agasallos               
deixei agochadiños.
Mentres miña irmá
colle o candelabro
eu a porta abro.

As folerpas caen na rúa
e eu, quentiña,
ao lado da cheminea,
vexo saír a lúa.
Laura García García 5ºB

Doce Nadal
A Noiteboa xa chegou
coa nosa árbore en todo o esplendor.
Espalladas nela, atopamos
bolas, grilandas e estrelas brilando.

Por fóra da fiestra
segue a festa.
As folerpas de neve danzan                                     
ó son que o vento marca.

Nós, acurrucados,
xunta o lume da cheminea,
lembramos os seres queridos,
ós que lles deixamos
unha candea
para que non se atopen perdidos.

Mañán xogaremos coa neve,
e se cadra, tamén cos agasallos,
pero antes diso tomaremos
un chocolate quente,
paseniño, á luz dos candelabros.
Aldara Fernández Fernández  5ºB

A  casa  do  Nadal
Cando  empezou  o  Nadal
os  nenos  comezaron
a  adornar  a  árbore 
coas  suas  bólas
e  as  estrelas do  Nadal.

E  tamén  puxeron
o candelabro
coas  candeas                
mentres  as folerpas
caían  sen  parar...
Caían   as  grilandas
na  árbore  de  Nadal
e  depois  a  cheminea   botando  o   fume   do  lume.
Anxo  Vidal  García  5ºB

A neve
As estrelas iluminan
os agasallos da árbore,
a cheminea con lume
que quenta moito
e as folerpas caíndo no pelo...
Os candelabros brilaban
coma diamantes.
Sobre a candea reluciente
brilaban as bólas
e as grilandas...
Tomás Rodríguez Durán 5º B

Perfecto Nadal
Estaba durmindo...
Soñaba que había dúas chemineas
e cando unha porta abro
encóntrome un candelabro
cheíño de lume
que desprende moito fume...
Vin moitos agasallos,
parecían meigallos.
Había  un chan de mármore
que suxetaba a árbore.
Na punta, unha estrela
de cor amarela,
e nas pólas,
unhas bonitas bólas,
e dende as ventás abertas
mirábanse as folerpas...
Parecían grilandas
conxelándose nas bandas.
Antón Freire Barcia 5º B


O  Nadal                                                                                                                            
Vén a Noiteboa
e poñemos unha árbore
con moitas bólas.
Xunto a árbore de Nadal
a festa comenza xa .

As estrelas brilan,
as  folerpas caen ,
as grilandas locen ,
e comemos doces .

Unha cheminea
bota moito lume.
Ao lado, os agasallos
e  moitos candelabros
coas súas candeas
que, encendidas, quentan .
Jorge Iglesias Acuña 5º B


O Nadal chega
Cando chega
a mañá do Nadal           
agasallos ten que haber.
Coas ganas de abrilos xa
o lume bota a arder.

 Enriba da árbore verde
habita unha estrela amarela.
A candea acompaña
a cheminea
e a linda grilanda
que a cor perde.
As folerpas caíndo
e o Nadal rindo.
Nicolás Regueira Piquenque 5º B

Nadal  no  meu  lar
Alumea  a  candea
no  candelabro,
alumea  o  lume
na  cheminea.

Dende  a  fiestra
pódense  ver:
na  rúa  folerpas,
no  ceo
unha  estrela,                            
na  árbore  bólas,
grilandas  e  agasallos,
e  no  meu  lar,  calor.
Eduardo  Lores  Baamonde  5º B

Nadal de alegría
En decembro brilaba a estrela
e iluminaba o camiño
coa axuda da candea.
As folerpas de neve
empañaban a paisaxe
e o corazón cantaba
vendo a chuvia de estrelas
caír do ceo.

Ó redor da cheminea
abriamos os agasallos
coas grilandas caíndo no pelo.
E ao son das campás,
a nosa mente bailaba
pensando no Nadal de mañá.
Uxía Villanueva Bermúdez 5ºB

martes, 13 de diciembre de 2011

Comics No Nadal

Un día ao ler un cómic na clase, Mary Carmen, a profe de lingua galega,  propúxonos invertar nós, un, que sucedera na época do Nadal,  xa que casi entramos nela.
Podíanse facer en Pen drive ou en cartolina. Algúns foron moi orixinais e remataron aquí no blogue.
A verdade é que foi moi entretido traballar neles,  pero custounos moito.
Algúns fixérono en Pen drive como : Eduardo, Aldara e Uxía. Quedoulles moi ben.
A ver que pensades destes en cartolina. Nós pensamos que quedaron  moi ben. E vós?
Laura García García, Nicolás Regueira Piquenque e Isabel Recarey Benito 5º B
CLICAR AQUÍ PARA MIRAR E LER OS COMICS

lunes, 12 de diciembre de 2011

Santa E Os Pingüíns

Para  o  meu  cómic quixen  contar unha  historia  atractiva. Entón  cando  fixen  os  debuxos  ocorréuseme  a  idea  de  que  o  final  fose  tamén  gracioso. Así  que matinei que  Santa  Claus caía  coa  su  zorra  enriba  do  malvado  golfiño  Cibrán  que  estaba  a  loitar  cos  pingüíns...
Para facer  a  película  o meu pai  botoume  unha  man en  algunhas  cousas e  a  música  escollina  porque  era  moi  emotiva.
Eu  penso que vos vai  gustar...
Eduardo  Lores  Baamonde  5º  B

viernes, 9 de diciembre de 2011

Unha Noite Máxica

Este traballo ocorréuseme porque a mestra Mary Carmen mandounos realizar un comic sobre o Nadal... E pensei: Por que non facelo sobre o Belén?
Así que saquei fotos soa, xunto a miña nai, ou do Belén... E fixen unha montaxe con elas... Paseino xenial!!!
A nosa mestra Mary Carmen deume unha idea sobre a música de fondo e eu na miña casa intentei encontrala pero ó final collín outra versión da canción " Happy Christmas " de John Lennon xa que non encontrei a mesma.
Gustoume moito facer este traballo e resultoume moi divertido.
Espero que a vós tamén vos guste.
Aldara Fernández Fernández 5ºB