lunes, 23 de abril de 2012

O Cross Na Escola

O día vinte e un  de abril no noso colexio Vilaverde  foi organizada unha carreira.
 Participamos bastantes persoas. Da nosa clase, entre as nenas, Almudena quedou de segunda e dos nenos Nicolás quedou de terceiro. Fixeron un gran esforzo e as súas recompensas foron uns trofeos en forma de copa. Dous dos que correron tiveron que ser traídos ata a meta na ambulancia... Iso foi o que lles pasou por exemplo a Dalila e Javier... Segundo eles din, xa non lles quedaba osíxeno nos pulmóns para seguir a respirar... E Tomás chegou tan pálido á meta que case sofre un desmaio... 

Os pais e nais do alumnado tamén puderon participar, e a nai de Tomás quedou de cuarta.
A todos os que participamos na carreira ao final déronnos un bocadillo e unha botella de agua, pero non nos deixaban beber ata que xa tiña pasado un tempo despois da carreira. Iso que algúns estabamos tan sedentos que parecía que chegabamos de unha travesía polo deserto. 
Tamén tivemos que andar un pouco e facer estiramentos, para despoir non ter maniotas ou cambras no día seguinte.
Finalmente todos marchamos para a casa moi contentos cos nosos resultados porque o importante é participar. Todos intentamos gañar e pasámolo moi ben. 

E para o ano que ven invitámosvos a que vós tamén participedes... Veredes que é moi divertido... Aínda que quededes sen osíxeno!
E aquí deixamos unha música para correr:
CLICAR A QUÍ PARA VER O VÍDEO E ESCOITAR A MÚSICA 
Nicolás Regueira Piquenque, Tomás Rodríguez Durán, Almudena Lorenzo Ríos, María Loira Recuna, Javier González Carballo e Dalila García García. 5º B

7 comentarios:

  1. O cross foi moi divertido. Encantoume quedar de terceiro entre os nenos. Estou moi contento co trofeo que gañei por que é a primeira copa que gaño. Tamén lle dou os parabéns a Almudena porque ela quedou de segunda entre as nenas.

    ResponderEliminar
  2. Tamen lle dou os parabens a Nicolas, porque el quedou de terceiro entre os nenos.

    ResponderEliminar
  3. A cancion e chulisima encantame.

    ResponderEliminar
  4. Hola chic@s! Me encantó veros a tod@s el sábado! Qué altos estáis, uff...
    Felicidades a esos dos campeones. Nico, cuando te vi ibas todo lanzado... y quedaste 3º, genial! Muuuchos besos. MªLuz

    ResponderEliminar
  5. Eu no croos, o chegar a meta, cheguei chorando e toda colorada, a profe Angeles dixome que fora respirando mentras que andaba na sombra, despois estirei, e o que mais queria pero era o último que se podia facer era beber auga, pero paseino xenial.¡¡¡ Enoraboa Nico e Almu!!!
    Mª Luz estou moi contenta porque despois de tanto tempo vinche no croos, e tamén estou moi contenta de que nos escribas no blog, moitos bicos e apertas da tua exalumna Isabel.
    A o gif tamen estaba chulísimo parecia Nico no croos.

    ResponderEliminar
  6. Enorabuena a todos sobre todo a Nico y a Almu yo no pude ir pero lo importante es participar!!!

    ResponderEliminar