lunes, 23 de abril de 2012

O Día Do Planeta Terra

Onte dia 22 de Abril celebrouse en todo o mundo o día do planeta Terra.
O día da Terra, é un día que nos convida a axudar ao noso preciado pero enfermo planeta. Ti tés que contaxiarte... Pero da enfermidade da... Ecoloxía e a replantación... ¡¡¡Así poderemos axudar para que as xeracións vindeiras poidan ver un mundo no que queiran vivir!!! Ti, só, fas moito... Vós, sós, facedes cousas mellores... ¡Nós, todos xuntos, faremos un mundo mellor!
Uxía Villanueva  Bermúdez 5º B

O certo é que cada día coidamos menos do noso planeta. Eu, non podo imaxinar un mundo gris, sen árbores ou sen animais. Eu penso que un mundo pefecto é aquel con moitas zonas verdes e onde se pode ser feliz.
Aarón Loira García5º B

Para non gastar tanto papel                             
é mellor usar servilletas de tela
e non as de papel.

Xa é hora de reciclar:
Imos reducir
e reutilizar
para en paz
poder vivir.
Eduardo Lores Baamonde 5º B
Queremos que a Terra
sexa un mundo mellor,
por iso temos que coidala,
como ela nos coida a nós.
Carmen Iglesias Limeres 5º B

A natureza é algo
que necesitamos para vivir,
por iso
non podemos deixala ir
xa que nela queremos
seguir a vivir.
Antón Freire Barcia5º B

4 comentarios:

  1. Encántame o noso planeta Terra. Eu non quixera vivir en outro planeta como Marte, Xúpiter, Saturno...

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que os poemas estan xenial, e dicir excelentes coa máxima nota. A verdade é que a cara da rapaza pintada co planeta Terra sorprendeume moito, o gif da Terra dando voltas está moi chulo, e a fervenza tamen.

    ResponderEliminar
  3. Olá amiguinhos (as),
    Tudo bem com vocês? Obrigado pelo vosso cometário.
    São uns queridos!

    ResponderEliminar
  4. Nada para agradecer, Tony!!
    É un gosto para nós poder falar contigo!!
    Esperamos que tenhas pasado un dia muito feliz com os teus amigos e com a tua família.
    Sara Mirón, Isabel Recarey, a profe Mary Carmen e 23 pessoas mais da turma de 5ºB.

    ResponderEliminar