sábado, 5 de mayo de 2012

Paisaxes Con Mar

A Illa de Arousa
A Illa de Arousa atópase na Ría de Arousa (Rías Baixas). Ten 36 Km de costa e 11 Km de praia. Para chegar a ela hai que atravesar unha ponte de 2 Km de longo ou ir en barco e atracar nun dos seus peiraos, sendo o do Xufre o máis importante. Alí hai moitos barcos pesqueiros e tamén  iates.

O mirador do Santo, que é o punto máis alto, atópase ao norte da Illa e dende alí  pódense contemplar o pobo, o peirao do Xufre e o do Campo, a ponte, Vilanova de Arousa e as bateas que están ó redor da Illa.

Na costa norte atópase o Faro ó que se chega dende hai un ano por un camiño que bordea a Illa dende o Peirao do Xufre ata o Faro. Ten un restaurante e unha terraza exterior dende a que se pode observar un solpor espectacular.

Se se vai paseando dende o Faro ata o Peirao de Campo pola costa oeste da Illa, parte do camiño que bordea a Illa faise sobre un paseo de madeira rodeado de piñeiros. Nesta zona hai moitas rochas con formas caprichosas que os illáns nomearon como Con dos Tres Pés, Con do Fuciño do Porco, Con do Cocodrilo...

A zona Sur da Illa está ocupada polo Parque Natural de Carreirón. Está catalogado como zona de protección para as aves, polas poblacións de garza real, entre outras aves que habitan na Illa. Dentro do parque hai unha lagoa de auga doce e ó lado, un Muiño de Mareas, que está habitado.

Depende de onde sopre o vento podemos ir a unha praia ou a outra. Se fai vento do N. vas á praia da Lameira ou das Margaridas, dende a que se ve ó lonxe O Grove. Para chegar a ela hai que andar entre xuncos  e moitas veces témonos atopado coelliños e lagartixas. Se fai vento do S. á praia da Area Secada ou da Escorregadoira. Os días de marea alta é mellor non ir á praia porque se non móllaseche a toalla, porque non hai area.

Hai praias para todos os gustos. De auga fría, de auga quente, de auga morna... E se queres unha "masaxe" de pedruscos, recomendaríache a praia do Vao que é a primeira que se ve ó entrar na Illa, e que está mirando ó continente. Seguindo pola costa hacia o Sur, despois do Vao está a praia da Camaxe e Camariñas, onde había pantanos e por iso hoxe, cando empeza a porse o sol, pícanche os mosquitos que aparecen de repente en grandes grupos.

Cando estamos na praia,  rara é a vez que non vemos pasar unha dorna ou outro barco tradicional, coas súas velas brancas ondeando ao vento. Outras embarcacións percorren as súas augas para practicar o esquí acuático, submarinismo, a pesca o piragüismo ou simplemente para gozar das praias, do sol e do mar.
Aldara Fernández Fdez 5º B    

A Praia Pragueira
A miña praia preferida  é a Pragueira  porque vou alí dende que era pequechiño. No inverno está deserta, pero ao chegar o bo tempo énchese de xente como tódalas demais. É unha praia longa con moitas rochas. Cando baixa a marea dedícome a coller caranguexos, peixes pequenos, camaróns... 
Pero nunca lles fago dano, sempre os volvo deixar no seu sitio. 
Hai veces que a auga está conxelada e outros días está morne. A min gústame que estea temperada pero cando está fría é divertido porque cando vou camiñando co meu pai pola orilla, el colle auga sen que me dea conta e bótama por enriba.
Nesta praia sempre me sinto moi a gusto. É a miña praia!
Antón Freire Barcia 5º B

A praia Lapamán
Cando estou alí, vexo unha paisaxe con todo tipo de elementos como bateas, mexillóns, gaivotas, illas, etc. Se estou alí sinto e escoito a brisa do mar. Cando estou só non quero xogar coa area nin ir coller cangrexos nas rochas. 

Algunhas veces apetéceme ir ás dunas pero meus pais non me deixan pisalas porque se non  desfanse. Ás veces atopo nenos e xogo con eles aínda que non sexan meus amigos.
Estou esperando ao verán para ir outra vez á praia Lapamán e xogar cos meus amigos.
Nicolás Regueira Piquenque 5º B

A Praia Das Catedrais
A praia das Catedrais caracterízase polos arcos que teñen as rochas que nela hai e polas covas. Encóntrase en Ribadeo. A praia das catedrais só se pode ver con marea baixa. 

Cando fun cos meus pais bañámonos na praia e tamén paseamos polas covas. Cando paseabamos por unha atopabamos outra. Chámase Praia das Catedrais polas ondulacións e ocos feitos pola forza da auga do mar que teñen as rochas. Gustoume moito o lugar e recoméndollea a todo o mundo.
Anxo Vidal García 5º B

A Praia Dos Xigantes
Sitúase en Santiago del Teide, dentro da illa de Tenerife.
Ten a area moi negra . Ó fondo átopase un acantilado xigante de 300 m de altura que se chama Acantilado de los Gigantes. En vez de gaivotas por alí voan pombas. Ten un un poboado mariñeiro e un porto deportivo onde hai todo tipo de embarcacións.

Podes coller unha gamela para facer fotografías no fondo do mar e tamén podes ver os fondos mariñeiros nun Catamarán.
Hai un montón de rochas con moitos mexillóns.
Helena Pascual Tajes 5ºB  

4 comentarios:

  1. Esas redacións sobre praias estan ben, pero que digo xenial e esas preciosas imaxes de alucine como a de Anxo que non fun pero gustariame coñecela, outras como a de Nico xa a coñezo.

    ResponderEliminar
  2. As redacións están moi ben, gustaríame coñecer todas as praias que non coñezo coma a de Anxo!!!!

    ResponderEliminar
  3. LA playa de ANTON ES MUY BONITA.ME gustan todas.

    ResponderEliminar
  4. as imaxes son moi bonitas e as redaccions estan moi ben =)

    ResponderEliminar