martes, 15 de mayo de 2012

Un Día Moi Poético E Chistoso

Neste mes celebramos o Día das Letras Galegas.

 Entón nós, estes últimos días estivemos inventando poesías e contando chistes en galego. E o venres 11 de maio recitamos as poesías elexidas diante de todo quinto e sexto. Todas estaban moi bonitas.

 Da nosa clase o primeiro premio foi para Aldara, de segunda quedou Sara e Dalila de terceira.


Despois comezamos a contar os chistes para compartir unhas risas e para escoller os dous mellores que serán contados no acto xeral de celebración das Letras Galegas na escola.

 De quinto nivel resultou gañador o contado por Joel, da nosa clase.

Algúns dos chistes máis graciosos foron os de Sara , Helena, Eduardo...

O ambiente era animado e competitivo porque todos querían gañar e estábanse a contar chistes moi graciosos.


 Deixámosvos aquí os chistes gañadores na nosa clase: os contados por Sara e Joel:



Unha rapaza loira vai a un concurso  e as súas amigas están animándoa.
Entón o xurado pregúntalle:
-¿Canto é un máis un?
E ela  responde:
-Un...Máis un.... ¡¡¡Catro!!!
-Sentímolo moito pero non é correcto.
Di o xurado.
E as amigas gritan:
-¡¡¡"Outra oportunidá", "outra oportunidá!!!

E o xurado dille:
-Veña, vale,  dámosche outra oportunidade. ¿Canto é dous máis dous?
E a rapaza responde:
-Dous... Máis dous... ¡¡¡Seis!!!
-Sentímolo moito pero non é correcto, dille o xurado
E as amigan exclaman:
-¡¡¡"Outra oportunidá, outra oportunidá"!!!
E o xurado respóndelle:
-Vale, a última. ¿Canto é un máis un?
E a rapaza contesta:
-Un máis un... ¡¡¡Dous!!!
-¡¡¡"Outra oportunidá, outra oportunidá"!!!

Isto é unha parroquía que devía moito diñeiro. O tellado da igrexa estaba roto e non tiñan diñeiro nin para arranxalo. E claro, o cura xa estaba farto de mollarse cada vez que chovía. Entón tivo unha idea: ir vendendo todos os santos que tiña no altar.
O primeiro que vendeu foi San Antonio e, para que a xente nos se dera conta de que xa non estaba, substituiuno por unha figura de chocolate do mesmo tamaño.
E unha tarde que facía moito calor, o chocolate derreteuse e a figura desfíxose.

Entón o sacristán entrou na igrexa e, ao ver todo aquilo esparcido polo chan, alá vai el correndo:
-¡¡¡Señor cura, señor cura, San Antoniño caghou na ighrexa e marchou!!!

Joel Moreira Fernández, Eduardo Lores Baamonde, Antón Freira Barcia e Jorge Iglesias Acuña 5º B
VER AQUÍ TODAS AS FOTOS DOS ENSAIOS E DAS ACTUACIÓNS

6 comentarios:

  1. ¡¡¡Parabéns a todos os gañador@s!!!
    Que chulas están as poesías, e os chistes supergraciosos, aunque a mín só gustaronme os nosos.
    Os ensaios foron moi graciosos e divertidos, e o final saíronnos moi ben, pero algo de nervios.
    Os debuxos están xenial.

    ResponderEliminar
  2. Estos dibujos estan impresionantes y las poesias tambien y los chistes

    ResponderEliminar
  3. Lo que más me gustó fueron las poesías y el chiste que contó Joel

    ResponderEliminar
  4. El chiste de Joel a mi me encanto las poesias tanbien me gustaron los ensayos aber cuando se bulben a repetir me encatooo me rei mucho

    ResponderEliminar
  5. Qué poesías máis bonitas, os debuxos tamén están fantásticos!!!!!!!

    ResponderEliminar
  6. El dibujo del niño saltando es precioso yo jamas seria capaz de hacer algo asi y ademas las greguerias son preciosas.

    ResponderEliminar