sábado, 24 de noviembre de 2012

Año Con Cogumelos

Como case todos os que elaboraban receitas preparaban postres, nós decidimos ser diferentes, e esta foi a nosa escolla: Año Con Cogumelos.


Ingredientes:
- Uns anacos de año
- 400 gr de cogumelos
- 1 cebola                        
- 7 dentes de allo
- 3 vasos de viño branco
- Auga                       
- Vinagre
- Aceite virxen extra
- Sal
- Pementa negra
 - Perexil picado  
    
 
Elaboración:
Lamina 2 dentes de allo, pica a cebola e ponos xuntos a dourar na olla rápida cun chorriño de aceite. Engade pementa negra e os anacos do año previamente sazonados.

Verte o viño branco. Tapa e cociña durante 8 ou 10 minutos a partir de saír o vapor. Lamina outros 2 dentes de allo en engádeos á tixola. 

Escurre os allos fritos e colócaos no morteiro. Machuca ata que quede unha masa, verte un chorriño de vinagre, mestura ben e engade á cazola.




Deixa cociñar outros 8 ou 10 minutos. Lamina os 3 dentes de allo restantes e dóuraos nuha tixola. 

Limpa e corta os cogumelos pola metade e méteos na tixola. Engade ó año... E... ó final de todo sérvese nun prato. Bo Proveito!

Laura García García, Isabel Recarey Benito e Nicolás Regueira Piquenque 6º B

VER AQUÍ MÁIS FOTOS DA ELABORACIÓN DA RECEITA

4 comentarios:

  1. ¡¡¡Qué ben paseino facendo a receita!!! A verdade é que o mellor non ten moi boa presentación, pero estan deliciosas.

    ResponderEliminar
  2. Que rico esta esto e Isabel, Nico e laura os felicito

    ResponderEliminar
  3. Gracias Uxío as tuas fotos da receita tamen tiñan moi boa pinta.

    ResponderEliminar