miércoles, 7 de noviembre de 2012

Biscoito De Cabaza

Ola son Edu e a min tocoume cociñar un biscoito de cabaza. Asegúrosvo que se vos atrevedes a cociñalo vaivos satisfacer.  A receita é así...
Biscoito de cabaza
Ingredientes
300g de cabaza cocida
300g de azucre
400g de fariña                   
4 ovos
70g de aceite de xirasol
150g de leite
2 culleradas de leite condensado
2 sobres de lévedo Royal
unha pizca de canela
Preparación
Prequentamos o forno a 180 graos. Poñemos a cabaza co azucre e pasámoslle o  batedor. Engadimos os ovos, o leite, o aceite, o leite condensado e a canela, e volvemos   bater.
Incorporamos a fariña e o lévedo. Unha vez mesturado todo  botámolo nun molde previamente forrado con papel de forno. Pasados uns 40 minutos estará feito.
Recoméndovolo de almorzo ou de merenda, pero iso elixídelo vós. Agora despedímonos ata a próxima.
Eduardo Lores Baamonde 6º B

4 comentarios:

  1. Edu me mola tu bizcocho de calabaza frlicidades

    ResponderEliminar
  2. Edu me gusta tu bizcocho te felicito

    ResponderEliminar
  3. Ola a todos !!
    Edu me encantaría pobar ese bizcocho jajaja te doi la enorabuena porque es fantástico!!!

    ResponderEliminar
  4. ¡¡¡Edu, que boa pinta ten!!! Gustaríame probalo, a ver se traemos xa clase todas as comidas, teño moitas ganas de facer o meu e probar todos.

    ResponderEliminar