jueves, 15 de noviembre de 2012

Ecos Do último Magosto Na escola

Como quedamos tan felices e contentos coa nosa participación no día da celebración do Magosto na escola, decidimos continuar contando todo o que aconteceu aquel día:
  Último Magosto Na Escola
Cando o venres día nove de novembro cheguei á escola, eu, toda ilusionada, fun correndo xunto a Paco porque xa me cheiraba a queimado. E así era, alí, detrás do xinasio, encontrábase el, comenzando os preparativos da fogueira.

Ás nove horas da mañá tocou o timbre e xa tivemos que subir á clase, pero ó pouco tempo xa veu a profe Lola  buscarnos para comenzar a preparar os xogos para que todo o mundo se divertira moito.
Cando xa rematamos de montar todo ás once e cuarto sonou un timbre e xa podiamos recoller os nenos nas súas aulas.

 Xa recollidos, todos comenzamos a xogar, a bailar e a divertirnos moito. A min tocoume a estación de baile e, ao pouco tempo, de tanto repetir e repetir, xa tiña un mareo no corpo que ata vía estreliñas todo o rato... Aínda así paseino moi ben, foi o meu mellor magosto na escola.
 Máis tarde cando xa remataramos de facer as actividades, comezamos a repartir e comer as castañas que asaran algúns dos meus compañeiros con moito coidadiño.

E xa por último, fixemos unha roda moi grande e comenzamos a danzar o baile preparado coa profe de música.

En todas estas actividades,  tamén estivemos acompañados todo o rato  pola nosa profe Mary Carmen que ese día estaba de reportera fotográfica..


Foi un día inolvidable para min porque paseino moi ben! Paseino como se estivese comendo unha comida moi rica... As tortas de chocolate, ñam, ñam!... Que día máis divertido!!!
Laura García García 6ºB

O Último Magosto Na Escola
Este venres pasado foi un día de ledicia para o noso colexio, especialmente para os alumnos de 6º, coma min, xa que é o meu derradeiro ano de estar cos meus compañeiros de clase e cos mestres.

O amencer do día foi gris, pero ó longo da mañá o sol foi quentando e os traballos de baixar a leña, levar as castañas ata o lume, facer os cucuruchos e repartir as castañas fíxéronse  doados.

Primeiro a nosa mestra, Mary Carmen, distribuiu as tarefas entre os compañeiros de clase.

 Nós sentiamos felicidade e ao mesmo tempo morriña, xa que despois de 9 anos xuntos teremos que deixar a escola para sempre. Máis tarde, coas castañas xa feitas e despois de xogar os xogos, tivemos a degustación, que foi un éxito.

 A Dalila, Aarón e a min asignáronnos o xogo de " Arrincar o rabo ao burro", e nós tiñamos que correr tras os outros e quitarlles o rabo sen que eles puidesen sacarnos o noso. 

Tamén tiñamos que coordinar aos participantes no xogo e darlles as instruccións necesarias para que todo se desenvolvese axeitadamente. 

A miña conclusión deste día é que foi un día inolvidable e de agarimos entre nós. 
Tomás Rodríguez Durán 6º B

O Magosto na escola
Hoxe día 9 foi o magosto na escola e montamos unha festa de moito coidado.

Primeiro ao chegar ao cole aburriámonos un pouco ..... 
Pero cinco minutos máis tarde,os profes, empezaron a chamarnos para que fósemos facendo cousas, por exemplo: Baixar as castañas para asalas, a leña para prender o lume, preparar os xogos, etc...
Tivemos que ir polas clases collendo aos cursos 1º, 2º e 5ºA. O primeiro equipo, os verdes, para poder empezar a xogar.
A María, a Antón e a mín, tocounos o xogo de chapacastaña.
Foi moi divertido, pasámolo xenial!!!

O malo,é que este é o noso último magosto na escola.
Ben, e aquí despídome, cuns bicos. Adeus!
Carmen Iglesias Limeres 6º B


O Magosto Na Escola
O día nove de Novembro, a miña escola celebrou o magosto. 

E para iso a profe de música ensinounos un fantástico baile que consiste en bailar en roda e tamém  por parellas cantando esta canción: vou de roda en roda, vou de flor en flor...
Un día antes, a nosa profe Mary Carmen elixiunos para saber o que iamos facer no magosto: animadora, organizadora, asadora, etc.

Pois a min tocoume asar as castañas, ¡era o que eu quería! Cos meus compañeiros e o conserxe Paco, asamos as castañas e sufrimos os sofocos do lume.

 Foi un traballo moi forte e duro, pero as castañas saíron boísimas.

Para finalizar o magosto collemos unha porta vella e tirámola a queimar enriba das chamas.
Este foi un día que xamás olvidarei, resultou especial.
Nicolás Regueira Piquenque 6º B

Un Magosto Completo
Todo comezou un día, o anterior ó Magosto para ser exactos... 

Ó tocar a sirena, informando de que era a 5ª hora, a profe MªCarmen, explicounos en que xogos participaríamos e con quen (a min, por exemplo, tocoume con Sandra e Uxío, á Petanca).

Ó día seguinte, xa Magosto, comezamos a traballar ¡¡¡Estabamos emocionados!!!
 Chamaron para recoller os representantes de cada equipo (no meu, fun eu), que se poñerían mans á obra.


De alí a pouco tempo déronnos un papeliño para ir recolle-los nenos ¡¡¡Estaba entusiasmada!!!

Tras recollelos, e vir o profe, decatámonos de que isto de axudar, ía ser un pouquiño aburrido, e aínda por riba tiñamos un calor sofocante...

¡¡¡Por fin, somos libres... A xogar!!! Terminamos de axudar, e de suar,  xa podemos ir facer parvadas cos colegas.
Bailamos ó son da música, durante longo rato, pero a diversión terminou nun chisco, cando despois de bailar, unha oleaxe de abrazos golpeu á moída Sara, ¡¡¡Que dor!!!

Ben, para abreviar foi un día completísimo, cheo de diversión, e de... ¡¡¡CALOR!!!
Uxía Villanueva Bermúdez 6ºB


El Magosto En El Colegio

El magosto es impresionante.
Yo, lo primero que hice, y lo que más me encantó fue cuando bajé a las niñas y a los niños de todos los cursos hasta el patio. 
Y estaba de organizador en la petanca y me impresionó muchísimo ver como los niños lanzaban tan lejos para intentar ganar.
Nos tocó estar en la zona de hierba y nos daba mucho el sol. Y pasamos mucho calor.

 Después fui a echar una mano a Paco y a los compañerosque estaban asando las castañas.

Y nuestra profesora Mary Carmen nos sacaba fotos con el móvil y también con la cámara. 

Cuando estábamos asando las castañas, algunas, como no estaban picadas, explotaban como bombas y nos daban en la cara o en otra parte del cuerpo.

Al final, después de toda la diversión, hicimos unas filas para subir, y, al llegar a clase, todos  dijimos que era impresionante el día y al final del magosto nos fuimos felices para casa y ... 
Esto fue impresionante!!!
Uxío Tobío Juan 6ºB

O Último Ano Coas Castañas
En canto chegamos á escola, a profe Mary Carmen díxonos o xogo que nos tocaba  a cada un de nós para organizar e preparar.

 Nós estabamos felices, pero tamén  nerviosos por se o faciamos mal.
A profe Lola veu chamar algúns para que axudaran a montar os xogos, e os demáis foron coa teacher Pilar á biblioteca para organizala.
Ás once, aproximadamente, Lola chamounos para explicarnos as regras dos xogos.

 Ata as once e cuarto non podiamos coller os grupos de rapaces, divididos por colores. Laura e mais eu, o primeiro grupo que collemos foi o vermello, e, moi inquedas, non podiamos esperar nin un minuto máis.
Ao collelos saíron todos correndo pola escola adiante, polos corredores e xa non sabiamos nen a onde tiñabamos que ir.


A Laura e a mín tocounos organizar a sección do baile, e estabamos esperando a que puxeran a música por iso cando nos dixeron que a tiñabamos que cantar nós... ¡Quedamos coa boca aberta!

Menos mal que despois xa funcionou a megafonía! Aínda así paseino moi ben cos nenos pequenos.

E ao rematar tamén fun asar algunhas castañas removéndoas cun angazo que me prestou Nico. Ao collelas, ¡mimá! ¡Queimaban moítisimo! Xa que saían directamente do lume.

E esas castañas estivémolas a repartir polos cursos da escola, que estaban espallados por todo o patio. E nós, estabamos esperando para comer as nosas con impaciencia...
Por fin comemos un cucurucho enteiro. Eu creo que despois de traballar tanto, necesitabamos unha recompensa...
¡Ummm! ¡Que ricas estaban!

 E para rematar o magosto tiramos unha porta vella  para que se queimara na fogueira.

Alégrome moito do que fixen, xa que é o último ano na escola e traballei moito xunto aos meus compañeiros e paseino en grande!!!
Isabel Recarey Benito 6º B

O Magosto
Hoxe foi o Magosto na escola.
Eu estaba moi nervioso porque tocábame axudar a asar as castañas, algo que  levaba querendo facer dende moi pequeno. 
Outros non tiveron tanta sorte coma min porque non lles tocou axudar nas actividades que querían. 

Na metade da primeira hora viñeron uns profesores á clase e chamaron a uns cantos nenos máis a min.
Non sabiamos para que, pero fomos encantados.

 Ao chegar dixéronnos que tiñamos que levar as castañas e a leña a onde se faría a fogueira. 

Cando rematamos tocou o timbre. ¡Xa era a hora de asar as castañas! Fun correndo ao lugar onde se cociñarían.

Cando comezamos a preparar todo, eu xa morria coas ganas de empezar. 
Despois de observar como iamos axudar puxémonos mans á obra. ¡Ulía de maravilla! O único malo era que, coa fogueira ao lado, facía un calor de morte.  

Así que cando pasou o meu turno saín ver como se desenvolvían as distintas actividades e xogos. ¡Quedei abraiado!  Estaban todos os xogos organizados por cursos, parecía que todos se divertían moitísimo. ¡Como non! Había xogos como: a petanca, o chapacastaña, un baile, o arrinca o rabo... Daban moitas ganas de ir  xogar... 

Pero tiña que seguir asando as castañas. Ao final repartimos as castañas asadas por todos os cursos. ¡Xa era a hora de poñerse as botas! 

Ninguén quedou con fame! Despois da merenda todos bailamos un baile que estivemos preparando moito tempo e... ¡Saiunos de maravilla! 

Cando terminamos o baile fumos subindo curso por curso ás aulas a falar de como o tiñamos pasado.
 Na miña opinión foi o Magosto máis divertido de todos. 
 Unha pena que o ano que vén os de este sexto xa non estemos na escola para celebralo...
Joel Moreira Fernandez 6º B

O Magosto

O venres pasado fixemos o magosto na escola.
 Gustoume moito, pero o malo, foi que facía moito calor! ¡Estabamos a suar coma pitos! 
O mellor foi repartir as castañas ao final das actividades. 

Almudena, Dalila e mais eu tiñamos que correr de un lado para outro, porque o cole tiña moita fame. Os de 2º o único que facían era dicir: ¡Máis! ¡Queremos máis castañas! 

O máis gracioso foi o baile porque os de 6º estabamos no centro da pista cuberta con todos os cursos ao redor nosa, e cando tocaba dar a volta todo o colexio estaba dado a volta e nós só mirabamos espaldas e ningunha cara. 
Estivo moi gracioso. 
Também foi un dia moi especial porque era o noso último magosto na escola. 

O único que se nos ocurreu foi darnos una aperta toda a clase, alí mesmiño no medio da pista. 
Sara caiu e empezou a marearse un pouquiño... 

Pero o que digo é: ¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN!!!
Sandra Quiroga Fortes 6º B


Un Día  Inolvidable
O derradeiro venres foi o Magosto.

Eu. Aldara, elexía asar castañas xunto con Sara, Helena, Joel, Eduardo, Nicolás, Juan, Jose, e algúns de 6º A.
Aínda que quería que este Magosto fora memorable, o meu traballo foi pouco, pero tamén gracioso porque explotaban as castañas na cara, cando non estaban picadas.

Así, ao estar mesmo á beira das castañas, tivemos a oportunidade de poñernos as botas antes que ninguén.

Debo recoñecer que o máis traballador foi Nicolás. Ía a fume de carozo!!!
Pensei escabullirme un intre para ver que se cocía noutros lares. Foi graciosísimo!!! Acheigueime a varios postos, coma a onde se bailaba, a onde se xogaba á petanca, á chapacastaña...

O final sí que o pasei moi ben xa que fomos todos  bailar dentro dun círculo que fixeran os pequenos no medio da pista .

Sandra tiña razón, escachabamos coa risa ao ver que cando nos dabamos a volta, todo o mundo nos daba a espalda, coma se fósemos da realeza. Ha, ha, ha!!! É broma...

Démonos unha gran aperta entre todos para celebrar o noso último Magosto na escola.
Estas lembranzas, (xunto co toque de Paco asando castañas) son un dos mellores agasallos deste curso.
Aldara Fdez Fdez 6º B

Un Magosto Moi Especial

O día nove de novembro celebramos o magosto na escola.
Foi un magosto moi especial xa que era o último que iamos celebrar todos xuntos.

Ese día tivemos que aprenderlles ós nenos e nenas da escola uns xogos tradicionais como "arrinca o rabo", chapacastaña, un baile, e moitos máis xogos.


 A Dalila , a Tomás e a min tocounos "arrinca o rabo", foi moi divertido!

Case me olvido, outros nenos tamén asaron as castañas, claramente coa axuda de Paco, pero fixeron un gran esforzo. E despois todos axudamos a repartilas ... Todos querían máis...

Como non, nós tamén enchemos o bandullo de castañas... Estaban boísimas!
E despois baixamos a comida co baile que nos ensinou Lola.
 Aarón Loira García 6ºB

 O Noso Último Magosto
Este ano o magosto na escola chegou o día 9 de novembro.
Todos os nenos, de 5º para baixo, tiveron horario normal ata case a hora do recreo menos nós que estivemos a preparar o magosto dende as 9.

Ao comezo do día, a profe Lola colleu un representante de cada equipo,  para que axudara a facer carteis, colocar o material para cada  xogo, limpar as pistas... E do meu equipo tocoume a min...
Mentres, os outros, baixaban as castañas para asalas...

E a nosa profesora Mary Carmen, armada de cámara en man, a sacar fotos, naturalmente.
Por fin chegou a hora, iamos ás clases a por os nenos e nenas que se clasificaban por cores.

Estabamos divididos por equipos e cada equipo facía xogos cos pequenos. Os equipos eran: Isabel e Laura, Ismael e Almudena, Aarón, Tomás e máis eu, Dalila...

Cando quixemos comezar a realizar os xogos, os profes sabíanos doutro xeito e fixémonos un pequeno lío... Pero ao  final saiunos ben.
O malo veu cando chegou a miña nai e tiven que ir ao dentista... 

Pero regresei a tempo para a comilona de castañas. ¡¡¡Estaban deliciosas!!!

Durante un rato xogamos ao noso aire pero logo bailamos. 
O día foi perfecto, a pesares de que Sara levou un golpe.
Dalila E. García García 6ºB

Un Día Especial

Este día tan especial comezou ao abrir a escola o Venres. Ao entrar todos nas aulas ambos cursos 6ºB e 6ºA estaban moi nerviosos xa que cada estudante tiña unha  tarefa asignada.

A min, Antón, tocoume a actividade de vixiar aos de cursos inferiores participando no xogo chamado chapacastaña. Este xogo consiste en levar unha castaña, empurrada co dedo, polo interior dun carril sen que a castaña saia do carril. 

 
 Ao ir recoller aos participantes tiña tanto entusiasmo por comezar que ata tiña a sensación de estar mareado. Ao chegar abaixo, ás pistas, os participantes comezaron a xogar e...

¡Que desmadre! Eu apenas era capaz de controlalos e non só eu, os demais organizadores tampouco. Tanto María, Carmen, como Anxo, Laura, etc...



Ao comezo estabamos un pouco desbordados pola situación. 

 Ao terminar as actividades o curso de 6ºB gritou: ¡Victoria!

E tiñamos tanta satisfación no noso interior que apenas  podiamos crer que puderamos con todo. 
Tamén tiveron traballo os que se encargaron de asar as castañas, pero definitivamente nós máis, pois tiñamos que orgaizar a moitos nenos a un tempo.

 Ao tocar o timbre todos nos despedimos ilusionados, pero ata con pena de ter que marchar.

Pero sabiamos que iamos volver a vernos o luns.

Ben, en resumo, só dicir que  foi un dia cheo de emocións.
Antón Freire Barcia 6ºB

VER AQUÍ TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO

4 comentarios:

  1. Profe, dame moita pena xa que é o último ano en todas as nosas actividades que organiza a escola, pero a verá que deixalas, ou eso creo..., jajaja!!! As redacións coma sempre moi bonitas. Pra mín será un magosto innolvidable.

    ResponderEliminar
  2. Este magosto es impresionante i ademas el trabajo que hicimos todos los de 6ºB y os felicito alos profesores y profesoras que nos ayudaron muchisimo.

    ResponderEliminar
  3. como mola este magosto e oxe leimos os refrans e foron moy bonitos

    ResponderEliminar
  4. Foi o noso último magosto na escola pero aínda así paseimo moi ben!! :))

    ResponderEliminar