miércoles, 14 de noviembre de 2012

Pastel De Chocolate E Castañas

Hola, somos Antón e Joel e traémosvos a receita do Pastel de chocolate e castañas:

Ingredientes:

.250 gr de chocolate puro.
. 250 gr de manteiga sen sal.
. 250 gr de castañas.
.250 ml de leite enteiro.               
.4 ovos.
.125 gr de azucre.

Como facer o Pastel de chocolate e castañas paso a paso:
1.  Engráxase un molde desmondable cun pouco de aceite vexetal e fórrase a base cun anaco de papel vexetal ou papel de prata. O molde debe medir aprox. 23 cm. (Coidado ao engraxar que mancha).
2. Ponse o forno a quentar a 170º.
3. Rómpese o chocolate en cachos pequenos. (Neste paso case me corto co coitelo) Fúndense o chocolate e a manteiga nun cazo a lume lento.

4. Quéntanse noutro cazo as castañas e o leite (nota: pódense utilizar castañas cocidas de bote ou comprar peladas e ferver durante media hora en auga para cocer nós mesmos). Cando o leite empece a ferver, pásase o batedor para facer puré .(Antón mais eu nos pringamos porque salpicounos ao bater).

5. Sepáranse os ovos e mestúranse as xemas co azucre. Engádase a mestura de chocolate e tamén o puré de castañas e séguese mesturando ata obter unha mestura uniforme (Aquí xa comeza a ter boa pinta).
6. Móntanse as claras de ovo a punto de neve e incorpóranse estas á mestura con moito coidado. Finalmente trasládase a mestura ao molde e introdúcese no forno durante 23-30 minutos. (Coidado ao meter a mestura no forno que queima ha, ha, ha)
7. Ao sacar o pastel, hai dúas formas de proceder. Se se quere tomar como sobremesa quente, déixase durante uns 5 minutos e logo ábrese o molde e trasládase o pastel a un prato con moito coidado, porque estará algo brando por dentro.

Se por outro lado, se quere tomar frío, déixase no molde ata que se arrefríe. Durante o proceso de arrefriarse, a parte inferior endurécese. Está delicioso tanto frío como quente.

¡A ver se vos gusta! Bo proveito!
Joel Moreira Fernández e Antón Freire Barcia 6º B
VER AQUÍ MÁIS FOTOS DA RECEITA

3 comentarios:

  1. ¡Qué boa pinta ten! Chicos, que morr,o que o houverasdes tomado, espero que esté bó, por que se non... ¡jajaja!

    ResponderEliminar
  2. Joel y Anton tiene muy buena pinta te felicito a los dos

    ResponderEliminar
  3. Vaya vaya que tal andamos por aqui Anton y Joel me teneis que invitar a tomar el pastel de chcolate con castañas

    ResponderEliminar