martes, 13 de noviembre de 2012

Tortas De Calacú

Ola, somos Dalila e Helena e queremos aprendervos a facer tortas de calacú.
 Tamén vos recomendamos que vos acompañe uma persoa adulta no momento de estar a cociñalas porque...

Necesitamos:
1 calacú                                              
1/4 l de leite aproximadamente
3 ou catro ovos
2 culleradas soperas de azucre
200g de fariña
unha pizca de sal
aceite para fritir.

Modo de preparación:
Límpase o calacú e córtase en dados (aquí é onde vos pode facer falta a axuda dunha persoa adulta, ademais é moito mellor e máis divertido). En uha cazola ponse auga con sal a ferver, e agrégase o calacú deixando durante 30 minutos aproximadamente. (Agrega o calacú con xeitiño, aos poucos e  non todo de golpe)... 

Nun bol bátense os demais ingredientes, engádese o calacú xa cocido e bátese todo moi ben.
Ponse a quentar unha sartén co cu mollado en aceite... E cunha culler vaise botando pequenas cantidades da mestura, formando tortiñas. Cando estean douradas retíranse para unha fuente.E... Listo!!!

Non as deixedes queimar moito... As que nós fixemos primeiro estaba que parecían tacos!!!
E tamén a cociña despois de ter todo rematado quedoi moi bonitiña!!! Ah, Ah, Ah...!!!

Dalila García García e Helena Pascual Tajes 6º B

4 comentarios:

  1. Mmmm... Encántame as tortitas de calacú están boísimas.

    ResponderEliminar
  2. É verdade Nico, a mín tamén encantantame, estou desexando facelas. Helena e Dalila, moi boa idea a de poñer o nome a receita, copiarelobo, non é broma, ¡¡¡jajaja!!! Estamos a facer un boísimo traballo con esto das receitas.

    ResponderEliminar
  3. Que guapa Helena con el dedito en la mejilla y tu Dalila eeeeeeeeeeeeeeeeeee

    ResponderEliminar
  4. Dalila que guapa sales en la foto te felicito

    ResponderEliminar