viernes, 9 de noviembre de 2012

Último Magosto Na Escola

E hoxe celebramos o magosto na escola... E..., Si... É o noso último magosto na escola...
Xa de mañá cedo estabamos moi nervosos porque sabiamos que hoxe nós iamos ter gran protagonismo en todas as actividades...
E na clase, a profe Mary Carmen falou con nós e díxonos que hoxe sí tiñamos que demostrar que eramos os máis vellos da escola!!! Ao escoitar iso, emocionámonos e ata aplaudimos. 
E parece que esas palabras servíronnos de moito a todos, pois a verdade é que traballamos moitísimo e participamos activamente en todas as propostas de xogos, bailes.... 
E o que máis nos gustaba a todos ou case todos: Axudar a facer a fogueira e a asar as castañas...
Todos estivemos moi activos e entusiasmados desde o primeiro momento. Tivemos que pintar os espazos dos xogos, colocar e transportar o material... 
Qué ilusión nos fixo iso de ser os responsables e ir recoller a todo o resto do alumnado ás sús clases. Tiñamos que recollelos segundo as colores que lles tocaron e logo, xa nas pistas, explicarlles as normas dos xogos e axudarlles no desenvolvemento dos mesmos.
Unha vez rematados os xogos chegou a parte gastronómica da festa e nós tamén fomos os encargados de repartir as castañas asadas que aínda estaban quentiñas e que arrecendían de maravilla... 
E que boas estaban!!Tamén o pasamos moi ben bailando a última peza do magosto con todos na pista...
En definitiva que foi un día peculiar, diferente a todos os outros días. 
Un día en que falamos, xogamos, traballamos moi duro, rimos... Un día para lembrar sempre!!
Aldara Fernández Fernández e Uxía Villanueva Bermúdez 6º B

7 comentarios:

  1. Me acuerdo como si fuera ayer,uy si lo fue...
    Me da pena que sea nuestro último magosto,hay demasiados recuerdos como para ponerlos en solo una entrada.
    El tiempo pasa volando cuando nos deamos cuanta ya estamos en el instituto.
    Buaaa...no me quiero ir del colegia y dejar los recuerdos atrás.
    Espero que vayamos todos al mismo instituto.

    ResponderEliminar
  2. Me lo pasé genial aciendo los juegos,y alludando a bajar el material,digo lo mismo que Dali me da pena que sea el último magosto.

    ResponderEliminar
  3. Eu tiven sorte xa que dende pequeno tiña ganas de asar as castañas.

    ResponderEliminar
  4. Yo tuve mucha suerte ya que desde que era pequeño tenia ganas de asar las castañas.

    ResponderEliminar
  5. ¡¡¡Qué pena, o último magosto na escola!!! Cantos magostos pasamos neste cole, e xa nos vamos pra o instituto. Aunque a parte boa é que que puden axudar os nenos de o primer ciclo e os de 5º A a facer o baile, e tamén asei unhas poucas castañas.

    ResponderEliminar
  6. Que peeeeeeeeeena a verdad e que Isa ten razon foi o noso ultimo magosto

    ResponderEliminar