jueves, 31 de enero de 2013

O Noso Día Da Paz

E agora queremos deixarvos máis elaboracións entorno ao día da paz na escola: os nosos poemas e os nosos debuxos.

O Noso Día Da Paz
Todos os días moito xogamos
pero tamén estudamos!!!                                        
Intentamos non loitar                                 
para a Paz non olvidar.

No mundo témonos que acordar
da nosa fabulosa bondade
e deixar atrás a nosa mala crueldade.

Moito queremos dar
para á Terra axudar.
E tamén queremos doar
os nosos xoguetes sen utilizar.

Os nenos teñen fame
e non saben que comer.
E nós temos que solucionalo
para que eles poidan crecer.

Axúdanos a colaborar co noso planeta
para que todo o mundo sexa feliz!!!
Laura García García 6ºB

Ei, Paz!
Ei, Paz!                             
ti nos deches
un tesouro
chamado liberdade.

Ademais diso
déchesnos
a tranquilidade
e deixáchesnos vivir.

Se ti non estás
a vida
non pode ser vivida
ou disfrutada.

Sen a liberdade
ou a tranquilidade
só se oen
un montón de prantos.

A guerra, o teu
contrario, Paz,
só é divertida                                        
para os que non
a teñen vivido.

E por iso
o teu nome
é o nome de
todo o mellor:
PAZ.
Eduardo Lores Baamonde 6ºB

 




miércoles, 30 de enero de 2013

O Día Da Paz Na Escola

Como xa dixemos hoxe celébrase en todo o Mundo O Día da Paz e da non violencia, coincidindo co aniversario da morte do líder pacifista Mahatma Gandhi.
E na escola tamén o celebramos. Levabamos xa un tempiño a traballar este tema pero hoxe foi o gran día.
Todo comezou ó chegar á clase, onde a profe Mª Carmen, primeiro nos ensinou a facer unha mensaxe en forma de corazón no que máis tarde tiñamos que escribir as cualidades positivas de un amigo de clase.
Foi a sorte quen elexiu a que persona lle tiñamos que enviar a mensaxe. Ao final prendemos as mensaxes no lado do corazón e baixamos con elas ao patio para festexar a Paz Todos xuntos.
A profe Mary, tamén elixiu as persoas encargadas de levar os rapaces e rapazas dos outros cursos, ó patio, para celebrar o día da Paz.
Os de 5º e 6º cantamos e tocamos, e máis tarde tamén bailamos ao son da canción de Macaco: "Love is The Only Way". ¡¡¡Foi divertidísimo!!!
Tamén temos que dicir que votamos moitísimo de menor ao noso amigo Aarón, que nos momentos en que nos estabamos a divertir el estaba sendo operado de un xeonllo!
Ánimo AArón!!! Recupérate pronto!!! Un abrazo de toda a clase! 
Sara Mirón Caldas, Eduardo Lores Baamonde e Uxía Villanueva Bermúdez 6ºB 
E esta é a canción:
CLICADE NAS FOTOS PARA AMPLIAR:

O Día Da Paz

E hoxe en todo o Mundo celébrase o día da PAZ e da non violencia. Aquí vos deixamos unha presntación feita por Aldara.
CLICADE NA IMAXE PARA COMEZAR A PRESENTACIÓN
Aldara Fernández Fernández 6º B

jueves, 24 de enero de 2013

Experimentando Cos Volcáns

Neste novo tema de Coñecemento Do Medio estivemos estudando a enerxía do centro da Terra.
Unha das súas saídas ao exterior son os volcáns. A través deles saen ao exterior as rochas fundidas do centro da Terra en forma de magma.
Ilustramos as novas ideas realizando diferentes debuxos coas partes dun volcán.
Algúns  fixéronos en 3D, e mesmo houbo dous volcáns que erupcionaron: Os de Aldara e Tomás.
Fomos ao laboratorio e alí tiveron lugar as erupcións, controladas, iso sí... E foron posible, todo hai que dicilo, grazas ao bicarbonato e ao vinagre... ¡Foi impresionante!
Eduardo Lores Baamonde, Andrea Novoa Martínez 6ºB
Este é o vídeo coas imaxes da erupción dos volcáns:
CLICADE NAS FOTOS PARA VELAS A TAMAÑO COMPLETO:


martes, 22 de enero de 2013

A Fada Do Saco Verde

Ola, eu son Antón e déixovos un conto:
A Fada Do Saco Verde. Espero que vos guste!
CLICADE NA FOTO PARA QUE COMECE O CONTO:
 Antón Freire Barcia 6º B

sábado, 12 de enero de 2013

Celanova Un Vento Ten

Eu son Joel e espero que vos guste a presentación que vos deixo sobre o poema de Celso Emilio Ferreiro "Cántiga pra durmir un neno".
CLICADE NA FOTO PARA QUE COMECE:
Joel Fernández Moreira 6º B

Celanova Ten Un Vento

E continuamos a contarvos sobre celso Emilio Ferreiro.
Eu son Nico e aquí vos deixo o meu traballo:
CLICADE NA FOTO PARA COMEZAR A VER
Nicolás Regueira Piquenque 6º B

jueves, 10 de enero de 2013

Cántiga Pra Durmir Un Neno

Ola, eu son Uxía e quero deixarvos un poema de Celso Emilio Ferreiro: Cántiga Pra Durmir Un Neno.

CLICADE SOBRE A FOTO PARA COMEZAR O POEMA:
Uxía Villanueva Bermúdez 6º B

Aguias De Lume En Acción

E aquí estamos de novo As Aguias de Lume en acción dispostos a continuar a oferecervos o noso mellor en todos os momentos deste novo ano 2013. Desexamos continuar coa vosa entusiasta presencia como ata agora!
Ola, eu son Sandra e aquí vos deixo unha presentación sobre a vida de Celso Emilio Ferreiro.

CLICADE NA FOTO PARA COMEZAR A PRESENTACIÓN
Sandra Quiroga Fortes 6º B