viernes, 29 de noviembre de 2013

V Encontro Rede De Escolas UNESCO

Esta semana celebrouse en Pontevedra o V Encontro da Rede Galega de Escolas Asociadas á UNESCO.
O motivo era convivir e traballar en equipo con as escolas asociadas. Da nosa escola participamos 20 nenos e nenas.
Un dos obxectivos é fomentar o entendemento entre culturas, para iso colaboramos en moitas actividades: realizamos experimentos diversos, coñecemos a arte das palilleiras, sumerxímonos no "yogote" (unha actividade na que aprendemos diferentes idiomas) , elaboramos manifestos,vídeos e o máis divertido para nós foi o taller de percusión onde tentamos aprender a tocar diferentes instrumentos como as culleres de pau, o pandeiro, os ferriños, a pandereta...
Case todas as actividades realizábanse no Pazo da Cultura de Pontevedra, e tamén fixemos diversas saídas. Así, o martes, pola mañá demos unha camiñada polo casco antigo da cidade que resultou moi emocionante.
Xa no mércores, o día da clausura, unha representación dos nove centros participantes, rematamos realizando unha interpretación diante do noso alcalde.
Como non podiamos mostrar todo o que aprendemos pois falamos algunhas palabras en diversos idiomas, e tocamos diferentes instrumentos de percusión.
Nós, os que actuamos estabamos con moitos nervios porque tiñamos que facelo diante de moito público. Ao final pasámolo estupendamente ben e rematamos bailando o "Chipi, Chipi" que fixo furor durante os tres días que durou o encontro.
Encantounos a experiencia e estamos dispostos a repetir o ano que ven!
Diego Santiago Martínez, Alicia Piñeiro Pardo 5º B Laura Fontán Cacheda e Belén Garrido Martínez 5º A
CLICAR AQUÍ E VER MAIS FOTOS DA CLAUSURA

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Paseo Por Pontevedra, A Nosa Cidade

Nesta mañá moi fría saímos da escola para dar un paseo pola nosa cidade, Pontevedra.
O motivo foi ir coñecer un pouco da obra que o arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero deixou na nosa cidade. Todo isto polo feito de cumprirse este ano o Centenario do seu Falecemento.
Como dicimos, a mañá estaba moi fría pero pasámolo ben. Saímos da escola e cada dúas persoas tiñamos que ir marcando nun plano de Pontevedra, as rúas polas que iamos pasando, tanto no traxecto de ida coma no de volta.
De paso tamén admiramos os sitios, edificios e prazas polas que pasabamos, decatándonos, unha vez máis, do bonita que é a nosa cidade.
Chegados á Avenida de Santa María fomos recibidos por un monitor chamado Bernal que nos foi explicando un pouco da vida e obra do xenial arquitecto coñecido como Sesmeros.
Non ficamos alí estáticos, menos mal, co frío que estabamos a sentir, senon que fomos visitando os lugares e prazas en donde había unha construción deseñada por Sesmeros.
Aprendemos moitas cosas novas, como que obras súas son varios edificios emblemáticos da cidade, entre eles O Palacete das Mendoza, A Casa Do Concello, O Pazo da Deputación...,
Tamén o deseño da Alameda de Pontevedra que leva o seu nome... En fin, podemos dicir que, daquela,  modernizou Pontevedra.
A nós pareceunos todo moi interesante, e o edificio que máis nos gustou foi a Casa do Concello que din que foi deseñada a imitación dun hotel francés.
De volta á escola xa pudemos entrar en calor xogando no recreo baixo os raios do espléndido sol que a esa hora xa brillaba no patio cuberto coa alfombra renxente das follas caídas.
Irea Torres Fontán, Ester Haxihjahja e Sandra Rodríguez Torres 5º B
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO PASEO POR PONTEVEDRA 

viernes, 15 de noviembre de 2013

Festa Do Magosto Na Escola

E hoxe por fin celebramos a festa do magosto na escola.
Despois do recreo estivemos participando en diferentes xogos.
 No pabellón tratamos de insertar diversos aros nunhas picas, as de máis lonxe tiñan máis puntuación, claro...
E tamén nos divertimos manipulando un paracaídas.
Xa fóra disputamos carreiras de sacos 
e saltamos á corda.
 En definitiva, que o pasamos moi ben.
Despois chegou o momento da degustación das castañas que se estiveran asando no patio. Aí cada un recollía as castañas nas cestas que estivemos adornando toda a semana na clase de Plástica.
Durante toda a actividade a nosa profe Mary Carmen estivo a sacarnos fotos. A nós as que máis nos gustaron foi as que quitamos lanzando as follas que hoxe cubrían o patio coma unha alfombra marrón e renxedora.
Ah! Pero o que máis, máis, máis nos gustou foi o momento de estar todos os compañeiros e compañeiras xuntos a comer as castañas!
Paula Pérez Martínez, Diego Santiago Martínez, Alicia Piñeiro Pardo e Aida Moreda Romero 5º B
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO