jueves, 26 de marzo de 2015

Olimpíadas do Recreo

O Martes pasado convidáronnos a participar nunha actividade organizada polo Concello de Pontevedra chamada Olimpíadas do Recreo.
Dividímonos en 3 grupos A, B, e C e tiñamos que facer 3 actividades diferentes rotando despois dun tempo en cada unha.
Había unha proba de tipo deportiva na cal, tiñamos varios exercicios para elixir: Lanzamento de xabalina, lanzamento de peso, salto de lonxitude, salto de vallas e por último carreiras.
A seguinte actividade era de ciencia. Aquí fixemos varios experimentos: primeiro un volcán de bicarbonato sódico, despois nun vaso metemos leite, vinagre e colorantes alimenticios e saíron varias cores, primeiro por separado, logo xuntábanse pero cun bastonciño tocabámolas e voltaban a separarse.
A continuación explicáronnos como se preparaban as noticias da televisión e as noticias de prensa escrita.
Por último participamos nun "Pasapalabra" e pasámolo xenial. Ao final déronnos un diploma.
Kedus José Dueñas Ramallo, Diego Santiago Martínez e Pablo Murillo Mateos 6ºB
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS 

jueves, 19 de marzo de 2015

Vai Unha Ración De Polbo!

Un día a nosa profe Mary Carmen para a clase de Plástica propúxonos facer a figura dun polbo pero con lá.
A nós pareceunos unha grande idea. Así que ao día seguinte que tocaba Plástica alá viñemos todos preparados con lás de moitísimas cores.
Algunhas eran máis gordas e traballábanse ben. Outras eran moi finas e custaba máis facer algo.
Axudámonos uns aos outros e así quedaron uns polbos preciosos.
A parte diso tamén foi unha actividade que nos axudou moito xa que pudemos lembrarnos de como se facía unha trenza ou mesmo unha lazada...
Foi todo moi divertido!!!
Aida Moreda Romero 6º B
CLICAR AQUÍ E VER MÁIS FOTOS 

viernes, 13 de marzo de 2015

Paseo Cultural Por Combarro

O venres pasado fomos a Combarro de excursión.
Alí un profesor, Rafa, fixo de guía para ensinarnos o máis interesante.
El, nada máis comezar, sentados no peirao, díxonos que pecharamos os ollos e que escoitáramos os sons do noso arredor.
Logo explicamos o que escoitaramos e había sons para todo: algúns escoitamos un can, outros escoitaron o son do mar, a brisa do mar, o vento, os  barcos, os coches, as gaivotas,...
Camiñando atopamos a praza da Chousa e aproveitamos para tomar a merenda. Estábase ben alí e enterámonos que antes naquel sitio había unha praia.
Logo o profesor ensinounos tres hórreos diferentes: un era de madeira, outro de pedra e o último era mixto, de madeira e pedra. E contounos como se chaman as diferentes partes dos hórreos, os materiais cos que se construían  e para que se utilizaban.
Un rato despois fomos ver tres cruceiros que, curisamente, apuntaban ó mar.
Continuamos a visita polo pobo admirando a construcción das casas de pedra, os seus balcóns, as solainas, os soportais...
Gustounos moito un recuncho con encanto co nome O Potiño.
Máis tarde fomos a unha praia onde ao seu carón había un eirado con hórreo e cruceiro.
Tamén Rafa ensinounos un álbume de fotos antigas de Combarro onde había tamén fotos de persoas da súa familia. Desde alí admirábase un conxunto de hórreos próximos ao mar que son a admiración de toda a xente que pasa por Combarro.
Combarro gustounos moito e para nós foi un día xenial e divertido.
Adrián López Fernández e Pablo Murillo Mateos 6º B
CLICAR AQUÍ E VER A RUTA EN WIKILOC 
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO PASEO

miércoles, 11 de marzo de 2015

Cadros Estilo Kandinsky E Miró

Xa hai un tempo a nosa profe Mary Carmen propúxonos facer cadros ao estilo Kandinsky ou Miró.
Nós aceptamos a proposta e axiña nos viñeron moitísimas ideas á cabeza.
Uns fixemos figuras xeométricas simplemente, outros tratamos de representar figuras humanas, outros animais, paisaxes...
Case todos usamos as ceras brandas e delas as cores cálidas como o laranxa, azul, vermello, amarelo...
Ao final ficamos moi contentos co resultado pois quedaron uns cadros preciosos.
E é que nós somos moi imaxinativos!
Aida Moreda Romero 6º B
CLICAR AQUÍ E VER TODOS OS CADROS

sábado, 7 de marzo de 2015

Contos E Traballos De Bricolaxe

Unha Montaxe De Avión Moi Rara
Luis e mais Sara pediron por internet un avión de xoguete desmontable.
-Non dou feito o burato!- Di resoplando Sara
-Pero non uses iso, usa o trade- Bérralle Luis.
Ao final Sara fixo o burato pero co trade.
-Vou encolar as ás.
Luis asombrouse porque lle veu unha peza equivocada.            
-Sara, nós pedimos um avión ou un veleiro?
-Un avión. Non ves que estou a encolar as ás. Por que o dis?
-Porque me ven unha peza dun veleiro!
-Que? Vou chamar aos da tenda.
Sara estivo falando unha hora co señor da tenda.
-Di que teñen un  becario e puido equivocarse. Pero montámolo e vemos como queda na casa!
-Só falta vernizar. É que eu son moi habilidoso, eh!
-Pois veña verniza!
Irea Torres Fontán 6º B

Unha Máquina Nova
Había hai moito tempo, Lois e Xoán, dous irmáns moi hábiles e moi parecidos que só se diferenciaban pola cor dos ollos. Lois tíñaos marróns e Xoán verdes.
Eles desde pequenos xogaban moito, ás agachadas, ó trompo,...
Un día aos dous picoulles algo a intriga de poder voar polo ceo, e dille Lois a Xoán:
-Xoán, ¿A ti non che gustaría poder voar?
-¡Siii! ¿Como o sabes? ¡Encantaríame voar!
Así que eles puxéronse mans á obra. Primeiro puxéron dúas tiras de cartón nos brazos e empezaron a axitalas... Pero no ocorreu nada.
Pasou o tempo e Xoán e Lois, tiñan xa case feito a súa máquina. Pero faltábanlles o trade e o parafuso para poñer as rodas.
Pero como eran listos decidiron coller as catro rodas dun coche e poñerllas á máquina que decidiron chamala avión.
E esa é a miña historia da creación do avión.
Diego Santiago Martínez 6º B

Os traballos De Xaime E Ana
Ana e mais Xaime tiñan que facer un traballo de bricolaxe na escola. E como todos os seus compañeiros decidiran afeccionarse ós xoguetes de madeira ou latón, eles fixeron o mesmo.
Xaime comezou a facer un barco de xoguete e Ana un submarino.
Colleron as ferramentas dos seus pais, que eran martelos e pinceis, e tamén compraron uns kits de bricolaxe para nenos que contiñan papel de lixa, uns trades pequenos e varias bolsiñas de parafusos. Ana era moi habilidosa e o que se lle daba mellor era puír. Mentres que Xaime era moi torpe, dábaselle fatal vernizar. Nun momento dado Xaime preguntoulle a Ana:      
- ¿Onde encolo a vela do meu barquiño ?
Aínda que Xaime era tan paspán que nin sabía onde ía a vela do seu barco con áncora desmontable, ao final os dous conseguiron rematar os seus proxectos. O submarino de Ana quedou moito mellor có barco de Xaime, mais el está moi orgulloso  orgulloso do seu traballo de bricolaxe. 
Marcos Asensi Goyanes 6º B

O Barco De Sara E Luís
Sara e Luis están preparando o regalo de aniversario de Pedro, o seu irmán. A Pedro encántalle os barcos e decidiron facerlle un coas súas mans.
Cando empezaron,consultaron un libro que tiñan desde moi pequenos. Aínda que había moito por facer, decidiron encolar os cachos para non pasar horas construíndo o barco e facendo buratos co trade.
Pero iso non funcionou. Despois dunhas horas parecía que Luis estaba moi afeccionado cos barcos. Empezáronselle a ocurrir moitas ideas como a idea do barco desmontable, o barco de papel de lixa...
Cando por fin o terminaron empezou a festa de Pedro.
Puxéronse moi nerviosos porque decidiron darlle o regalo antes da festa. Cando Pedro abriu o regalo levou unha grande sorpresa porque tiña moitos barcos iguais pero ese era diferente e especial porque o fixeron os seus irmáns coas súas mans e con todo o seu amor.
Ester Haxhijahja 6ºB

Modelo 37
Os pais de André queren agasallar o seu fillo mercándolle un avión teledirixido modelo 37, pero
cando chegan á casa danse de conta de que aínda teñen que montalo e fanlles falla un parafuso, papel de lixa e un trade.
Nas instruccións poñía que o xoguete era desmontable e para manexalo tiñas que ser moi habilidoso e afeccionado aos avións. Para rematalo os pais tiveron que puír, vernizar e encolar o modelo 37 ata chegar ás mans de André.
Ese día André púxose todo o día e toda a noite a xogar co seu novo tesouro: o modelo 37.
Kedus José Dueñas Ramallo 6º B
 
A Confusión
Un día Xoán foi á casa de Luisa axudarlle a montar un barco.
Xoán díxolle que utilizase o trade para facer buratos. Ela fíxoo así e como Xoán era o que tiña as instrucións tíñalle que dicir o que poñía, pero Xoán, que digamos, non e moi bo entendo as cousas pero Luisa facíalle caso.
Xoán díxolle a Luisa que collese varios parafusos e que os apertase co desaparafusador e Luisa volveuno facer.
Por último Xoán díxolle que tiña que encolar a vela do barco e despois tiña que vernizar todo.
Cando remataron Luisa enfadouse con Xoán porque ao final fixeron un avión raro xa que Xoán confundiuse de instrucións e colleu as do avión.
Luisa decidiu quedar co el uns días e se lle gustaba ben e se non Xoán tíñalle que facer un barco. Ao cabo duns días Luisa atopou a Xoán e decidiu quedarse co avión.
Sandra Rodríguez Torres 6º B

O Moble Desmontable
Esta historia comeza na casa de un afeccionado ao bricolaxe que era moi habilidoso. Xa montara polo menos 3 camas desmontables.
Seu fillo quería ser coma el e axudáballe a encolar, puír e cousas así.
Un día mirou pola tele un novo moble e o pai foi compralo axiña. Cando chegou á casa viu que lle faltaban varios parafusos.
Foi á tenda mercar parafusos e cando chegou de volta foi ao seu taller de bricolaxe.
Alí, o primeiro que fixo foi coller o papel de lixa e empezou a puír.
Cando xa estaba todo puído colleu o trade e fixo uns buratos e cando o tiña xa acabado o único que lle quedaba era vernizar. Aí entraba a parte do fillo, iso faríao el.
Yerai Loureiro Alonso 6º B