viernes, 15 de mayo de 2015

A Visita De Filgueira Valverde Á Nosa Escola

Hoxe pola mañá visitounos Xosé F. Filgueira Valverde, ese personaxe a quen se lle adica este ano, 2015, O Día Das Letras Galegas.
Foi moi divertido e con el conseguimos saber moitas cousas da súa vida e tamén da súa obra e os libros que escribiu.
Era fantástico poder estar a falar con el directamente, en persoa. Así enterámonos que lle chamaban O Vello Profesor porque el tamén foi profesor aquí no Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra.
Tamén fixemos unha actividade na que tiñamos que ler un anaco dunha obra súa, Agromar, unha peza de teatro. Por parellas saímos a ler fragmentos de Agromar para todos.
Filgueira Valverde comentounos que é unha historia na que un rapaz de aldea dooulle sangue a un señorito que só falaba castelán, pero á mañán seguinte falaba galego.
E, máis tarde, cunhas palabras que Filgueira nos proporcionou, tivemos que crear un conto.
Tamén lemos en voz alta o resultado, e aínda que tivemos pouco tempo, a verdade é que aínda inventamos relatos moi chulos!
Carlos Rodríguez, Zaira Núñez, Ester Haxhijahja e Alicia Piñeiro 6ºB

2 comentarios:

  1. Me encanto la experiencia y por un momento pensaba que el era Xosé Filgueira porque actuaba muy bien.

    ResponderEliminar
  2. es verdad yo tambien lo pensaba

    ResponderEliminar