viernes, 26 de febrero de 2016

Fomos Ao Teatro: Pinocho

Ola, somos Angélica e Álvaro e imos contarvos a excursión que fixemos o outro día ao Teatro Principal.
       Primeiro pensabamos que ía ser unha ópera, pero ao final foi unha peza de teatro moi chula.
Saímos da escola ás 11 horas da mañá, e fomos directamente para o teatro. As árbores das rúas, agora amosaban as súas pólas valeiras de follas.
Polo camiño iamos case sempre em fila india e non daba para facer paradas nin falar do que había ao noso arredor.
Pero nós sabiamos bem por onde pasabamos. Saudamos á mulleriña coas galiñas preto da Praza de Abastos.
Deixamos abraiado a Valle Inclán cando nos viu pasar todos formaliños.
Admiramos a Fonte dos Tornos.
Cruzamos pola Praza do Teucro.
E despois da Capela do Nazareno xa avistamos O Teatro Principal.
Ao chegar alí todo nos gustou porque estaba moi ben feito. Ademais con pouquísimas cousas facían maravillas increíbles.
Era unha compañía italiana e representaron con monicreques o conto de Pinocho que nos encantou.
Despois voltamos á escola e todos nos diriximos ao salón de actos.
Alí vimos cantar a Angélica e a Sabela, O Himno da Alegría, canción que, no Día da Paz, non se puidera interpretar por culpa dos trasnos da técnica que quixeron facer falcatruadas das súas. A verdade é que o fixeron moi ben.
Álvaro Durán Cortegoso e Angélica Badás Cimadevila 5º A

sábado, 6 de febrero de 2016

Un Entroido 2016 Moi Divertido!

Ola! Somos Nerea e Noelia. Onte 5 de febreiro celebramos O Entroido, e os disfraces inundaban a nosa escola.
Pola mañá chegamos á clase e xa comezamos a sacar fotos cos disfraces postos.
Este ano a temática era: Bichos, e aí estamos nós seguindo a consigna.
Pero non pensedes que todo era festa. Tamén tivemos que traballar un pouquiño... 
Era divertido facer as tarefas así vestidos e maquillados.
Despois do recreo foi cando baixamos ao patio para que comezara a diversión.
Alí tivemos ocasión de ver todos os disfraces de todo o alumnado da escola.
Como vedes había moitas xoaniñas de moitas cores...
Lindas bolboretas...
Dragóns e animais variados...
Estranos paxaros multicolores...
E non faltaron os espantallos para espantalos, claro...
E tamén chegaron á nosa festa os cociñeiros para cociñar todos os bichos...
Todos participamos activamente no desfile.
E despois do desfile xa comezou a festa rachada.
Estaba bo día e aproveitamos para disfrutar do sol.
Xogamos moito e ata nos atrevemos a bailar a conga.
E outros ritmos movidiños.
E continuamos a sacar moitas fotos para logo poder lembrar estes momentos divertidos.
A verdade é que foi un carnaval 2016 xenial!!!
 Noelia Blanco Obelleiro e Nerea Ferreira Ríos 5º A

jueves, 4 de febrero de 2016

Palabras Para A Paz

A Paz É Miña 
Non pedimos a guerra,
Pedimos a paz!                        
Queremos que  todos
Sexan iguais!
Axuda aos demais,
Non esperes máis!
Levántate cun sorriso!
Levántate xa!
Nardos Dueñas Ramallo 5º A
Palabras De Paz
A paz, a amizade…
Non deberían estrañarnos! 

O que si deberían facelo 
Son as guerras!                         
Pero non é así!
Polo tanto debemos crear
Un mundo de paz.
Espero que Todos teñan paz!
Neste día
 E en todos os días da vida!
¡Feliz día da paz!
Brais García Mejuto  5º A

Nós Facemos Paz
Nós facemos paz!
Paz é felicidade,
Amor e cariño tamén!
É non á guerra, non ao racismo!
Nós facemos paz,
Pero tamén guerra
Así que tentemos que só haxa paz
E nada de guerra.
Vicente Martí Pesqueira 5º A
 


A Ledicia Da Vida
A ledicia da vida
É vivir en harmonía.

A vida é moito máis doada
Se a compartimos coas persoas amadas.

Os nenos son máis amables
Se os adultos son afables.
Brais García Alonso



 
O Mellor Día Da Paz
O día da paz,
É un día sen igual!
Hai paz no mundo enteiro,
E celébrase unha festa excepcional!

A pomba da paz,
É un signo
De felicidade e amor,
Que fai que este día
Sexa mellor!
Rubén Darío Pereira Rodríguez 5º A
Palabras De Paz
Se non estás en paz
Contigo mesmo,
Non poderás estar en paz
Coas demais cousas.
                
A paz depende
Das nosas accións!
Hai máis paz
Se somos bos
E non malos.
 





Adrián Fernández Fraguas 5º A

 

A Paz No Mundo
A paz é ledicia!
A paz é non á guerra!                                                   
A paz, que non sexa un desexo,
Senón unha realidade.
Amelia García García 5ºA



 
Todos Queremos Paz                         
A paz é o amor!                               
A paz é a solidariedade!
A paz é non a guerra!

¡Eu quero paz, non
Quero guerra,
Nin sequera
Unha pelexa!
Angélica Badás Cimadevila 5ºA


A Branca Pomba
A branca pomba
Vén á nosa escola
Con ganas de aprender
Todo o que nós podemos facer!
A branca pomba
Coa póla de oliva 
na boca!
Encantaríame ver
O que ela pode facer.
Sabela Lorenzo Figueroa 5ºA



A Paz
A paz é para ti,
Para min e para eles.
A paz é universal,
Unha maneira de vida,
Un espírito libre.
A paz son eles,
A paz son eu,
A paz es ti!
Lucía Sánchez Guerra 5ºA

Paz No Mundo
O día da paz
É o día do non á guerra,
Da alegría de compartir
E vivir en harmonía
Toda a vida.
Respectar e amar,
Colaborar e axudar.
Temos que falar
pero tamén escoitar.
Nós provocamos a guerra
Pero tamén podemos parala!
Necesitamos igualdade,
Solidariedade e amizade!
Iso nos unirá
E nos fará voar
Como pombas cara á felicidade!
Juan José Laverde Villa 5º A

Os Segredos Da Pomba Branca
Sorrisos, abrazos, ledicias...
E moito máis que nos trae a pomba,
A pomba da... Paz!
A pomba branca coa oliva na boca.
Tráenos, cóntanos os segredos da paz
Que podemos acadar.                                                 
Lucía Barreiro Lema 5º A

Queremos A Paz
A paz é a ledicia
Que se atopa no noso interior.
A paz é a bondade da xente boa.
A paz non é a guerra,
É a amizade!
A paz é a solidariedade,
A paz é respecto!
 





Nerea Ferreira Ríos 5º A




O Día Da Paz No Mundo
A paz é Amor,                  
Que haxa amizade,
Que non haxa guerra
E que haxa amigos!                       
Daniel Mamet 5º A








Paz No Mundo
Paz é soñar cun mundo
En que non haxa guerras
E que todos sexamos amigos,
Felices e alegres.
Que o mundo se pinte de cores
E todos saibamos
Pedir perdón
E dar as grazas!
Noelia Blanco Obelleiro 5 ºA

 


Versos De Paz
A paz é amor,
A paz é amizade!
A paz é non a guerra,
Tamén solidariedade!

A paz é igualdade,
E ningunha pelexa!
Época na que as pombas voan...
Mario Gómez Miranda 5º A 


Si Á Paz, Non Á Guerra!
Si á solidariedade,
Non ao racismo!
Álvaro Durán Cortegoso 5º A 




O Que Significa A Paz
Este é o camiño da paz:
Vence o mal co ben,
A falsidade coa verdade
E o odio co amor!
Daniel Rodríguez García 5º A

¡Benvida Paz!
A guerra no mundo debe acabar
E deixar en todos os sitios a paz!
Unha branca pomba
Sae voando
E busca sitio no teu colo.
Deixemos as guerras atrás
E digámoslle ola á paz!
Ariadna Verónica Montouto Mesías 5º A

 Nerea Silva Álvarez 5º A
CLICAR AQUÍ PARA VER TODOS OS DEBUXOS