miércoles, 23 de marzo de 2016

Orbil Na Nosa Clase

O outro día estivo de visita na escola Orbil, a mascota do Salón do Libro.
Foi unha gran sorpresa. Ao velo entrar pola porta da aula todos estabamos moi contentos, achegámonos a el e non parabamos de abrazalo.
 CLICAR AQUÍ Y VER MÁS FOTOS DE LA VISITA

jueves, 10 de marzo de 2016

Ópera Guillermo Tell

O mércores 2 de marzo fomos ata o Pazo de Congresos para ver unha representación da Ópera Guillermo Tell.
Saímos da escola unha mañá chuviosa. Cando chegamos ao Pazo alí había xa rapaces e rapazas doutras escola e despois aínda chegaron máis.
A representación gustounos moito e pareceunos graciosa e divertida á par que interesante.
O que nos encantou foi que con poucos actores ían representando varios papeis cambiando algunha peza do seu vestiario.
Tamén había algúns personaxes de cartón como o bufón, algúns soldados, os animais do mercado...
O escenario cambiaba constantemente formando o decorado con 3 estruturas de madeira que se artellaban de tal xeito que conseguían formar o necesario para cada escena.
      Había moi pouca iluminación para ambientar a obra e gustáronnos os diferentes xogos de luces.
Tamén resaltar que a música era en directo e cada instrumento tiña unha parte da obra na que destacaba máis. Nin que dicir ten que tamén cantaron moi ben!
Os actores e cantantes eran moi bos e a historia da ópera era moi entretida! Estaba interpretada en plan humorístico e nalgunhas ocasións conseguiron facernos rir.
E hai que ver que ben nos fixeron ver o lanzamento da frecha e a súa viaxe ata a mazá na cabeza do rapaz!
En resumo: Que nos gustou moito e non dubidaríamos en voltar outra vez!!!
 Ao sair xa non chovía e non tivemos que abrir o paraugas.
 A Ponte Dos Tirantes foi testemuña da nosa primeira audición dunha ópera.
 E ésta é a visión da obra desde o punto de vista de Amelia:
Xermán González Rivas, Mario Gómez Miranda e Álvaro Durán Cortegoso 5º A

lunes, 7 de marzo de 2016

Visita Ao Futuro Do Galego No Pabellón

Esta actividade que realizamos no pabellón foi moi bonita e misteriosa.
Chegamos alí e xa fomos recibidos por un personaxe que chegaba do futuro. O seu aspecto así nolo dicía.
Xa na pista distribuímonos en dous equipos e cada un estaba sentado nunha alfombra vermella...
... ou nunha azul segundo o equipo no que te puxera o personaxe do futuro.
E xa demos comezo ás actividades. A primeira proba tiña por título "A ponte da sabiduría".
Tiñamos que percorrela e ao final da ponte había uns paneis cuns avós que tiñan ao seu redor cantigas para xogar á corda, para botar a sortes, refráns, frases feitas, ...
Todo estaba desorganizado, entón pasabamos outra ponte e chegabamos diante doutro taboleiro en donde tiñamos que organizalo e poñer todas as cantigas xa clasificadas.
Cando acabamos voltamos a sentar na alfombra para comprobar se o fixeramos ben ou mal. Tamén fomos atopando pistas para resolver un enigma ao final de todas as probas. Neste caso era o número 4.
A segunda proba consistía en memorizar os ingredientes dunha receita típica galega.
Logo tiñamos que ir ata o Mercado de Abastos e mercar todo o necesario para levala a cabo. Para axudarnos na compra tiñamos unha cesta na que ir metendo os alimentos que tiñamos mercado. E aquí a pista era o número 8.
Na terceira proba formamos unha cadea humana. Unha persoa da cadea escoitaba un refrán e o resto tiñamos que ilo pasando de boca en boca, ou mellor de orella en orella, ata Amelia que tiña que escribir o que lle dixera a última persoa da cadea que era Xermán.
E foi aquí que nos decatamos de que iso de orella a orella, o díxome-díxome, ás veces non funciona moi ben... Porque os refráns non chegaron todos coas mesmas palabras recollidas na gravación.
Aquí tamén había unha pista que era o número 3. Con esas pistas todas, despois de varios intentos, conseguimos abrir un maletín que nos daría a clave para conservar mellor a nosa lingua.
E sabedes o que había no maletín??? Pois... un ESPELLO!!!
O que quere dicir que o futuro da nosa lingua depende de cada un de nós. Todos temos que falar en galego e así a nosa lingua nunca morrerá!!!
Ah! Nin que dicir ten que o pasamos estupendamente ben!!!!!!
Angélica Badás Cimadevila, Noelia Blanco Obelleiro e Marcos Enrique Jiménez Alonso 5º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA ACTIVIDADE

jueves, 3 de marzo de 2016

A Emotiva Visita Á Cruz Vermella

Un mércores do mes de febreiro fomos ata o Centro de Maiores da Cruz Vermella.
Todos fomos alá con moita ilusión.
Ao chegar puxémonos por parellas de rapaces cun par de persoas maiores.
Dividíronnos en dúas salas diferentes, nunha delas, nas mesas había xogos diferentes.
Na outra sala xogabamos todos en conxunto e individualmente a respostar por quendas, as preguntas que nos ían facendo.
 A verdade é que aínda respondemos bastante ben a todas as cuestións.
Os xogos eran amenos e podías facer quebracabezas con pezas de plástico ou madeira...
Ou quebracabezas para compoñer unha figura.
Ou conseguir casar 2 partes dunha cara.
Saber canto nos ía custar a compra para facer o menú do día.
Insertar pezas en arames...
Completar parellas de cartas.
Ás veces estabamos nunha sala e cando acababamos por exemplo o xogo que estabamos a facer cambiabamos para a outra sala.
A algúns tocounos pescudar o nome de diferentes animais, adiviñas, pasapalabras, etc.
 Todos estabamos moi atentos e non queriamos perder cando nos tocaba a nosa quenda.
As persoas maiores estaban moi contentos de nos ter alí e querían que á nosa profe Mary Carmen profe lles tirase fotografías.
E nós estabamos moi emocionados. Foi unha das saídas que máis nos gustou.
Ao saír ofrecéronnos unha bolsiña a cada un como agasallo.
E alá marchamos todos contentos para a escola.
Dentro tiñamos caramelos, que axiña degustamos e tamén globos que logo comezamos a inflar.
¡Pasámolo moi ben!!!
Este é o debuxo que fixo Lucía despois da visita.
Lucía Sánchez Guerra, Nardos Dueñas Ramallo e Sabela Lorenzo Figueroa. 5º A
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA VISITA