miércoles, 27 de abril de 2016

Aventura Infantil Na Praza Do Peirao En Pontevedra

O venres  día 22 de abril de 2016 fomos de paseo cuns invitados moi especiais: os peques da nosa escola.
Saímos camiñando  do patio da escola. Cada un de nós levaba da  man a un  ou dous dos nenos e nenas.
Polo camiño iamos contando anécdotas e experiencias...
É primavera e nas árbores das prazas xa están a agromar as follas.
Estabamos moi contentos de estar en contacto cos peques da escola que camiñaban relaxados e tranquilos pola nosa man. 
Ao pasar diante do mercado as persoas que por alí estaban mirábannos curiosos e sorrían ao ver tanta rapazada xunta.
Tamén pasamos por diante dos restos da nosa historia destacando o miliario romano.
E así fomos chegando ata a Praza do Peirao.
Alí organizámonos por grupos para contarlles aos nenos e nenas  de 5 anos a historia desta praza.
Xa facía uns poucos días que levabamos traballando sobre ela e estivemos ensaiando a presentación na clase coa nosa profe Mary Carmen.
E faciámolo botándolle moito teatro e lento para que todos se enterasen moi ben.
Primeiro comezamos cun pouco de historia de Pontevedra e falamos da lenda do heroe Teucro que chegou de Troia para fundar a nosa cidade.
Tamén de como alí no que agora é a praza, antes había un peirao moi importante, por iso a praza se chama así.
E por alí viviu un marino e poeta, Paio Gómez Charino, que foi moi importante na corte dos reis de Castela.
E resulta que por alí tamén chegou un día o gran navegante Cristóbal Colón  para tratar da construción dunha carabela para chegar ata As Indias por un camiño máis curto. E todo iso alí, na praza do peirao.
Os nenos poñían cara de emoción e de intriga coa historia do pirata Benito Soto que tamén por alí andou e seica tamén enterrou o seu tesouro.
Na praza para contar todo isto primeiro estabamos en grupiños sentados na praza. e a verdade é que todos estaban moi atentos.
E ao final paseamos tranquilamente mirando detidamente a fonte coa figuriña da fama no seu cume.
E miramos o noso reflexo nas augas da fonte.
O monumento á carabela de Cristóbal Colón...
Estabamos todos moi contentos.


E respirabamos o aire perfumado co azahar das laranxeiras da praza.
Por último, como lembranza da visita, entregámoslle unhas bonitas postais de flores que preparamos na clase con moito cariño.
E xa tocou volver de novo para á escola, E continuamos a conversar con eles, saber  as súas opinións, a rir moito...
Foi unha experiencia  máxica!!!
Lucía Barreiro Lema e Angélica Badás Cimadevila 5º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO PASEO

miércoles, 20 de abril de 2016

Bonitas Experiencias Personais

Cando Coñecín A Alguén Importante
Coñecín ao meu irmán no aeroporto de Peinador ,Vigo.
Cando baixei do avión estaba moita xente esperándome pero cando subín a cabeza había unha persoa que se acercou a min, era o meu irmán!
El estaba cargando cun globo e un osiño de peluche. Eu non paraba de chorar e por pouco inundo o aeroporto coas miñas bágoas.
Encantáronme todos os agasallos que me ofreceron!  
Sentinme moi querida e parte dunha nova familia!
Cando  cheguei á casa nos brazos da miña nai, había máis xente agardándome con moitos máis agasallos. Tíñanme preparada unha cea especial pero eu só quería xogar co meu irmán.
Despois eu aprendía moitas cousas pero había unhas cousas que non aprendía e unha delas era o nome do meu irmán. El chámase Kedus pero eu dicía “Edu” e  Kedus todo enfadado gritábame:
- Es ¡¡¡kedus, no me llamo Edu!!!
Mais quero dicir que agora que sei dicir ben como se chama Kedus aínda que ás veces  nos pelexamos, eu sei que el quéreme moito.
Aínda hoxe, Kedus continúa a tratarme como se eu fora unha nena de 5 anos e eu quéroo moito!
Nardos Dueñas Ramallo 5º A

As Miñas Clases De Pintura
Os venres pola tarde, despois da academia de inglés vou ás miñas clases de pintura.
Meu irmán lévame todos os venres, esperamos cinco minutos e entro.
As miñas clases de pintura son xeniais, están nunha pequena aula, alí hai sempre cadros sen terminar, mesas e caixóns onde gardamos os cadros.
Tamén hai unhas mesas onde empezamos os debuxos a lapis e os rematamos a pinceis e tamén cabaletes onde se poñen os cadros de lenzo.                      
 

O que máis me gusta é o compañeirismo que hai.
Sempre que vou ríome moito, de todas as bromas e chistes que  contan.
Cada venres que vou síntome coma se fora capaz de todo, e coa axuda da miña mestra Cristina mellor aínda.
Encántanme as miñas clases de pintura!
Ariadna  5º A
                                                                                       
O Meu Primeiro Campionato De España
Un día de maio de 2015, do cal non me lembro, asistín ao meu primeiro campionato de España de ximnasia artística, acrobática.
Levanteime ás sete da mañá súper cansada xa que durmín fatal do nerviosa que estaba. Puxen o chándal de competición e montei no coche.
Ao chegar dirixinme a peitearme tremendo. Máis tarde estaba impresionada coa xente que ía a competir contra min. Estivemos dúas horas quentando e repasando a coreografía ata que.... a miña entrenadora nos dixo:
-Quitade os pantalóns que vos toca agora!            
Cada vez vía a grada máis grande do nerviosa que estaba!
E de súpeto escoitei:
-Actúan: Lucía Barreiro, Cecilia e Xeila, que eran as miñas compañeiras.
Os ánimos das miñas compañeiras déronme forza para continuar, sentíame coma unha xigante cando gritaban o meu nome e o das miñas compañeiras, e os nervios, fóronse de golpe.
Cando rematamos déronnos unha bolsa con comida e cousas moi bonitas.
Quedamos quintas!!! Foi unha experiencia única!
Lucía Barreiro Lema 5º A

A Primeira Vez Que Vin A Neve
O ano pasado o meu pai foi traballar a Andorra e o ultimo mes que el estivo alí a miña nai, o meu irmán e mais eu fomos  visitalo.
Saímos de Vigo a Barcelona en tren ¡unha eternidade! Eran 12 horas en tren, un tren moi grande que tiña unha cafetería.
¡Incluso poñían películas!
Despois chegou a nosa parada e alí estaba o meu pai quen os levou a Canillo que era onde viviu durante o Nadal.
Cando nos demos conta eran as tres da mañá.       
Canillo era moi pequeno, por iso aínda lembro moitas rúas.
Tamén nos levou ao Palacio de Xeo e á capital de Andorra. 
Outro día o meu pai levounos ao alto das montañas. Alí facía moito frío e a neve estaba por todo a estrada como as nubes no ceo azul.
Ás veces entraba no coche e miraba todo con un filtro verde.
Uns días despois voltamos a Pontevedra logo de pasar por media España, sentíame moi triste.
Gustábame Andorra pero non hai nada mellor que Pontevedra.
Lucía Sánchez Guerra 5ºA 
 
Cando A Miña Irmá Naceu
Cando ía nacer a miña irmá eu mais o meu irmán estabamos suando e non podiamos parar de movernos.
Oiamos gritar a miña nai e iso a min e ao meu irmán non nos gustaba.
Cando o parto da miña nai finalizou a doutora díxonos:
- Podedes entrar!                                 Eu, co meu irmán e o meu pai, entramos na sala.
A miña nai estaba coa miña irmá no colo.
De súpeto, eu non sei por que púxenme a chorar e a doutora para consolarme púxome coa miña nai.
E a miña nai presentoume a miña irmá e díxome que se chamaba Yanira.
E ese foi o momento e o mellor día da miña vida.
E aínda que ás veces pelexemos, non está nada mal que a miña irmá fora o primeiro bebé que eu tiña visto na miña vida.
O que sei moi ben é que nunca esquecerei os seus ollos de carbón!
Amelia García García  5ºA   :-)

lunes, 11 de abril de 2016

La Magia De Nuestra Poesía

El día de la monja
En la mesa hay una fresa tiesa,                             
una monja se la comió,
y de tan mala que estaba,
se dio un susto y se le cayó su sortija.
De repente apareció una lagartija,
y se la dio.
Salió al parque a airearse,
cogió comida,
vio una hoja y la recogió,
se subió a un columpio,
y mordió la cuerda.
Fue al campo con unas setas,
y se sentó en una meseta
haciéndose una coleta.
Era de noche,
y se subió en un coche,
se fue a dormir,
y dejó el broche
en la mesa de noche,
soñó con muchas cosas
y este fue el día de la monja.                                 Rubén D. Pereira Rodríguez 5º A

El dominó mágico

En la mano lleva una sortija,
en la mano lleva una fresa 
la cogió de una mesa ,   
que estaba fuera de la casa,
pero dentro de una caja.  

De repente surgió una hoja,                                 
llegó una cuerda
y una  hermosa espada 
cortó la ensalada.

Nardos Dueñas Ramallo 5ºA

El agua cayendo
¡Que bonita sensación
notar el agua cayendo
con un fluir tremendo
sobre mi corazón!

Cuando hace mucho color
no hay nada mejor
que ponerse el bañador
y en el agua sentir frescor.
Noelia Blanco Obelleiro 5º A
   

       
La fuente de los niños
Los niños en la fuente,
juegan saltando y divirtiendose,
en verano se bañan en la fuente,
sin que le importe a la gente.

Después de muchos años,
se petrificaron,
jugando a los aros.
Ahora la fuente sigue en pie,
la gente ve a los niños petrificados,
y los niños de Pontevedra,
siguen divirtiendose en la fuente.
Rubén Darío Pereira Rodríguez 5º A

La duquesa que comía una fresa
¿Quién será la duquesa
que come una fresa
en la mesa?

Tiene una sortija
que está en una vasija                 
llena de baratijas.

Posee una cerda
que gira a la izquierda
para llegar a la cuerda
que amarra una hoja
junto a la duquesa coja.
Angélica M. Badás Cimadevila 5º A

La terraza del castillo
Mi terraza donde se ve la meseta
con una plantación de setas 
en mi mesa una bandeja
una fresa ya presa 
de mis labios y mi boca.
De repente ¡mi sortija!
¡Se me ca en la vasija!
La cojo y me resbalo con una hoja 
quedándome coja 
atragantándome                                      
con la fresa en mi boca
me hacen cosquillas sus hojas.
A veces mirando el cielo
me gustaría tener una cuerda
para huir a fuera.
Adrián Fernández Fraguas 5º A

Mi vida
El atardecer es hermoso
y siento su reposo.
Los pájaros vuelan,
y dejan sus huellas.

Miro hacia adelante,
y todo me parece apasionante.            

Es como mi vida,
impresionante.
Angélica M. Badás Cimadevila 5º A


Bonito atardecer
Viendo el bonito atardecer
y el bello color del cielo
nos tumbamos para ver
a los pájaros crecer.
En el campo se respira tranquilidad
y a lo lejos se ve una niña pasear
entre las frescas y verdes hierbas
y el oscuro atardecer.                                          
Brais García Alonso 5ºA

El Verano Llegó A La Plaza
¡El verano llegó
ya se nota su calor
cuando me tocan
los rayos del sol!


Este calor me atormenta
tengo que mojarme
con agua fresca.

Pero también hay una parte buena,
hay una plaza aquí cerca.

Mis amigos y yo
jugamos sin ton ni son.

En un verano con calor
disfrutando del sol.
El agua de la fuente brota
con armonía,
victima de nuestra alegría.

El agua moja nuestros cabellos
al compás de los saltos de nuestros juegos.

Terminamos todos empapados
de la caricia de este sol
que inunda nuestros corazones
con su calor.                                     
Lucía Barreiro Lema 5º A