sábado, 25 de junio de 2016

jueves, 23 de junio de 2016

Espallando Maxia No Escenario Con Castelao

O día 21 de xuño foi para nós un día espectacular!
Ás nove e media en puntiño fomos ao salón de actos para facer que a maxia resplandecera sobre o escenario.

Por certo que os nosos compañeiros Daniel e Noelia foron os que se encargaron da presentación do festival e fixérono de maravilla!
As primeiras en actuar foron as nosas grandes actrices Lucía B., Angélica e Sabela.
Elas as tres representaron a peza titulada Imitose.
Unha obra realizada con moito entusiasmo pola súa parte e onde ao final todo o público quedou infectado!
E é que elas contaxiáronnos coa súa vitalidade!
A nosa seguinte actuación foi a escenificación de unha escolma de Cousas da Vida de Castelao, feita pola nosa profe Mary Carmen.
Pasámolo tan ben actuando que ata o mesmo Castelao baixou do ceo para unirse a nós.
E axudarnos con estas Cousas da Vida, da vida de entón, e da vida de agora.
Onde se ve a sabedoría e retranca das mulleres galegas.
Tamén a agudeza dos homes...
A picaresca dos políticos...
A inxenuidade dos nenos...
Persoas ás que lles gusta moito o viño...
A dualidade pobreza, riqueza...
O pago en especies, sobre todo co famoso pernil do porco...
E moitas máis Cousas da Vida.
Que quedarán para sempre na nosa memoria e que levaremos sempre moi preto do corazón por facernos vivir unha experiencia única e inesquecible!!
 Lucía Barreiro Lema, Angélica Badás Cimadevila e Amelia García García 5º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS

miércoles, 22 de junio de 2016

Cómic: Cousas Da Vida

Estes días estivemos a traballar e a divertirnos con Castelao e as súas Cousas da Vida. E aquí vos deixamos a nosa particular visión.  en forma de cómic.

CLICADE AQUÍ PARA VER MÁIS

jueves, 16 de junio de 2016

Tamén Somos Conductores, Ciclistas E Peóns

Hai unha semana tivemos unha saída moi bonita!
E é que nos desprazamos ata as instalacións de Educación Vial do Concello de Pontevedra en Mollabao.
Saímos da escola ás 9 en puntiño.
Pasamos por diante do 6º Edificio do Museo de Pontevedra.
Atravesamos os Arcos de San Bartolomé.
Admiramos a fermosa Praza da Leña.
Impresionounos coma sempre o entorno de San Francisco.
E sentimos o raro silencio da deserta Praza da Ferrería.
Case eramos os únicos a transitar por alí!
Na rúa da Oliva xa había máis animación.
E na Praza de san José velaí estaban xa os tertulianos coa súa conversa.
Ale! Que xa non falta moito!
E a fume de carozo enseguida demos chegado ao noso destino!
Alí dividíronnos en tres grupos e xa comezou a diversión!
Tiñamos que turnarnos e mentres uns se convertían en conductores...
Outros eramos ciclistas.
E aínda estaba o grupo dos peóns.
Tiñamos que recorrer un circuíto no que había semáforos, pasos de peóns...
E a verdade é que aprendemos moitas cousas sobre seguridade vial.
Pero todos coincidimos en que a mellor experiencia era conducir os Karts!
E pasámolo tan ben que estamos desexando poder repetir!
A viaxe de volta á escola fixémola polo paseo pegado ao río Lérez.
Pasamos debaixo da Ponte da autopista.
E menos mal que atopamos unha fonte que si tiña auga. Así puidemos refrescarnos e beber porque a verdade é que estabamos todos moi sedentos!
Tamén tivemos ocasión de mirar como se entrenan os nosos piragüístas. 
Ascendemos pola pasarela de madeira...
que nos conducía a través da Ponte de Barca.
E que nos deixou diante do Club Náutico.
Non dubidamos en pasar a Ponte das Correntes.
E alegrámonos moito cando divisamos a Ponte Do Burgo.
A mulleriña seguía coas súas galiñas diante da Praza de Abastos.
E nós por fin chegamos á escola para poder disfrutar da merenda! Que fame tiñamos!
 Nardos Dueñas Ramallo, Nerea Ferreira Ríos, Amelia García García e Xermán González Rivas 5º A