domingo, 2 de abril de 2017

Hoxe Vestímonos De Azul Polo Autismo

O día 2 de abril é O Día Mundial de Concienciación sobre O Autismo.

Nós na escola celebrámolo no venres dia 31 de abril seguindo O lema deste ano: “Rompendo Barreiras Polo Autismo”.
Toda a escola se vestiu de azul en solidariedade coas persoas que padecen este trastorno.
Nos días anteriores fomos colgando sacos azuis das ventás de todas as aulas do colexio. Son moi longos para que se visen ben de lonxe.
Nós, na clase, xa desde primeira hora comezamos a elaborar os nosos carteis solidarios. 
Todos queriamos dar o mellor de nós.
Buscamos información en Internet.
E traballamos con moito afán.
A maioría escollemos cartolina azul para realizalos. Pois a cor azul simboliza o autismo.
A verdade é que quedaron moi bonitos.
Tamén houbo quen escolleu a cor branca con letras azuis, e quedaron fantásticos.
Logo puxémoslle cinta adhesiva.
E despois pegámolos nas fiestras para facer compañía aos plásticos azuis.
Cando baixamos ao patio os nosos carteis destacaban dende lonxe. Esa era a idea!
Sabedes que hai persoas famosas que teñen ou padeceron este trastorno neurolóxico? Albert Einstein, Tim Burton, Isaac Newton, Ludwig Van Beethoven, BillGates, Amadeus Mozart, Woody Allen, Michael Phelps... 
Ese día procuramos vestirnos de azul.
E despois posamos coas pancartas do lema para chamar á sensibilidade sobre o autismo.
Desde aquí animámosvos a que vós así  o fagades este domingo!
Elixamos a cor azul!
Lucía Barreiro Lema, Amelia García García e Nerea Ferreira Ríos 6º A

No hay comentarios:

Publicar un comentario