viernes, 23 de junio de 2017

Festa Do Deporte Na Escola 2017

Hoxe foi o día da festa do deporte na escola.
Chegamos ao pavillón e alá estabamos todos como unha piña coa nosa capitana Nerea.
Tamén os do banquiño esperabamos confiados!
O primeiro deporte foi o baloncesto.
A continuación o floorball.
Como vedes xogamos con sticks como se fose hockey.
Novamente o equipo arredor da nosa capitana Nerea.
E os do banquiño igual de ilusionados!
E chegou o turno do balonmán onde o noso porteiro Vicente tivo unha magnífica actuación.
E chegou a hora dun descansiño que aproveitamos para ofrecer un espectáculo musical ao noso público.
Para bromear cos colegas.
E facer unhas fotos coa profe Marina que este ano deixa a súa actividade docente.
E veña de novo para o pavillón. Uns a quentar banquiño...
Pero sempre animosos sabendo que xa nos ía tocar entrar.
Cando rematou todo recibimos as nosas medallas.
Que trabamos con forza como fan os campións e campioas!
Unha lembranza do ben que xogamos e de que o demos todo polo equipo!
Porque todos somos vencedores!
E un sorriso de satisfacción apareceu na nosa cara.
En todos e cada un de nós!
Polo grande esforzo realizado!
Bravo equipo!
Sodes todos uns soles!
Xa na clase chegou a hora da despedida final!
6º A 2016-17 sempre no corazón!
 CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS

5 comentarios:

  1. Nunca olvidarei estos 6 anos neste colexio¡

    ResponderEliminar
  2. Nunca olvidaré ese día ni cada una de vuestras caras ,ningún recreo, vuestros nombres siempre os llevaré en mi corazón y gracias por estos años tan inolvidables os quiero ,feliz verano y recordar que esto no es un adiós para siempre.

    ResponderEliminar
  3. Nunca olvidaré os anos neste colegio e menos os dous últimos cos mellores amigos e a mellores profe. Ata o ano que ven a todos os amigos.

    ResponderEliminar
  4. Moitas Grazas a todos e un feliz verán!!!

    ResponderEliminar