jueves, 15 de junio de 2017

Explorando Para Imaxinar A Educación: Francesco Tonucci

O día 11 de maio desprazámonos ata o pazo da Cultura para explorar unha divertida exposición.
Ao chegar recibíronnos unhas grandes letras coa palabra Frato que é o nome artístico de Francesco Tonucci, o debuxante e pedagogo italiano.
A nosa guía, Nuria, primeiro levounos a ver uns debuxos, estilo cómics e foinos preguntando e explicando as imaxes que neles había.
Son de Frato, Claro e amosan aspectos da sociedade e do mundo dos nenos.
Interesounos moito coñecer obxectos, ilustracións, bonecos e outras cousas que Frato usou ou aínda manipula na súa vida cotiá.
A continuación Nuria trasladounos a unha sala de mecánica onde había expostas varias pezas dunha bicicleta.
Nuria preguntábanos se sabiamos para que servía cada unha delas. Álvaro comezou a explicar todo, todiño... Como se el fose a bicicleta!!! E Nuria quedou totalmente sorprendida de todo o que sabiamos!
O mellor foi que nos deixou un tempiño para explorar pola nosa conta todo o que alí había.
Nun instante alá estabamos algúns de nós subidos nas bicicletas de varios tamaños e pedaleando ritmicamente.
Mentres, outros inflaban rodas ou probaban os timbres das bicicletas.
Ata houbo quen se atreveu a controlar a forza dunha roda en movemento!
Estabamos todos tan activos e participativos que Nuria plantexounos unha pregunta moi interesante: Seriades quen de construír unha ponte só con madeiras, sen cementos nen parafusos?
Claro que SÍIIIII! Contestamos todos aceptando o reto! E alá nos levaron a ver se podiamos demostralo!
Aínda estivemos un bo tempiño cavilando e probando aquí e alí...
Pero ao final demos a ponte construída! Só madeira e sen parafusos!
Deseguida dedicámonos a construír as construcións saídas da nosa imaxinación.
Tiñamos pezas de distintos materiais cores e tamaños.
E saían cousas moi diferentes pero sempre interesantes.
Por último como remate da visita realizamos un “Foro dos Nenos” onde tiñamos que ir expoñendo ideas para cambiar cousas do cole e da escola.
Unha cousa que dixemos, e que deixou asombradas ás monitoras foi: Que volten os libros!
Tamén nos preguntaron se mellorariamos algo do noso cole, pero nós pensamos que o noso cole É INMELLORABLE!!!
Porque o mellor da escola somos nós os rapaces e rapazas!!!
Nardos Dueñas Ramallo, Lucía Sánchez Guerra, Juan José Laverde Villa 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA EXPOSICIÓN 

3 comentarios:

  1. Noelia Blanco Obelleiro16 de junio de 2017, 11:21

    Que ben o pasamos!!! Encantoume a exposición e seguro que todos os meus compañeiros tamén o pasaron xenial.

    ResponderEliminar
  2. Que bonito parece e que divertido pero ... que pena que no puidera estar ali.

    ResponderEliminar
  3. Brais García Alonso16 de junio de 2017, 11:25

    A exposición foi moi bonita espero que vos tamén a vivirades

    ResponderEliminar