O día 8 de xuño achegámonos ata a alameda da
nosa cidade, Pontevedra, aínda que primeiro pasamos diante do Museo de Pontevedra.
Que ben se ía por debaixo das árbores!
Sempre nos gusta ver o Pazo de Mugartegui!
E saudar a Valle Inclán que está alí a esperar
por nós!
E xa por fin chegar o noso destino!
E estarédesvos a preguntar que era o que iamos
facer alí!
Como veredes polas nosas camisetas iamos
asistir á XVI edición do 3x3 Baloncesto Na Rúa.
Celébrase na Avenida de Montero Ríos e
consiste en que xogamos ao baloncesto por equipos, e de cada vez, compiten 3 persoas
de cada equipo, por iso se chama 3x3.
Da nosa clase participamos case todos e a
verdade é que xogamos moi ben!
Había que saber manter a calma e esperar o
momento adecuado para facer canastra!
Ás veces a espera parecía moi longa!
E ata había momentos en que parecía que nos
poñiamos a propósito en fila india!
Daba gusto ver o paseo todo cheo de rapaces e
rapazas só coa idea de xogar e pasar un bo rato!
Non faltaron os momentos para a firma de
camisetas!
Que xa quedarán para a inmortalidade!
Ao xogar regalábannos auga e Aquarius, e cos
envases había que tentar meter canastra e se o conseguías pois unhas gafas
vermellas que gañabas!
E ao chegar á clase alá posamos todos coas
gafas conseguidas que aínda eran unhas cantas!
Pasámolo moi ben! Pena que para nós foi o último
3x3. Pero aquí nos quedan as fotos para recordalo sempre!
Fui moi divertido. Encantos!
ResponderEliminarFoi unha experiencia irrepetible¡
ResponderEliminar