jueves, 22 de junio de 2017

Xuño 2017 O Noso Último Festival Na Escola

O día 21 de xuño foi o nos último festival de fin de curso na escola.
Nós realizamos dúas actuacións: a primeira era unha canción na que falabamos da Galiña Azul.
Realizámola acompañados do ritmo de vasos pequenos e vasos grandes.
E a verdade é que tiñamos medo de que en algún momento algún vaso saíse voando como pasaba nos ensaios.
Pero iso non sucedeu e a non perdémolo ritmo en ningunha ocasión.
Ao público gustoulle moito porque era algo novidoso que nunca se tiña feito.
Nós fomos os encargados de fechar o festival e fíxémolo cun baile ao son de “Rapidiño”...... 
Non... Así non é... Verdade que xa sabedes de que canción vos falamos?
Claro! É “Despacito” de Luis Fonsi.
O público ao escoitar o título comezou a berrar entusiasmado.
E durante o baile estiveron cantando a canción todo o tempo!
E a verdade é que os nosos compañeiros e compañeiras fixérono moi ben!
Por estas dúas actuacións queremos dar as grazas á nos  profe Mary Carmen que estivo todos os recreos a practica e a ensaiar connosco. 
Era moi divertido polas risas que botamos cando as cousas non saían de todo ben!
Pasámolo moi ben, así como tamén coas actuacións dos outros cursos da escola.
Cando remataron as actuacións, entregáronse agasallos ao alumnado que colaborou na biblioteca durante todo o curso e onde a nosa clase tamén estivo moi ben representada.
Esqueciamos de dicir que a nosa clase foi a encargada de presentar o festival.
E o certo é que Brais, Nerea e Noelia fixérono moi ben e deixaron o pabillón moi alto!
Pois ata seguían as coreografías de todos os participantes e animaban ao público!
Noelia, como sempre, demostrou ademais as sús dotes de maquilladora!
Ah! E resulta que decidimos darlle unha sorpresa á nosa profe Mary Carmen e alí mesmo no festival, diante de toda a escola démoslle as grazas por estes dous anos marabillosos con ela.
Proxectamos un powerpoint coas razóns de por que lle faciamos esa homenaxe.
E ofrecémoslle un agasallo... Mellor dito, un non, foron catro.
E é que ela ben o merece!
E tamén lle deixamos varias mensaxes de cariño no encerado da clase, para que nos lembre sempre!
Nardos Dueñas Ramallo, Xermán González Rivas, Álvaró Durán Cortegoso e Amelia Garccía García 6º A

3 comentarios:

  1. Hola,me han encantado las fotos pero no encontré ningún vídeo del baile,y tenía ganas de verlo.(Vengo de parte de Rubén,y a que no te atreves a enseñar este comentario en clase XD...o si?)

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola Hiker! ¡Aquí está el comentario! Nos alegramos que te hayan gustado nuestras fotos. Y los vídeos del baile y la canción también ya están hoy publicados. ¡Muchas gracias por tus palabras y vuelve siempre que quieras!

    ResponderEliminar
  3. Lo recuerdo como un día con muchos nervios, pero no lo cambiaría por nada e ese día.

    ResponderEliminar