domingo, 10 de septiembre de 2017

Feliz Voo Aguias De Lume 2015-2017!

E co mes de setembro As Aguias De Lume 2015-17 dinnos ata logo para emprender o seu voo noutras paisaxes, deixando atrás a nosa escola, Manuel Vidal Portela.
Dende aquí quero enviarvos o meu agarimo sincero. Xuntos participamos de moitas vivencias e moitas emocións. Vós sabedes ben cales son e formarán parte das nosas lembranzas, esas que ninguén poderá borrar. 
Ao longo deses dous anos que compartimos, todos aprendemos moito, uns dos outros, asegúrovos que eu tamén e que sempre ides ter un recuncho moi grande no meu corazón!
Felicitarvos ademais por ter recollido a testemuña de continuar coas actividades do Blogue e por telo levado ata o máis alto do podio. Aí están as máis de 125.500 visitas que o testemuñan!
 NON TEÑADES NUNCA MEDO DE SER VÓS MESMOS! FELIZ VOO, E ATA SEMPRE AGUIAS DE LUME 2015-2017!

6 comentarios:

  1. Hola profe¡ que tal con las nuevas aguias de lume?

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola Rubén! ¡Cómo me gusta ver que continúas por aquí!¡No sabes cómo te echo de menos! ¡Todavía no encontré una nueva águila con tu poder de imaginación para plasmar las imágenes tal y como tú lo haces!!! Espero que continúes igual o mejor en tu nueva etapa. ¡Toda la suerte del mundo para ti! Besos de tu profe Mary Carmen.

    ResponderEliminar
  3. Hola profe eu solo queria dicirche que qurote moitisimo e que sempre te lembrarei coma unha das persoas máis importe da miña vida. Vivimos tantos momentos xuntis tantas risas... lágrimas.... historias... momentos que non esquecerei na miña vida grazas por levarme polo camiño correcto. Porque " que bonitas son as matemáticas " agora empezamos unha nova etapa na nosa vida pero ti sempre tendras un oco no meu corazón. Grazas por todo querete Noelia❤️

    ResponderEliminar
  4. Ola Noelia! Faime moi feliz verte por aquí, polo noso, e voso blogue! Emocioneime ao ler as túas agarimosas palabras! Moitas grazas! Rinme coas "bonitas matemáticas", e lembrei esa e outras palabras e expresións que vos dicía e que nos facían ser tan cómplices... Podes estar segura que me lembrarei sempre do teu sorriso e atúa forma tan doce de falar comigo! Continúa sempre así a iluminar os que están ao teur arredor! Moitos bicos da túa profe Mary Carmen!

    ResponderEliminar
  5. Profe!! Cada vez que vexo esta entrada do blogue choranme os ollos, solo quería dicirche que eu botoche moitismo de menos, que xa está a acabar o primeiro trimestre, e xa podes ir esperando unha visita nosa, aínda lembrome de todos os momentos inolvidables que pasamos xuntas, espero verte pronto, pero que dicir, que o curso sen os teus consellos non e o mesmo, espero que as novas aguias de lume estean a disfrutar deste curso, por certo, encantame como debuxan!!! un bico e un abrazo fortísisisimoosss, sempre no meu corazon profe Mary Carmen, que non e CARMEN como dicías!!jajajaja

    ResponderEliminar
  6. Ola Lucía! Eu tamén me emociono con as túas palabras! A verdade é que pasamos momentos moi intensos e que de seguro nunca se borrarán! MOitos bicos para ti Lucía!

    ResponderEliminar