miércoles, 15 de noviembre de 2017

Laberinto No Teatro

Un luns fresco, o aire arrecendía a canela, a luz estendíase polas rúas... 
Iamos ao teatro ver unha fermosa e singular obra: “Laberinto”.
Para iso saímos moi cedo da escola.
Estamos no outono e iso comezaba a sentirse nas árbores das prazas.
Que espallaban as súas follas polo chan.
Pasamos por diante do Museo de Pontevedra.
O rosetón de San Francisco contemplábanos desde as alturas.
E a Ferrería amosábase aínda valeira de persoas.
Parecía que só nós camiñabamos pola nosa cidade.
Aínda que os personaxes da “Tertulia” xa estaban alí a latricar.
Mentres Teucro nos vixiaba dende a súa atalaia da Sede de AFundación.
Esperamos a que todos os coles chegaran... E de repente... A obra comezou!
Ía sobre un neno, máis ben un mozo, que tiña problemas coa súa familia porque non lle mercaban o que el quería.
Eses problemas aparecíanlle en soños onde por medio de metáforas trataba de resolvelos.
Un dos soños representaba O Laberinto que era a situación en que el se encontraba.
Saír do laberinto, resolver os problemas, non é doado.
Ás veces parece que aparecen novos desafíos.
Pero coa axuda dos seus amigos e da familia, o rapaz puido solucionalos.
Ao final os actores fixeron un selfie con eles e todos os espectadores.
E nós regresamos felices e contentos á escola.
Co ruxerruxe das follas aos nosos pés.
Mauro Lago Nogueira e Lucía Cancela Rodríguez 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO TEATRO 

5 comentarios:

  1. Que gracioso! A min gustoume moito a obra, aínda que o fume fíxo que me picaran os ollos. No camino fun falando con Brais. Saio en moitas fotos.

    ResponderEliminar
  2. Todo estaba moy ven e divertido, menos por unhas nenas pesadas que tiña detras

    ResponderEliminar
  3. Eu case non me enterei porque abía dous nenos falar detras pero estaba moi ben.
    No camiño eu tamén falaba pero con Emily, foi unha gran experiencia andar pola rúa. Eu tamén saio en moitas fotos.

    ResponderEliminar
  4. La actuacion estubo bastante bien, yo pagaria otra vez para poder verla otra vez

    ResponderEliminar
  5. La obra estubo bien pero las niñas de detras molestaba mucho

    ResponderEliminar