Hoxe, os galegos, celebramos O Día de Rosalía!
Nós, As Aguias de Lume deixámosvos algúns dos seus poemas nunha gravación que
emitimos onte na radio escolar.
sábado, 24 de febrero de 2018
viernes, 23 de febrero de 2018
Exposición: Page Tsou "O Xogo Das Agachadas"
Onte día 22 de febreiro fomos ata O Pazo de
Cultura visitar unha exposición.
Saímos na hora do recreo e camiñamos a través
da Ponte Dos Tirantes.
O Pazo da Cultura estaba aí a esperar por nós!
E o artista, Page Tsou e a súa fermosa obra
tamén!
A exposición leva o título Hide- and- seek” “
O xogo das agachadas” e xira arredor da obra deste artista de Taiwan.
Os primeiros cadros que contemplamos trataban
de persoas vistas por detrás.
Trátase dunha experiencia do autor que el
titulou The And que o levou a retratar só calugas!
Tamén nos chamou a atención a serie Toy Car onde
os protagonistas son os coches con condutores con pistolas.
Había moitos cadros e temas diferentes. O que
fai moito Page Tsou é interpretar un tema de diferente maneira á
tradicional.
Por exemplo co tema bíblico de Noé: en vez de
ir na arca que todos esperabamos Tsou fai que vaia voando en globos aerostáticos.
Gustounos moito o cadro onde nos representa a
evolución dunha estrela ata o logo dunha marca comercial de plumas de escribir.
Ás veces Tsou traballa por encarga e ten que
facer o que lle pidan como este cadro dunha barbería.
Ou un libro acordeón con moitas escenas que
nos gustou moito.
Esta obra ilustraba un disco dun músico do seu país.
E mirade tamén esta das plumas danzantes!
Algo máis tarde tocounos a nós converternos en
artistas.
Primeiro puxémonos nunha ringleira e tivemos
que debuxar a caluga da persoa que tiñamos diante.
E a verdade é que non se nos dou nada mal e quedamos moi satisfeitos!
A continuación realizamos un taller de expresión
plástica.
Sentados diante dunha longa mesa intentamos
plasmar as nosa ideas coa axuda do material que tiñamos ante nós!
Pero non imitando a realidade senón intentando
cambiala segundo a nosa visión para idear un libro acordeón.
A verdade é que saíron moi ben porque usamos a
nosa imaxinación e fantasía!
Cando acabamos saímos de alí saímos moi
contentos e chegamos á clase felices de saber algo máis sobre iso tan
marabilloso que é a arte!
No río Lérez un solitario piragüísta deslizábase
augas abaixo lentamente.
Irene Torres González e Yago Amoedo Martínez
6º ACLICAR AQUÍ Y VER TODAS LAS FOTOS DE LA VISITA
miércoles, 21 de febrero de 2018
Poetas de Grúas, Greas E Guindastres
Rúa Baleira
Sempre que estou só
soa un retrouso,
triste e ciumento.
Aparece unha grúa
e dígolle: ¡lévame, lévame pola rúa!
Eu con afouteza acércome por detrás.
Pero dan unha couce
que ceibe quedarás.
Por fin chego á cidade!
Vexo guindastres...
Chego á casa
É hora de deitarse...
Irene Torres González 6º A
Na rúa hai grúas e greas.
Teño ciumes de que sexan ceibes
e de que as greas corran no monte
con retrouso e afouteza.
E non coma min
que teño guindastres por ás,
e non me
podo mover por alí,
pero estou feliz de velas así.
Ruoxi Zhang 6º A
CEIBE
Eu por fin son ceibe!
Canto coas grúas
correndo pola rúa.
Xa non sinto ciumes
polo home que quería.
Tiven afouteza en dicirlle
que non o quería.
Cando vou ó monte
vexo a grea galopando
coas crinas molladas...
Sinto liberdade!
Xa podo facer o que quero!
Non paro de cantar
e compoñer cancións
mentres canto o seu retrouso!
Mercedes Barragáns Padín 6º A
Cantar
Ciumes sinto por este retrouso!
Canta a xente e tamén os mozos!
Grúas voan polo ceo...
Tanta xente coma unha guindastre!
Cabalos vense polas montañas correndo...
Ceibe son coma a lúa
afouteza sinto por esta festa
mentres vexo a grea galopar.
Abel Luís Franco Rosón 6º A
A Grúa
Eu teño moitas ciumes,
daquela grúa da rúa.
afouteza,porque pode
voar ceibe enriba da grea.
Un retrouso apenado,
teño na cabeza.
Cando a grúa se vai,
quédome a vela.
Apenado vendo guindastres
pola rúa,pensando na grúa.
Mitxel De Sousa Rodríguez 6º A
Ciumes Das Greas
Teño ciumes das greas
tan ceibes para voar
cara ás lonxanas estrelas.
Teño mágoas polas grúas
presas na grandiosa lúa.
Teño afouteza para conseguilo
penso loitar ata gañar!
e gritarei pola rúa a quen
non confía: penso gañar!
Ó escoitar o retrouso
da miña canción favorita
dixen: agora sí que non
preciso guindastre para me levantar.
Breixo Fentanes Gago 6º A
Por fin, podo saír á rúa
con afouteza!
pero cando te vexo con el
sinto ciumes...
Aínda podo escoitar
o retrouso da nosa canción!
Ven comigo voar na grúa
e miraremos as estrelas...
Ven pasear pola rúa,
e monta comigo na grea!
Iremos onde ti queiras!
Alfonso A. García Carmuega 6º A
O PASEO DA RÚA FERMOSA
Pasaba eu pola rúa
e vin unha guindastre
coas grúas por enriba súa.
Con moita afouteza
e colocar a última peza.
Ciumes tiñan os obreiros
de cantar o retrouso da vitoria
e correr coma unha grea
para anunciar a gloria.
Sara Fontán Cacheda 6º A
SENTIR
Soaba un retrouso,
dunha canción da rúa, eu penso.
Con ciumes sinto a túa afouteza,
do teu bailar, miña alteza.
Na grea, corro e sinto,
ser ceibe, e xusto.
E mentres cabalgo moi segura,
vexo un guindastre en forma de grúa.
Moi maxestosa, elegante,
cunha dor a romance!
Yanira García García 6º A
Suscribirse a:
Entradas (Atom)