miércoles, 25 de abril de 2018

Fomos Contacontos De Intercambio Co CEIP Xunqueira 1

O xoves pasado o alumnado de 6º fomos ata o CEIP A  Xunqueira 1 para realizar unha convivencia-intercambio lector.
Cada un de nós, en parella, ou mesmo individualmente tiñamos que ler un conto a nenos e nenas de Infantil.
Para iso, previamente, saímos da escola e fomos pola beira do Lérez.
Camiñando animadamente.
O día axudounos presentándose azul e luminoso.
Ao ir achegándonos xa no fomos poñendo algo nerviosos.
Na Xunqueira xa nos estaban esperando.
Despois de recibirnos, repartíronnos mesturados co alumnado de infantil.
E alá marchamos a buscar un bo lugar para comezar a lectura.
Creo que todos todos estabamos con algo de vergoña pero comezamos a lectura moi animados.
E o público prestounos moita atención.
Daba gusto mirar o patio cheo de persoas miúdas, unhas a ler e outras a escoitar.
 Calquera recuncho era bo!
Cando rematamos os nenos regaláronos uns marcapáxinas, uns pasteis de chocolate e mais un bico.
Todos os nenos despedíronse e nós fomos para clase.
Facía moito calor pero estabamos moi contentos pola experiencia realizada de ser contacontos.
 Mercedes Barragáns Padín e Javier Fernández González 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA LECTURA 

miércoles, 18 de abril de 2018

Visita Ao Salón Do Libro E Mulleres De Conto

Certo dia soleado con vento templado fomos facer unha visita ao Salón do Libro.
Antes de saír da escola nós non sabiamos que non iamos ir sos ata alí.
Resultou que fomos acompañado aos nenos e nenas de 4º de Infantil que ían ao mesmo sitio que nós!
Era unha grande responsabilidade e levámolos collidos das mans.
Cando iamos pola Ponte dos Tirantes era bonito vela toda chea de xente miúda.
Por fin chegamos sans e salvos ao Pazo da Cultura que é onde se celebra O Salón.
Os pequenos entraron primeiro, xa separados de nós.
O primeiro que vimos foron fermosos fíos colgados do teito e a Orbil, a mascota do Salón.
Que non dubidou en poñerse a bailar con nós. 
 Logo de subir por unhas eternas escaleiras sentámonos para asistir a un obradoiro.
Traballamos con plastilina, leds e circuítos para conseguir acendelos.
E a verdade que o conseguimos!
Logo debuxamos, recortamos, pegamos...
Todo con tal de elaborar unhas bonitas postais con luces incluídas!  
E chegou o momento de botar unha ollada a todo o demais que había no Salón do Libro. E o primeiro que atopamos foi o noso traballo!
Estaba rodeado de moitas outras colaboracións doutras escolas e artistas diversos. 
As paredes estaban cheas de motivos literarios ou non arredor das Mulleres de Conto, o lema do Salón este ano.
Tamén fomos a unha sala especializada en México, o país convidado nesta XIX edición do Salón.
A monitora explicounos o significado de todos os obxectos e debuxos alí representados. 
Gustounos saber das 68 linguas faladas en México. Ata lemos textos nalgunhas delas!
Aínda houbo moito máis... Pero seguro que vos gustará coñecelo de primeira man pasando por alí!  
Nós regresamos á escola felices e contentos cun bo recordo, cos tirantes da Ponte como testemuñas.
Lucía Cancela Rodríguez, Breixo Fentanes Gago e Yanira Garcia García 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA VISITA