jueves, 31 de mayo de 2018

Sereas Por Pontevedra

Esta é a historia que argallamos para o Salón do Libro: Sereas Por Pontevedra:
Clicade en cada foto para velas máis grandes. Deixamos o enlace por se queredes descargar as fotos:
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

miércoles, 30 de mayo de 2018

Elaboración Da Portada Para O Salón Do Libro

Este ano tamén participamos no Salón del Libro. A nosa clase encargouse de realizar a portada xeral do traballo conxunto que o cole presentou.
Está dedicada a María Victoria Moreno, figura homenaxeada no día das Letras Galegas este ano. E presenta a súa caricatura e estas palabras tan bonitas.
Os artistas dos debuxos foron Yanira, Ruoxi e Javi.
Os tres dedicáronse con moito afán durante varios días.
A artista das letras foi Sara. Como vedes empregou moita orixinalidade. 
E tamén se encargou das Letras do Título do traballo.
No que tamén traballaron Ruoxi e Brais.
Traballando ás veces conxuntamente.
Así quedou o título cando saiu da nosa clase: Mulleres Que Deixan Pegada.
E este foi o resultado coa aportación do alumnado de Educación Infantil. Chuli, verdade?
Os demais participamos na elaboración do traballo que a nosa aula presentou. Hoxe deixámosvos algunhas imaxes da elaboración. 
Proximamente publicaremos a nosa fantástica creación.
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS