jueves, 21 de junio de 2018

Festival Fin De Curso Xuño 2018

Este mércores día 20 de xuño celebramos o festival fin de curso na escola.
No comezo houbo actuacións do alumnado de Educación Infantil. E xusto despois de 1º tocounos a nosa primeira actuación.
Bailamos ao compás do tema Havana de Camila Cabello.
E a verdade é que quedamos moi satisfeitos co que fixemos enriba do escenario.
A continuación subiu 3º e nada máis rematar a actuación de 2º volvemos nós a pisar as táboas do escenario. Esta vez con Échame la culpa de Luis Fonsi e Demi Lobato.
Os nosos artistas estiveron moi sorrintes durante o seu pase.
E a súa actuación revolucionou ao público asistente.
Aquí vos deixamos o vídeo de Havana.
 
E aquí tedes tamén o de Échame la culpa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario