jueves, 21 de junio de 2018

Sendeirismo Polo Río Almofrei, Muíño Da Bouza E Salgueiral

Un día de mañá cedo chegamos á escola en modo deportivo.
E é que iamos facer unha ruta polo Rio Almofrei.
 Polo camiño o primeiro que atopamos foi A Ponte Das Leiras que se usaba para ter acceso ás leiras e ir ao muíño.
Tamén nos ensinaron o pobo O Salgueiral coas súas casas de pedra.
Parámonos a ver os hórreos e así aprendemos un pouco máis da cultura galega. A verdade é que os hórreos son moi bonitos, o malo é que ao lado había uns cans un pouco pesados.
 A continuación metémonos por unha ruta estreita e  escorregadiza pola que chegamos xa a ver o río Almofrei.
 Gustounos moito ver As Poldras de Portamuíño. Uns pasos de pedra sobre a auga do río que antigamente eran usados para cruzar o río.
Despois seguimos a senda río arriba. E a verdade ás veces parecía que estabamos nunha xungla.
Foi divertido pasar os pequenos desniveis pero con precaución e algunha axudiña.
O río baixaba con caudal ofrecéndonos momentos fantásticos.
Tamén houbo momentos para a merenda.
E tamén para xogos. Nun deles tivemos que andar á busca da chave do muíño.
Dalí a nada chegamos por fin ao muíño!!!
Alí, Eligio, o muiñeiro explicounos o seu funcionamento por dentro. E o monitor o funcionamento por fóra.
 Tamén puidemos debullar o millo á antiga usanza.
Gustounos moito ver como ían caendo os grans pouquiño a pouco.
Logo había que levalos ao muiñeiro para moelos e facer a fariña.
 Miramos tamén como se facía para que a auga non entrase no muiño cando non había nada que moer.
E como estabamos no muíño tamén botamos unha muiñeira! 
Máis tarde camiñamos montaña arriba. Parecía que estabamos a escalar o Everest!
Aínda que en vez de neve tiñamos algúns atrancos no camiño.
 Finalmente regresamos de novo polo Salgueiral.
 E fomos dar a unha antiga escola. Que ben se estaba á sombra desta árbore!
  Alfonso García Carmuega E Javier Fernández González  6º A

2 comentarios: