lunes, 23 de abril de 2012

O Día Do Planeta Terra

Onte dia 22 de Abril celebrouse en todo o mundo o día do planeta Terra.
O día da Terra, é un día que nos convida a axudar ao noso preciado pero enfermo planeta. Ti tés que contaxiarte... Pero da enfermidade da... Ecoloxía e a replantación... ¡¡¡Así poderemos axudar para que as xeracións vindeiras poidan ver un mundo no que queiran vivir!!! Ti, só, fas moito... Vós, sós, facedes cousas mellores... ¡Nós, todos xuntos, faremos un mundo mellor!
Uxía Villanueva  Bermúdez 5º B

O certo é que cada día coidamos menos do noso planeta. Eu, non podo imaxinar un mundo gris, sen árbores ou sen animais. Eu penso que un mundo pefecto é aquel con moitas zonas verdes e onde se pode ser feliz.
Aarón Loira García5º B

Para non gastar tanto papel                             
é mellor usar servilletas de tela
e non as de papel.

Xa é hora de reciclar:
Imos reducir
e reutilizar
para en paz
poder vivir.
Eduardo Lores Baamonde 5º B
Queremos que a Terra
sexa un mundo mellor,
por iso temos que coidala,
como ela nos coida a nós.
Carmen Iglesias Limeres 5º B

A natureza é algo
que necesitamos para vivir,
por iso
non podemos deixala ir
xa que nela queremos
seguir a vivir.
Antón Freire Barcia5º B

O Cross Na Escola

O día vinte e un  de abril no noso colexio Vilaverde  foi organizada unha carreira.
 Participamos bastantes persoas. Da nosa clase, entre as nenas, Almudena quedou de segunda e dos nenos Nicolás quedou de terceiro. Fixeron un gran esforzo e as súas recompensas foron uns trofeos en forma de copa. Dous dos que correron tiveron que ser traídos ata a meta na ambulancia... Iso foi o que lles pasou por exemplo a Dalila e Javier... Segundo eles din, xa non lles quedaba osíxeno nos pulmóns para seguir a respirar... E Tomás chegou tan pálido á meta que case sofre un desmaio... 

Os pais e nais do alumnado tamén puderon participar, e a nai de Tomás quedou de cuarta.
A todos os que participamos na carreira ao final déronnos un bocadillo e unha botella de agua, pero non nos deixaban beber ata que xa tiña pasado un tempo despois da carreira. Iso que algúns estabamos tan sedentos que parecía que chegabamos de unha travesía polo deserto. 
Tamén tivemos que andar un pouco e facer estiramentos, para despoir non ter maniotas ou cambras no día seguinte.
Finalmente todos marchamos para a casa moi contentos cos nosos resultados porque o importante é participar. Todos intentamos gañar e pasámolo moi ben. 

E para o ano que ven invitámosvos a que vós tamén participedes... Veredes que é moi divertido... Aínda que quededes sen osíxeno!
E aquí deixamos unha música para correr:
CLICAR A QUÍ PARA VER O VÍDEO E ESCOITAR A MÚSICA 
Nicolás Regueira Piquenque, Tomás Rodríguez Durán, Almudena Lorenzo Ríos, María Loira Recuna, Javier González Carballo e Dalila García García. 5º B

sábado, 14 de abril de 2012

E Por Fin A Chuva!

Estivemos esperando case todo o inverno, e ata agora ningunha pinga de auga quería caer sobre Pontevedra... E agora de repente... Ponse a chover con ganas...

E aínda que estamos en Galicia, e a chuva non nos gusta moito, recoñecemos que xa facía falta que chovera, se non, iamos quedar na máis absoluta sequía e con restriccións de auga...
Mais este mes é abril... E agora dámonos conta de que o refrán "En abril, augas mil" é totalmente certo.
E como di algunha que outra avoa: "Esta chuva non fai ningún mal"! Mais ben todo o contrario... Non che parece???

E, como non podia ser menos, aí vai unha canción con chuva... Esperemos que a disfrutedes...
Isabel Recarey Benito e Aldara Fernández Fernández 5º B

martes, 10 de abril de 2012

A Carreira Da Aguia De Lume E Da Aguia De Xeo

Como sabedes, este ano o salón do libro trataba sobre... ¡¡¡As supersticións!!!
Nós no colexio fixemos un cómic recopilando todas aquelas  supersticións  das que xa falamos  fai un tempo no blogue.
A  nós gustounos moito traballar no cómic, polo colorido, os debuxos, os detalles, os fondos...
E tomando como base o cómic realizamos un vídeo ao que lle puxemos música, e tamén as nosas voces para contarvos o que pasaba no cómic, coa nosa Aguia De Lume e a súa amiga a Aguia de Xeo cando decidiron botar unha carreira e ver quen gañaba... 
E aquí ímosvos deixar o vídeo para que lle votedes un vistazo.
A nós gustounos moito participar e poñer as voces...
Esperamos que a vós tamén vos guste ver e escoitarnos...
Laura García García, Isabel Recarey Benito e Joel Moreira Fernández   5º B

viernes, 6 de abril de 2012

Fervenzas Do Eume

Fervenzas do Eume
                                                 Rodeadas de maleza                                               
no centro da Natureza,
un segredo se esconde
preservando a súa beleza.
Parecen as bágoas dos bosques
                      que prenderon lume inxustamente                      
por culpa da dureza
que demostramos os homes.

Aldara Fernández Fernández 5º B

E aquí deixamos este "Silencio" de Beethoven e tamén unha bágoa por toda a beleza feita cinzas...

martes, 3 de abril de 2012

Paisaxes De Impresión

O Picoto
Onde vivo hai un monte chamado Picoto, que ten unhas vistas moi fermosas. Alí hai piñeiros, e tamén castaños.
Este Picoto está en Mourente,  A Raseira. Eu ás veces paseo por alí con Chispi, o meu can. Un día, eramos moitos e subimos alí co tractor. Outro dato curioso é que ten unha cova, e nela  hai moitos morcegos.
José Martínez Vilas       5º B

As Arribes Do Douro
En Vilvestre, Salamanca, un verán fun visitar o Parque Natural dos Arribes. Alí hai uns senderos polos que dá gusto camiñar. Ao sair do lonxe hai unha praia de auga doce, e para saír do sendero sáese por unha fervenza.

Enfrente atópase a saída para dar un paseo marítimo, embarcar nun muelle fluvial e navegar ata o Océano Atlántico.

Alí tamén se atopa o 2º Planetario máis grande de Europa. Tamén se produce case a metade da enerxía eléctrica de España.
Está declarado Parque Natural das Arribes do Douro. Dende alí pódese contemplar o bosque de Almez, que é o máis importante de Europa.

 Tamén pódense ver os Castros de pobos ancestrais e os toros bravos na dehesa.

 Esa paisaxe gústame porque non hai case paisaxe artificial, e sí moitas cousas naturais. Ao estar nela síntome como un paxaro libre.
Isabel Recarey Benito 5º B

As Calas De Menorca
 Cando fun a Menorca xa oíra falar das calas, pero non me imaxinaba o que ía atopar. O primeiro día fomos a Cala Galdana. É unha praia con forma de cuncha e rodeada de acantilados.
Cando a vin chamoume a atención a transparencia e a cor da súa auga. Era verde coma as esmeraldas. E non falemos da temperatura: estaba quente coma o caldo, tanto que non saín da auga.
Á tardiña, decidimos ir andando ata a Cala Macarella. Fomos polo monte, por un camiño de terra, entre piñeiros, e deixando o mar á nosa esquerda.
A vista era impresionante. Nunca vira un mar tan azul. Para baixar á cala, tivemos que facelo por unhas escalereiras de madeira, e cando chegamos abaixo, descubrín outro tipo de cala, distinta á primeira.
 Nesta non había hoteis. Era unha cala salvaxe, chea de piñeiros. Pero a auga tiña a mesma cor, e había moitos iates, porque só se chegaba a ela ou en barco ou a pé.
Os seguintes días vin moitas máis calas porqe a illa está rodeada delas. Cada unha máis bonita cá outra. Oxalá volva pronto!!!
Aldara Fernández Fernández 5º B

A Muralla De Lugo
A muralla de Lugo  é tan bonita... Fun vela grazas a unha competición de ximnasia rítmica. Fun coas miñas compañeiras do conxunto e mais a entrenadora.
Ao chegar, pola  noite decidimos ir ver a muralla. Entramos pola Porta Falsa. Cerca atópase a Catedral de Lugo e estaban restaurádoa.
Logo, subimos. e unha nena chamada Alba contounos que medía 2.266 m de circunferencia. O chan era de area, e  había moita xente facendo footing e outro tanto sacando fotos. Recorremos camiñando polas 85 torres. Levounos moito tempo. Ao baixar oímos un montón de xente e... Era porque o Barça tiña gañado A Europa Ligue... Todos os coches pitaban e foi moi divertido. Sacamos moitas fotos. Encantaríame volver a ir... Espero que as competicións nos leven alí!!!
Helena Pascual Tajes 5º B

A Gran Viaxe
Para min, a mellor paisaxe do mundo é o parque Güell, Barcelona. Mentres iamos no coche directos ao lugar, eu estaba moi aburrido porque pensaba que o parque Güell ía ser un parque normal. Pero... Cando chegamos, o meu rostro de aburrimento cambiou totalmente.

No meu interior sentía o meu corazón latexando a cen mil kilómetros por hora. ¡Era xigante!
Tiña toda clase de flores, árbores e plantas. ¡Parecía un bosque! Pero non só tiña vexetación, tamén tiña moitísimos camiños que chegaban a lugares fantásticos como unha praza xigante na que case todas as súas construccións estaban formadas con pequenos anacos de arxila en forma de triángulo, unha especie de sala de dous pisos que se sostiña cunhas columnas e que estaba construída nun lugar altísimo...
Pero a min o que máis me gustou sen dúvida, foron as preciosas vistas da cidade que había dende un monte altísimo colocado detrás da enorme praza. Esas vistas facíanme sentir o rei do mundo!
Joel Moreira Fernández 5º B

A Paisaxe Das Canarias 
Cando cheguei á illa de Tenerife, nas Illas Canarias, a paisaxe deixoume abraiado.

Tiña un clima tropical. Case todas as árbores eran palmeras. E mirando hacia arriba podíase ver o volcán Teide.

 A pesares de estar nunha illa tropical no pico podía avistarse neve.
As praias eran bastante grandes. Pero eu quedábame na piscina do hotel.


Facía moito calor, tanto que pillei un bronceado, e aínda que non se me note moito aínda o teño.

 A verdade, alégrome moito de que vaia volver.
Eduardo Lores Baamonde      5º B

E non esquecemos unha música para escoitar tranquilamente e con sosego:
ESCOITAR AQUÍ: "NANA DE BELLA"