miércoles, 30 de abril de 2014

As Nosas Receitas Con Tomate

PASTEL DE  TOMATE
Ingredientes: (para 6 persoas)
- Unha lámina de masa de follado.
- 4 ovos, sal e un pouco de fariña.           
- 6 tomates pequenos.
- 250 cl de crema de leite para cociñar.
- Queixo relado e herbas aromáticas.
Elaboración:
Estiramos a masa cun rolo e colocámola nun recipiente. Reservámola e acendemos o forno a 200 graos.
Pelamos os tomates, quitamos as pebidas e troceámolos. Botámolos no recipiente.

Batemos os ovos e a crema de leite cunha pisca de sal e cubrimos os tomates coa mestura.

Engadimos as herbas e espallamos o queixo por riba.

Metemos no forno 1 hora.





 Matilda C Rodríguez Carballo 5º B
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA RECEITA

PANINI
Ingredientes:
-2 baguettes ou chapatas.
-200 g de xamón cortado en tiras ( ou calquera embutido).
-1 envase de queixo mozzarella relado.
-1 bote de tomate fritido. 
-Ourego ( opcional)

Elaboración:
1º Cortamos a metade do pan.

2º Untámolo con tomate.

3º Poñémoslle o ourego. A continuación o xamón e o queixo relado.


4º Quentamos o forno a 220 grados arredor de oito ou dez minutos.

Logo poñemos a bandexa do forno cos paninis durante 10 minutos e...

¡LISTO!



Sandra Rodríguez Torres 5ºB
 CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA RECEITA

lunes, 28 de abril de 2014

Os Contacontos de Primeiro

Os nenos de 1º B de Primaria hoxe actuaron de contacontos e obsequiáronnos coa lectura dun conto de "Bob Esponja" e outro chamado "O cruceiro e a pista de deportes" inventado por eles.
Foi unha aventura xenial.
Todos os da clase dividímonos en grupos para asistir á lectura: un grupo foi á biblioteca, outro ao salón de actos e outros á clase de 1º B.
Escoitamos con atención, e despois de ler, fixéronnos varias preguntas para ver se estiveramos atentos á lectura. Unha delas foi: - ¿Que quería ser "Bob Esponja"? E unha compañeira respondeu e dixo que quería ser detective. ¡Foi xenial!
Irea Torres Fontán e Adrián Lagos Piedras  5º B
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA LECTURA 

miércoles, 23 de abril de 2014

¡Aquí hai tomate!

Certo día a nosa profesora Mary Carmen mandounos facer unha receita con tomate. 

A algúns de nós ocorréusenos que ademais de escribir tamén podiamos elaborar a receta e traela á escola para degustar e os demais nos deran a súa opinión.
Así o fixemos... Matilda trouxo umha quiche de tomate, 
Sandra elaborou paninis , con tomate, claro,
e Kedus unha pizza. E seica estaba todo moi bo porque non sobrou nadiña nas bandexas e a todos nos encantou. 
Esperamos que vos gusten as nosas receitas e as fotos que fixemos para mostrarvos a degustación.
Sandra Rodríguez Torres,  Matilda Carlota Rodríguez Carballo e Kedus José Dueñas Ramallo 5º B
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA DEGUSTACIÓN

sábado, 5 de abril de 2014

Acrósticos: Nomes de Poetas E Poetisas

E hoxe deixámosvos algúns dos acrósticos que ideamos con motivo do día da Poesía. O tema era o nome de poetas ou poetisas. A verdade é que nos interesou moito e estes foron os resultados: