miércoles, 29 de mayo de 2013

Unha Viaxe Ao Pasado: Castrolandín

Este venres pasado As Aguias De Lume fomos de excursión a Castrolandín, en Cuntis.
Ao chegar, nada máis baixar do autobús e entrar no recinto foi como se volvéramos 2.000 anos atrás!!!
Alí esperabanos un guía chamado Fran que nos meteu de cheo no mundo dos Castros.
 Así, fíxonos escalar unha montaña moi empinada que resulta que era parte da muralla defensiva do Castro contra os seus inimigos... QUE MEDO!!!
Tamén había un foxo, e  Fran explicounos que o usaban os castrexos para protexerse dos ataques dos outros pobos. Tamén nos dixo que antes o foxo era máis profundo.
Despois explicounos con máis detalle toda a vida no Castro no tempo de antes dos romanos. Había distintos tipos de vivendas con diferentes formas, unhas arredondadas e outras rectangulares.
Era emocionante pensar que alí naquelas lareiras alguén tiña cociñado para a súa familia. Tamén foi interesante ver o petroglifo, que está medio escondido.
Nós pudémolo ver porque  Fran colleu un papel e un carbón e, con moito coidadiño,  fixonos un grabado do petroglifo para traer á escola. Todos saímos de alí cunha visión diferente da vida nos Castros.
E vós animádevos e ide visitar Castrolandín, non o perdades!!!
Sara Mirón Caldas e  Laura García García 6ºB
CLICAR AQUÍ E VER MÁIS FOTOS DA VISITA 
VER AQUÍ MAIS FOTOS DA VISITA 

lunes, 20 de mayo de 2013

Deportividade Ante Todo!

Este fin de semana estivemos varias persoas da clase participando en algún que outro evento deportivo.
Laura na liga galega de Baloncesto conseguindo a victoria nos dous partidos celebrados.
Antón en Kickboxing. Nicolás na liga galega de fútbol.
Helena no campionato Provincial de Ximnasia rítmica, acadando o cuarto lugar por equipos na modalidade de cinta e aro, e tamén o terceiro lugar en individual na modalidade de aro.
E tamén a nosa profe Mary Carmen que participou na XVI Andaina de Allariz, camiñando 50 km en 10 horas, desde as 9 da mñá ata as 7 da tarde.
E seguro que moitos de vós tamén tivestes un fin de semana moi deportivo... A que si?
Helena Pascual Tajes, Nicolás Regueira Piquenque, Laura García García e Antón Freire Barcia 6º B

viernes, 17 de mayo de 2013

Roberto Vidal Bolaño, Maio 2013

E este ano o Día das Letras Galegas está dedicado á figura de un dramaturgo: Roberto Vidal Bolaño
Nado en Santiago en Xullo de 1950, é a figura máis importante do teatro galego do Século XX, tanto pola extensión da súa obra como polo feito de que foi o creador do teatro profesional en Galicia.
Aquí vos deixamos unha serie de fotos dos nosos traballos arredor de Vidal Bolaño, nas que poderedes acadar máis información sobre este autor.
Aldara Fernández Fernández 6º B
CLICAR AQUÍ PARA VER MÁIS INFORMACIÓN

Festa Das Letras Galegas Na Escola

Este mércores 15 de maio foi un día de moito movemento na escola. Primeiramente tivemos a lectura das poesías gañadoras no certame das Letras Galegas, tamén contamos chistes cos que escachamos de risa e despois entregáronse os premios aos 3 gañadores de cada clase.
Nós os de 6º estivemos moi activos, xa que primeiramente tivemos que ocuparnos da parte loxística e acondicionamos o patio de maneira agradable para esta ceremonia e tamén para a actuación que viría a continuación.
Na escola contamos coa presenza do grupo María Fumaça, con Uxía Senlle e Sergio, e unha invitada, a nosa profe de Música, Lola.
Grazas a eles animouse o colexio enteiro, pudemos cantar, bailar. troulear... Fixemos tremer a escola enteira...
Nunca imos esquecer este momento de alegría e diversión, alí, xuntos, todos nós!!!!!

Eduardo Lores Baamonde e Nicolás Regueira Piquenque 6º B
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA FESTA

Caligramas, Poemas Debuxados

Estes últimos días na nosa clase, todos estivemos traballando para ser poetas...
Si, iso, poetas... E a verdade é que compuxemos poemas bastante bonitos.
Hoxe deixámosvos uns caligramas que son poemas debuxados 
Joel Moreira Fernández e Jorge Iglesias Acuña 6º B
Aldara Fernández Fernández
Uxía Villanueva Bermúdez
Nicolás Regueira Piquenque
Isabel Recarey Benito
Aarón Loira García
Antón Freire Barcia
Laura García García
Helena Pascual Tajes
Eduardo Lores Baamonde
Joel Moreira Fernández

viernes, 10 de mayo de 2013

Lume, Poesías e Chistes

Hoxe, pola mañá , ao chegar á escola, antes de irnos a Inglés, entregámoslle as nosas poesías para o Certame das Letras Galegas á nosa profe Mary Carmen. Estabamos moi nerviosos, xa que non sabiamos quen ía gañar. 

Despois, de súpeto, sonou o timbre  moitas veces... Era un sinal para dicirnos que habia un simulacro de evacuación da escola. Nós, moi asustados, baixamos rapidamente ao patio descuberto. Alí xuntámonos todos os cursos, esperando a que viñeran os bombeiros...
Pero resulta que, despois de moito esperar, estes non viñeron, senon que veu Protección Civil... Nós, pensamos que se houbera lume de verdade xa estariamos queimados ata a punta do pelo.
Despois, subimos ás clases e en canto chegamos practicamos as poesías e os chistes.
A continuación, saímos ao noso rellano co outro alumnado de 5º e 6º. Alí, aínda pasamos uns bos momentos contando todas as clases dous chistes e tres poesías.
 Da nosa clase As Águias de Lume que participaron foron Aldara, Antón e Laura coas súas poesías e Eduardo e Sara no apartado dos chistes.
Con algúns chistes partímonos de risa e, algunhas poesías partíronnos o corazón:
Foi un día maravilloso!
Isabel Recarey Benito e Aldara Fernández Fernández 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

viernes, 3 de mayo de 2013

Sesión Teatral Na Escola

Un día estabamos a loitar coas Matemáticas cando a nosa profe Mary Carmen falounos da idea de poder representar unha obra teatral. A nós pareceunos fantástica e todos nos puxemos mans á obra.
Primeiro tivemos que inventar os guións porque queriamos algo diferente e ocorréusenos que podiamos coller como referencia "A Carapuchiña Vermella" e traballar diferentes obras cos personaxes dese conto tradicional.
E depois de ter os guións inventados comezamos a ensaiar para poder actuar diante do resto do alumnado da escola. Ao comezo non o faciamos alá moi ben, e a profe Mary ás veces poñíase histérica porque non faciamos o que ela quería...
E chegou o día da representación... A primeira obra en ser estreada titulábase: "O Rapaz Perdido No Bosque".
Estabamos con bastantes nervos e pensamos en todo o que levabamos traballado, pois tamén construímos o decorado...Con cartón deseñamos a paisaxe do bosque con árbores, nubes, o sol e unha borboleta, tamén a casa dun dos protagonistas e o coche en que se movían os personaxes...
E, claro, non queriamos facelo mal...
E, menos mal que a actuación quedou fantástica.
Cando representamos a segunda obra, "Ana E A Loba", aínda que eramos distintos actores e actrices, xa tiñamos máis experiencia e pasámolo moi ben.
Tivemos momentos con escenas moi estrañas e graciosas, propias de un debut ante o público. Fomos moi aplaudidos. A obra gustoulle moito ao público, que ao rematarmos, comezou a aplaudir e a dicir: "Outra vez", "Outra vez"... 
E, claro, nós, encantados, repetimos a obra para eles outra vez.
E queremos facer unha mención especial a Aarón, unha das Aguias de Lume, que participou colaborando con parte do vestiario para o elenco de actores e actrices.
Uxía Villanueva Bermúdez, Sara Mirón Caldas, Eduardo Lores Baamonde Nicolás Regueira Piquenque, 6º B