viernes, 3 de mayo de 2013

Sesión Teatral Na Escola

Un día estabamos a loitar coas Matemáticas cando a nosa profe Mary Carmen falounos da idea de poder representar unha obra teatral. A nós pareceunos fantástica e todos nos puxemos mans á obra.
Primeiro tivemos que inventar os guións porque queriamos algo diferente e ocorréusenos que podiamos coller como referencia "A Carapuchiña Vermella" e traballar diferentes obras cos personaxes dese conto tradicional.
E depois de ter os guións inventados comezamos a ensaiar para poder actuar diante do resto do alumnado da escola. Ao comezo non o faciamos alá moi ben, e a profe Mary ás veces poñíase histérica porque non faciamos o que ela quería...
E chegou o día da representación... A primeira obra en ser estreada titulábase: "O Rapaz Perdido No Bosque".
Estabamos con bastantes nervos e pensamos en todo o que levabamos traballado, pois tamén construímos o decorado...Con cartón deseñamos a paisaxe do bosque con árbores, nubes, o sol e unha borboleta, tamén a casa dun dos protagonistas e o coche en que se movían os personaxes...
E, claro, non queriamos facelo mal...
E, menos mal que a actuación quedou fantástica.
Cando representamos a segunda obra, "Ana E A Loba", aínda que eramos distintos actores e actrices, xa tiñamos máis experiencia e pasámolo moi ben.
Tivemos momentos con escenas moi estrañas e graciosas, propias de un debut ante o público. Fomos moi aplaudidos. A obra gustoulle moito ao público, que ao rematarmos, comezou a aplaudir e a dicir: "Outra vez", "Outra vez"... 
E, claro, nós, encantados, repetimos a obra para eles outra vez.
E queremos facer unha mención especial a Aarón, unha das Aguias de Lume, que participou colaborando con parte do vestiario para o elenco de actores e actrices.
Uxía Villanueva Bermúdez, Sara Mirón Caldas, Eduardo Lores Baamonde Nicolás Regueira Piquenque, 6º B

5 comentarios:

  1. A verdade e que as obras sairon xeniais. Eu estou moi contenta coa miña atuación, pero non sei como me verian os demais. Tamén gustoume moito a obra de '' O rapaz perdido no bosque '' Grazas Aarón pola tua colaboracion no vestiario!!

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Qué chulas saíron as actuación!!! Eu estou supercontenta de haber feito a miña a obra (O Rapaz Perdido no Bosque), que a verdade saiu xenial e a outra tamén, pero claro despois de estar ensaiando día e noite.

    ResponderEliminar
  3. O que máis me gustou foi actuar!!! As dúas obras saíron xenial!!! :)

    ResponderEliminar
  4. Todas las obras fueron espectaculares, espero hacer otra pronto.
    Ya que Aldara hizo todo el texto(Ana E A Loba).
    También hay que darle su merito con 5 carillas del texto!!!!
    :)

    ResponderEliminar
  5. Todas as fotos saíron moi ben e as obras espectaculares. :)

    ResponderEliminar