As Aguias De Lume os dejamos nuestros deseos
de un ¡Feliz Año 2018! Y con ellos nuestras visiones sobre estas fiestas.
Clicad en cada imagen para que comiencen.
domingo, 31 de diciembre de 2017
sábado, 23 de diciembre de 2017
É Nadal! Feliz Nadal!
É Nadal!
Feliz Nadal!
Todas As Aguias De Lume dicimos con unha soa
voz:
ARRIBA O NADAL!!!
Bótalle felicidade ao 2018!!!
Felicidade e maxia é o que ides ver!
É O DESEXO DE TODO 6º A PARA TODOS VÓS!!!!
Bótalle felicidade ao 2018!!!
Felicidade e maxia é o que ides ver!
E moitos soños ides ter!
Porque neste ano, cun sorriso, todo pode
acontecer! É O DESEXO DE TODO 6º A PARA TODOS VÓS!!!!
viernes, 22 de diciembre de 2017
Xa Está Aquí O Nadal!
E xa está aquí O Nadal!
E na escola tamén o celebramos! Deixámosvos unhas pinceladas de toda a arte
espallada nestes días!
Os corredores engalanáronse coas mellores
galas preparadas por todas as aulas.
Non faltaban o pinos decorados con bonecos de
neve, estrelas, botas...
Ou con boliñas de papel!
E ademais habíaos de todos os tamaños, grandes, medianos
e tamén en miniatura!
Así estaba a nosa porta.
E mirade que ben, ésta de Educación Infantil.
Porque os máis peques tamén puxeron o seu gran
de area.
Con profusión de elementos típicos destas
datas.
Así o viron na aula de relixión.
E así en inglés.
Tamén houbo lugar para as postais que
elaboramos para o proxecto e-twinning!
E non podía faltar a visita de Papá Noel!
Tróuxonos doces e moita ilusión!
Saudaba e daba moitas apertas a pequenos e non tanto!
Gustounos moito recibilo na nosa aula!
Tamén nos viñeron visitar alumnos de anos
anteriores que non se esquecen do noso cole!
Non nos esquecemos dos debuxos que ideamos
arredor do Nadal.
Co mal encarado amo da pousada.
Os pastores e a estrela.
E outros variados personaxes.
É Nadal, Bo Nadal!
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO NADALjueves, 21 de diciembre de 2017
Audio Recitando Panxoliñas
Hoxe deixámosvos o audio recitando as panxoliñas que
preparamos na clase. Comezamos co “Nadal De Luintra” e terminamos con
adaptacións de “Tan pequeniño como unha noz” e un canto de berce.
miércoles, 13 de diciembre de 2017
Debut eTwinning Con Panxoliñas
Onte 12 de decembro nós, a clase de 6º A, e
outras da nosa escola, debutamos diante das cámaras.
E fixémolo fronte a nenos e nenas de varios
países de Europa grazas ao proxecto eTwinning.
Ao comezo tivemos que esperar un pouco por mor
das conexións.
Despois houbo actuacións musicais...
E presentacións de tarxetas de Nadal.
Nós recitamos e cantamos unhas panxoliñas.
E tamén saudamos aos rapaces de toda Europa en portugués e en chinés!
Non ensaiamos moito pero aínda así conseguimos un resultado
moi bo, por non dicir o mellor!
Se fora por nós repetiamos todos os días!
Breixo
Fentanes Gago e José Abollado Bugallo 6º ACLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO DEBUT
sábado, 2 de diciembre de 2017
Na Busca De Cogomelos
O outro día fomos buscar cogomelos.
Pero antes diso tivemos unha charla onde nos
informaron sobre as diferentes clases de fungos e cogomelos.
Así puidemos saber cales eran comestibles e
cales non. Tamén cales eran tóxicas ou non.
Tamén coñecemos algunhas das súas propiedades
como se son picantes, correosas, tóxicas antes de cociñalas ou mesmo mortais.
Logo fomos á parte práctica e a que máis nos
gustou: ir buscar os cogomelos!
Saímos da escola cara á Ponte dos Tirantes.
Mesmo fronte ao Pazo da Cultura xa nos puxemos
a investigar pero aínda non atopamos nada.
O noso Río Lérez era un espello onde se
reflexaba a nosa cidade.
As árbores do paseo ofrecíannos unha variada
paleta de cores.
De repente unha voz alertaba da presenza dun
cogomelo! Era un Peido de Lobo!
Xa cun sorriso nos beizos continuamos cara á Illa das Esculturas.
A pasarela peatonal atopábase baleira de
xente.
Nesta zona comezamos a ver máis especies de
cogomelos.
Nós tiñamos a axuda de Amancio, da Asociación
Brincabois quen tamén foi quen nos dou a charla.
El ía preparadísimo para iso de buscar
cogomelos cun bastón para apartar as follas, unha navalla para retiralos sen
romperlles nada...
E unha cesta para ir gardando a colleita.
Estaba un día fermoso e iso notábase na
paisaxe.
Pero nós seguíamos coa nosa aventura na busca
dos cogomelos.
Cruzamos unha das pasarelas de madeira que hai na Illa.
E aínda atopamos algúns bastante interesantes.
Amancio explicábanos todo sobre eles con
moita paciencia.
E nós escoitabamos con moita atención!
Sabiades que para ver que clase de cogomelo
é tamén hai que cheiralo?
Mirade que bonitos estaban estes todos
xuntiños!
Algunhas especies eran coloradas aínda que non medraran
moito por falta de auga!
Había algúns que tiñan vermes e todo!
Ata atopamos a Amanita Faloides! A mortal!!!
E resulta que non é vermella! É branca cuns
tons verdosos case fluorescentes!
Total que foi unha boa colleita e marchamos
moi contentos para o cole!
Uns patos descansaban na beira do río.
E nós de camiño á escola seguiamos coa
recolleita!
Breixo Fentanes Gago e Irene Torres González
6º A
Suscribirse a:
Entradas (Atom)