miércoles, 24 de abril de 2013

Un Cross Feroz

Unha mañá de sábado moi calorosa e todos moi nerviosos, chegamos á escola coa intención de participar na carreira.
E é que ese día, 20 de abril celebrabamos o Cross Escolar na nosa escola.
Todos os participantes que competían gañaban unha medalla, excepto os tres primeiros que conseguían un trofeo. Por se acaso un caía trouxeron unha ambulancia que os acompañaba durante toda a carreira, sobre todo aos de 5º e 6º. Tamén trouxeron a policía para cortar o tráfico.
Nós, Laura e Nico, recibimos un trofeo: Laura quedou primeira na súa categoría, sentíase moi relaxada e contenta, e ao chegar á meta, levaba tanta vantaxe que ela incluso pensou en chegar camiñando, xa que a segunda clasificada aínda non se vía...
Nico quedou terceiro despois de facer un adiantamento mesmo na recta final, iso que correu despois de ter ido xogar un partido de fútbol case enteiro co seu equipo o Marcón Atlético. E non quedou segundo por un pelo. e era que xa non lle quedaban máis forzas para dar.
Quedamos os dous moi contentos!!! E aquí nos tedes cos trofeos que gañamos!!!
Laura García García e Nicolás Regueira Piquenque 6º B

martes, 9 de abril de 2013

As Nosas Lendas Galegas

E despois deste pequeno descanso aquí estamos de novo A Aguias De Lume!!! Hoxe deixámosvos unha mostra das moitas lendas que podemos escoitar en calquera aldea da Nosa Galicia.
 Ola, eu son Aldara e isto é o que vos quero contar sobre As lendas Galegas: Clicade na moura para ve-la presentación.
 Aldara Fernández Fernández 6ºB
 Chámome Joel e preséntovos a Lenda Da Loba Branca. Xa sabedes, tedes que clicar na loba para ver a presentación.
Joel Moreira Fernández 6º B
 Ola, eu son Sandra e gustoume a lenda A Meiga Chuchona, que podedes ver se facedes clic na meiga.
Sandra Quiroga Fortes 6ºB
Chámome Sara e déixovos a lenda Os Lobos Do Cruceiro da Gándara, que veredes se clicades na foto.
Sara Mirón Caldas 6ºB
 Ola, son Dalila e a lenda que vos presento, O Mouro De Mourente, podedes vela despois de clicar no mouro.
Dalila García García 6ºB
Chámome Laura e Gustoume a lenda O Monstro Da Lagoa Do Castelo. Se clicades no dragón podedes vela.
Laura García García 6º B
Ola, Eu son Isabel e tamén vos deixo a Lenda da Loba Branca, que como sabedes, está a un clic na foto.
Isabel Recarey Benito 6º B