sábado, 28 de mayo de 2016

Prazas De Pontevedra, A Boa Vila

Hoxe deixámosvos unhas tarefas sobre algunhas das prazas de Pontevedra, a Boa Vila que dá de beber a quen pasa. Xa sabedes: Clicade en cada foto e xa comezan as presentacións.

miércoles, 11 de mayo de 2016

Os mellores Cociñeiros E Cociñeiras Da Escola

Xa nos vistes en acción na cociña como cociñeiros e cociñeiras.
E todos pensamos que sería boa idea traer á clase a proba de todo o bo que tiñamos preparado.
E facer unha boa degustación.
Así, un día, sen avisar, nin imaxinar, Angélica e Nardos entraron pola porta da nosa aula cunha torta de ananás que prepararan tamén con Sabela...
Á seguinte semana empezaron a vir máis persoas cuns doces moi bos non, o seguinte...!!!
Viñan doces con chocolate...
Sen chocolate...
Cremosas filloas...
Todo o que podedes encontrar nunha pastelería.
Agora pensamos que nos enchemos de doces ata rebentar...
Pero diso non nos arrepentimos...
E non vos podemos mentir: todos os postres estaban de 10!!!
Estamos todos esperando repetir! Ummm!!!
Nardos Dueñas Ramallo e Ariadna Montouto Mesías 5º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DOS POSTRES 

jueves, 5 de mayo de 2016

Pontevedra, Soños E Poemas

A Miña Cidade
Pontevedra é unha cidade
onde todos voan,
onde todos soñan.          
Pontevedra é unha cidade
onde hai pequenas prazas,
que non podes parar de abrazalas,
con moitas gañas.

Vexo brisas
con sorrisos e risas.
Tamén vexo ondas camiñando
e falando de turistas que virán.

Paxariños piadores
cantando pola mañá.
Amelia García García 5º A
 


O Merlo Bailarín
O vento cantaba
entre as polas do piñeiro           
e o merlo bailaba
ao compás do seu cancioneiro.

Cando o vento cansou
o merlo foise á súa casa
e ao chegar atopou
a brisa que á porta chamaba.

¿Que queres amiga miña?
¿Que ves buscar?

A tí, amigo meu,
que contigo teño que bailar!
Sabela Lorenzo Figueroa 5ºA                             

Unha cidade de pedra
Nunha cidade onde
todos somos iguais,                             
todos seriamos doutores,
ou profesores.

Pero na miña cidade
non é así.
Algúns son avogados,                 outros policías
e outros médicos.

Pontevedra 
é unha gran cidade 
onde murmura a pedra,
e na escola os nenos
disfrutan sen consola.
                                                                                             Nas prazas onde antes
estaban os ferreiros                                      
agora están cheas de bares
con letreiros.
Angélica Badás Cimadevila 5º A
                                                                   
Amigos na cociña                                                         
Ao entrar na cociña
comezo a notar                                                
dos fogóns a morriña
e empezo a cociñar.
 

Vou preparar
a masa da empanada,
que unha vez amasada
dame bicos sen parar.

Despois fago o recheo
que baila nunha tixola
movendo a bata de cola
pensando que está no ceo.

Xunto o recheo e a masa
e, moi contentos, 
os dous xuntiños
van para o forno, 
a súa casa,
e dormen felices 
coma meniños.
Noelia Blanco Obelleiro 5º A

Pontevedra, Cidade Da Amizade
Pontevedra chea de turistas,
que non paran 
de pagar,                        
por unha velada máxica,
que aquí si que hai!

Tamén hai moitas pontes,
e a zona monumental,
con museos que si hai,
con museos que si que hai!
Po iso sempre poderás atopar
boas visitas e moitos sorrisos
que diso si que hai!
Nardos Dueñas Ramallo 5º A
     
O meu verán
Unha leda tarde de verán
o sol brillaba entre sorrisos,                                                                         
e os cariñosos canciños 
comían da miña man.
Marabilloso verán!
Marabilloso verán!           



Pola noite as estrelas 
rían a gargalladas
porque o vento lles falaba.
As aves da noite escoitaban abraiadas.
Marabilloso verán! 
Marabilloso verán!
Brais García Alonso 5º A

  
A Miña Cidade: Pontevedra
A miña cidade,
o meu amor,
séntese no meu corazón.

A miña cidade resplandece,
cando as súas rúas,           
énchense de xente.

Os nenos corren entre as pombas,
e, mentras,eu salto á corda.

Da fonte sae auga,
que aos nenos de pedra, espanta.

O reloxo da Peregrina 
marca as dez,
 
e, mentres, eu vexo do ceo
as gotas caer.

A estrela do entroido                 
é O Rabachol 
polas súas plumas de cor.

Na praza de toros,
asómbranse todos.

En Pontevedra,
a noite é bela!
Lucía Barreiro Lema 5º A

 
Unha árbore solitaria
A árbore acaricia
os paxariños con ledicia
cun cariñoso movemento
regalado polo vento.

Chegou o triste inverno,
os paxariños faladores marcharon.                                          
E a árbore espida, chora,
porque eles soa a deixaron.
Angélica Badás Cimadevila 5º A

Pontevedra
Se visitas Pontevedra
vaste quedar de pedra.
Ten prazas, ten ría
e destaca a Ferrería.

Cando vas por Pontevedra
alégraste de vivir nela.
Podes pasear tranquila
e visitar a Ferrería.                          
          Noelia Blanco Obelleiro 5º A 



Unha Mochila Excelente
A miña mochila onte avisoume,
de que tiña que levala,
cunha botella de auga.

A miña mochila sempre 
me acompaña,
alá a onde vaia.

A miña mochila é moi lista,
pois leva dentro,                                                  
todo o que o meu saber necesita.
Lucía Barreiro Lema 5º A