Pontevedra é unha cidade
onde todos voan,
onde todos soñan.
Pontevedra é unha
cidade
onde hai pequenas
prazas,
que non podes
parar de abrazalas,
con moitas gañas.
Vexo brisas
con sorrisos e risas.
Tamén vexo ondas camiñando
e falando de turistas que virán.
Paxariños
piadores
cantando pola
mañá.
Amelia García García 5º AO Merlo Bailarín
O vento cantaba
entre as polas do
piñeiro
e o merlo bailaba
ao compás do seu
cancioneiro.
Cando o vento
cansou
o merlo foise á
súa casa
e ao chegar
atopou
a brisa que á
porta chamaba.
¿Que queres amiga
miña?
¿Que ves
buscar?
A tí, amigo meu,
que contigo teño
que bailar!
Sabela Lorenzo
Figueroa 5ºA
Unha cidade de
pedra
todos somos iguais,
todos seriamos
doutores,
ou profesores.
Pero na miña
cidade
non é así.Algúns son avogados, outros policías
e outros médicos.
Pontevedra
é unha gran cidade
é unha gran cidade
onde
murmura a pedra,
e na escola os
nenos
disfrutan sen
consola.
Nas prazas onde antes
con letreiros.
Angélica Badás
Cimadevila 5º A
Amigos na cociña
Ao entrar na
cociña
comezo a notar
dos fogóns a
morriña
e empezo a
cociñar.
a masa da
empanada,
que unha vez amasada
dame bicos sen
parar.
Despois fago o
recheo
que baila nunha
tixola
movendo a bata de
cola
pensando que está
no ceo.
Xunto o recheo e
a masa
e, moi contentos,
os
dous xuntiños
van para o forno,
a súa casa,
e dormen felices
coma meniños.
Noelia Blanco
Obelleiro 5º A
Pontevedra chea
de turistas,
que non paran
de
pagar,
por unha velada
máxica,
que aquí si que hai!
Tamén hai moitas pontes,
e a zona
monumental,
con museos que si
hai,
con museos que si que hai!
Po iso sempre poderás
atopar
boas visitas e moitos sorrisos
que
diso si que hai!
Nardos Dueñas
Ramallo 5º A
O meu verán
o sol brillaba entre
sorrisos,
e os cariñosos canciños
comían da miña man.
Marabilloso verán!
Marabilloso verán!
Pola noite as estrelas
rían a gargalladas
porque o vento lles falaba.
As aves da noite escoitaban abraiadas.
Marabilloso verán!
Marabilloso verán!
Brais García Alonso 5º A
A Miña Cidade: Pontevedra
A miña cidade,
o meu amor,
séntese no meu corazón.
A miña cidade resplandece,
cando as súas rúas,
énchense de xente.
Os nenos corren entre as pombas,
e, mentras,eu salto á corda.
Da fonte sae auga,
que aos nenos de pedra, espanta.
O reloxo da Peregrina
e, mentres, eu vexo do ceo
as gotas caer.
A estrela do entroido
é O Rabachol
polas súas plumas de cor.
Na praza de toros,
asómbranse todos.
En Pontevedra,
a noite é bela!
Lucía Barreiro Lema 5º A
A árbore acaricia
os paxariños con
ledicia
cun cariñoso
movemento
regalado polo
vento.
Chegou o triste
inverno,
os paxariños
faladores marcharon.
E a árbore espida,
chora,
porque eles soa a deixaron.
Angélica Badás
Cimadevila 5º A
Pontevedra
Se visitas Pontevedra
vaste quedar de pedra.
e destaca a Ferrería.
Cando vas por Pontevedra
alégraste de vivir nela.
Podes pasear tranquila
e visitar a Ferrería.
Noelia Blanco Obelleiro 5º A
Noelia Blanco Obelleiro 5º A
Unha Mochila Excelente
A miña mochila onte avisoume,
de que tiña que levala,
cunha botella de auga.
alá a onde vaia.
A miña mochila é moi lista,
pois leva dentro,
todo o que o meu saber necesita.
Lucía Barreiro Lema 5º A
Que bonita e a poesía, e ista mais!!!
ResponderEliminarTodas son moi pero que moi bonitas.
ResponderEliminarSon todos los poemas muy bonitos. ¡Me encantan!
ResponderEliminarMoi bonitos encantoume
ResponderEliminarEl que más me gusta es el de Brais García Alonso.
ResponderEliminarQue bonitas son as poesias gustanme as de Lucía Barreiro
ResponderEliminarPero todas son moi bonitas