O venres
día 22 de abril de 2016 fomos de paseo cuns invitados moi especiais: os peques da nosa escola.
Saímos camiñando do patio da escola. Cada un de nós levaba da man a un ou dous dos nenos e nenas.
Polo camiño iamos contando anécdotas e
experiencias...
É primavera e nas árbores das prazas xa están a agromar as follas.
Estabamos moi contentos de estar en contacto cos peques da escola que camiñaban relaxados e tranquilos pola nosa man.
Ao pasar diante do mercado as persoas que por
alí estaban mirábannos curiosos e sorrían ao ver tanta rapazada xunta.
Tamén pasamos por diante dos restos da nosa
historia destacando o miliario romano.
E así fomos chegando ata a Praza do Peirao.
Alí organizámonos por grupos para contarlles aos
nenos e nenas de 5 anos a historia desta
praza.
Xa facía uns poucos días que levabamos
traballando sobre ela e estivemos ensaiando a presentación na clase coa nosa
profe Mary Carmen.
E faciámolo botándolle moito teatro e lento para que todos se enterasen moi ben.
Primeiro comezamos cun pouco de historia de
Pontevedra e falamos da lenda do heroe Teucro que chegou de Troia para fundar a
nosa cidade.
Tamén de como alí no que agora é a praza, antes
había un peirao moi importante, por iso a praza se chama así.
E por alí viviu un marino e poeta, Paio Gómez Charino, que foi moi importante na corte dos reis de Castela.
E resulta que por alí tamén chegou un día o
gran navegante Cristóbal Colón para
tratar da construción dunha carabela para chegar ata As Indias por un camiño
máis curto. E todo iso alí, na praza do peirao.
Os nenos poñían cara de emoción e de intriga
coa historia do pirata Benito Soto que tamén por alí andou e seica tamén
enterrou o seu tesouro.
Na praza para contar todo isto primeiro
estabamos en grupiños sentados na praza. e a verdade é que todos estaban moi atentos.
E ao final paseamos tranquilamente mirando
detidamente a fonte coa figuriña da fama no seu cume.
E miramos o noso reflexo nas augas da fonte.
O monumento á carabela de Cristóbal Colón...
Estabamos todos moi contentos.
E respirabamos o aire perfumado co azahar das laranxeiras da praza.
Por último, como lembranza da visita, entregámoslle unhas bonitas postais de flores
que preparamos na clase con moito cariño.
E xa tocou volver de novo para á escola, E continuamos a conversar con eles, saber as súas opinións, a rir moito...
Foi unha experiencia máxica!!!
Oh que bonitooo, o pasamos xenial e os nenos foron moi bós ao regalarnos hoxe eses debuxos tan bonitoss,todos temos moitas ganas de repetir...
ResponderEliminarMe encanto estar con los niños y niñas tambien melopase jenial quiero que se repita.
ResponderEliminarEsa saída foi a mellor por que estou con nenos pequenos, E¡Encantame os nenos pequenos!!!!!!
ResponderEliminarE estou de acordo con Lucía os nenos foron moi bós, e tamén con Nardos quero que se repita outra vez pero noutara praza.
Encantoume estar cos nenos pequenos pero o mellor foi a sua sorpresa cando lles dimos as flores
ResponderEliminar