Coñecín ao meu irmán no aeroporto de Peinador
,Vigo.
Cando baixei do avión estaba moita xente esperándome
pero cando subín a cabeza había unha persoa que se acercou a min, era o meu
irmán!
El estaba cargando cun globo e un osiño de
peluche. Eu non paraba de chorar e por pouco inundo o aeroporto coas miñas bágoas.
Encantáronme todos os agasallos que me
ofreceron!
Sentinme moi querida e parte dunha nova
familia!
Cando
cheguei á casa nos brazos da miña nai, había máis xente agardándome con
moitos máis agasallos. Tíñanme preparada unha cea especial pero eu só quería
xogar co meu irmán.
Despois eu aprendía moitas cousas pero había
unhas cousas que non aprendía e unha delas era o nome do meu irmán. El chámase
Kedus pero eu dicía “Edu” e Kedus todo
enfadado gritábame:
- Es ¡¡¡kedus, no me llamo Edu!!!
Mais quero dicir que agora que sei dicir ben como
se chama Kedus aínda que ás veces nos
pelexamos, eu sei que el quéreme moito.
Aínda hoxe, Kedus continúa a tratarme como se eu
fora unha nena de 5 anos e eu quéroo moito!
Nardos Dueñas Ramallo 5º A
As Miñas Clases De Pintura
Os venres pola tarde, despois da academia de
inglés vou ás miñas clases de pintura.
As miñas clases de pintura son xeniais, están
nunha pequena aula, alí hai sempre cadros sen terminar, mesas e caixóns onde
gardamos os cadros.
Tamén hai unhas mesas onde empezamos os
debuxos a lapis e os rematamos a pinceis e tamén cabaletes onde se poñen os
cadros de lenzo.
O que máis me gusta é o compañeirismo que hai.
O que máis me gusta é o compañeirismo que hai.
Sempre que vou ríome moito, de todas as bromas
e chistes que contan.
Cada venres que vou síntome coma se fora capaz
de todo, e coa axuda da miña mestra Cristina mellor aínda.
Encántanme as miñas clases de pintura!
Ariadna
5º A
O Meu Primeiro Campionato De España
Un día de maio de 2015, do cal non me lembro, asistín
ao meu primeiro campionato de España de ximnasia artística, acrobática.
Levanteime ás sete da mañá súper cansada xa
que durmín fatal do nerviosa que estaba. Puxen o chándal de competición e
montei no coche.
Ao chegar dirixinme a peitearme tremendo. Máis
tarde estaba impresionada coa xente que ía a competir contra min. Estivemos dúas
horas quentando e repasando a coreografía ata que.... a miña entrenadora nos
dixo:
-Quitade os pantalóns que vos toca agora!
E de súpeto escoitei:
-Actúan: Lucía Barreiro, Cecilia e Xeila, que
eran as miñas compañeiras.
Os ánimos das miñas compañeiras déronme forza
para continuar, sentíame coma unha xigante cando gritaban o meu nome e o das miñas
compañeiras, e os nervios, fóronse de golpe.
Cando rematamos déronnos unha bolsa con comida
e cousas moi bonitas.
Quedamos quintas!!! Foi unha experiencia única!
Lucía Barreiro Lema 5º A
A Primeira Vez Que Vin A Neve
O ano pasado o meu pai foi traballar a Andorra
e o ultimo mes que el estivo alí a miña nai, o meu irmán e mais eu fomos visitalo.
Saímos de Vigo a Barcelona en tren ¡unha
eternidade! Eran 12 horas en tren, un tren moi grande que tiña unha cafetería.
¡Incluso poñían películas!
Despois chegou a nosa parada e alí estaba o
meu pai quen os levou a Canillo que era onde viviu durante o Nadal.
Canillo era moi pequeno, por iso aínda lembro
moitas rúas.
Tamén nos levou ao Palacio de Xeo e á capital
de Andorra.
Outro día o meu pai levounos ao alto das
montañas. Alí facía moito frío e a neve estaba por todo a estrada como as nubes
no ceo azul.
Ás veces entraba no coche e miraba todo con un
filtro verde.
Uns días despois voltamos a Pontevedra logo de
pasar por media España, sentíame moi triste.
Gustábame Andorra pero non hai nada mellor que
Pontevedra.
Lucía Sánchez Guerra 5ºA
Cando A Miña Irmá Naceu
Cando ía nacer a miña irmá eu mais o meu irmán
estabamos suando e non podiamos parar de movernos.
Oiamos gritar a miña nai e iso a min e ao meu
irmán non nos gustaba.
Cando o parto da miña nai finalizou a doutora
díxonos:
- Podedes entrar! Eu, co meu irmán e o meu pai, entramos na sala.
A miña nai estaba coa miña irmá no colo.
E a miña nai presentoume a miña irmá e díxome que
se chamaba Yanira.
E ese foi o momento e o mellor día da miña
vida.
E aínda que ás veces pelexemos, non está nada
mal que a miña irmá fora o primeiro bebé que eu tiña visto na miña vida.
O que sei moi ben é que nunca esquecerei os
seus ollos de carbón!
Amelia García García 5ºA :-)
oh que bonitas todas as experiencias e profe, encantame o gif que me puseches parezco eu do que teño o pelo moreno, jjjjj moi bonitas algunha coma a de Nardos case me fai chorar.
ResponderEliminarMoitas grzas Lucia a tua encantoume e mestra moitas grazas por ese gif tan bonito encamtoume todas.
EliminarDe nada Nardos e o mesmo che digo mestra grazas por ese gif que me ven tan a corde coa historia!!
Eliminar