miércoles, 23 de diciembre de 2015

Inverno: Tempo De Maxia E Nadal

E hoxe, As Aguias de Lume, estamos aquí de novo para desexarvos boas festas e toda a felicidade do Mundo!
CLICADE EN CADA FOTOGRAFÍA PARA VER DIFERENTES PRESENTACIÓNS DO INVERNO E DO NADAL

sábado, 19 de diciembre de 2015

Palabras De Nadal De 5º A Para O Mundo

E aquí vos deixamos as palabras de 5º A, As Aguias de Lume, cos nosos desexos para todos vós neste Nadal 2015!



O Nadal acende un sorriso!
Acende a luz dos teus ollos!
Acende felicidade!

Que Papá Noel traia agasallos cheos de fantasía para soñar!
Que o ano que está por vir estea cheo de amor e saúde.
Feliz Nadal porque hai que disfrutar e ter sempre un sorriso na cara.                
Noelia Blanco Obelleiro

O Nadal, época de amizade!
Vanse algunhas pombas
E chegan outras de paz,
Que se apoian nos abetos de Nadal!
Chea de neve, 
feita de felicidade!                        

Bonecos todos brancos
Alóngaselles o nariz
E pónselles laranxa

Os agasallos dos nenos
Non son xoguetes...
É diñeiro!
Pero non para eles:
Para a xente que nada ten!    
Brais García Mejuto
 
O Nadal está a chegar!
É un tempo para non pelexar!
O Nadal ven con moita felicidade 
e moita graza!
Todos temos que rir e levarnos ben!
Todos a disfrutar,
A pasalo ben e con moita ledicia!
Kike Jiménez Alonso
 
O Nadal é un tempo
Un tempo de felicidade,
Un tempo do que agroma
A máis forte irmandade!

O Nadal é un tempo
Un tempo de familia,
Un tempo de prosperidade!
XermánGonzález Rivas
 


Benvido Nadal que moita felicidade nos traes e tamén moitos agasallos cheos de ilusión e... amor, moito amor e felicidade!
Que todos os nenos e nenas disfrutemos deste Nadal como moitos que virán!
Lucía Barreiro Lema 
                                                



O Nadal xa ven cheo de felicidade
Con moitos agasallos cheos de amor!
Reúnete coa familia
Nunha cea moi especial!
 É así o meu Nadal:                             
As rúas énchense de ledicia
Cando no 25 de decembro
Chega Papá Noel
Esparexendo pós máxicos
Que se converten en 
árbores de chocolate
E as flores en galletas.....
Adrián Fernández Fraguas

Bo Nadal!
Cheo de felicidade!
Que haxa moitos agasallos cheos de sorrisos,
De boas festas para todos!
Pero estar coa familia é o mellor agasallo de todos!
Vicente Martí Pesqueira

O Nadal é moi bonito!
Unha ledicia para a familia
Un desexo de sorrisos!

Cando cae a neve,
E todo se volve branco
Cando en Noiteboa estás ledo e feliz!

Cando soan as badaladas
E celebras o feliz Ano Novo
Cos teus familiares.

Deséxoche un Bo Nadal!
E un Bo Ano Novo!
Lucía Sánchez  Guerra
 

O Nadal xa chega cheo de felicidade!
Con sorrisos e mais agasallos de amor e solidariedade!
En familia pasámolo xenial
Todo é sorrisos por alí e por alá!
Feliz Nadal
Nardos Dueñas Ramallo
  

 
O Nadal, as follas no chan
Cheas de felicidade
E os sorrisos polo aire
Sempre estarán!
Brais García Alonso
 



 
  

 








Non te rendas nunca!
Continúa coas túas ideas xeniais!
No Nadal poden facerse todas
Realidade!
O Nadal é para disfrutar,
Lémbrao sempre!
Feliz Nadal!
Angélica Badás Cimadevila 



Chega O Nadal!
Que felicidade!
Que nos traia harmonía e prosperidade!
Que en cada unha das casas do mundo
Haxa ilusión
E verdadeira emoción.

É tempo de compartir uns cos outros
E axudarnos e conseguir
Que  acabe a violencia                         
E que comece o Amor!
Juan José Laverde Villa



 
Bo Nadal a todo o mundo!
Ven onda nós e axúdanos 
a que o mundo teña felicidade e amor!

Que os nenos teñan agasallos 
de felicidade no Nadal!
Amelia García García
                  

lunes, 7 de diciembre de 2015

En Culturgal Coñecemos Os FORMIG4S

Ola! Somos Nardos e Juan  José e queremos comentarvos como coñecemo OS FORMIG4S na nosa saída cultural do día 4 de decembro.
Nese día, sobre as 11,30 h. saímos da escola en dirección á Ponte dos Tirantes.
Estaba bo día e o Río Lérez amosaba unha superficie lisa e tranquila na que un piragüista remaba relaxadamente.
 Desde a ponte xa se vía o noso destino: O Pazo de Congresos.
Alí, no Pazo, era onde se estaba a celebrar Culturgal, a feira das industrias culturais.
E foi alí onde coñecemos a FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.
Hai tres libros no mercado nos que as súas aventuras suceden en diferentes lugares como París, Barcelona ou Nova Iorque. E estade atentos porque próximamente saen as súas fazañas en Toquio!
Foi unha saída moi interesante porque coñecemos ao aoutor dos libros PeRE ToBaruela e ao ilustrador AndRés mEixide.
Por alí andaban tamén os das noticias, as marionetas dos Bolechas, ... Regaláronnos caramelos e imáns para a nevera e tomáronos unhas fotos posando como top models...
Pasámolo moi ben e despois regresamos tranquilamente outra vez pola Ponte dos Tirantes ata a escola.
Nardos Dueñas Ramallo e Juan José Laverde 5º A
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS  

domingo, 6 de diciembre de 2015

Visitando O Ártico

Que tal? Somos Lucía e Amelia e imos contarvos a visita que fixemos o xoves día 3.
Saímos da escola ás 12:30 h, todos contentos porque nos gusta de vez en cando non ter que estar sempre na clase alí sentados.
Polo camiño fixámonos nas bonitas cores que as árbores nos presentan este outono.
Pasamos polos arredores da Praza de Abastos e encontramos esta mulleriña dando de comer ás galiñas:
Asombramos a Valle Inclán vendo pasar tantos rapaces e rapazas pola súa beira.
E atravesamos por debaixo da casa do Arco.
E así, camiñando, chegamos ata o centro de Pontevedra. Na Praza de España esperábanos unha gran carpa que acollía a exposición "O Ártico Rompe".
Xa no interior recibiunos unha moza moi simpática chamada Ana, que nos guiou e acompañou ata o final da exposición.
En primeiro lugar amosounos nunhas pantallas imaxes de animais do Ártico, focas, osos polares, o raposo do Ártico, ...
Unha curiosidade que aprendemos dos osos polares é que non son brancos, non, son negros! E o seu pelo tampouco é branco senon transparente! A todos nos colleu de sorpresa e pareceunos alucinante!
Gustounos moito a exposición. Podías ver, escoitar e tamén podías tocar. Por exemplo estivemos tocando unhas placas de diferentes cores, a branca era a máis fría, e a negra a máis quente, e outras máis cousas...
A nós encantounos ver as auroras boreais, son preciosas!!! E tamén coñecer algo da vida das persoas que habitan naquel territorio. Foi unha actividade moi interesante!!!
Amelia García García e Lucía Barreiro Lema 5ºA
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA VISITA