Ola! Somos Nardos e
Juan José e queremos comentarvos como coñecemo OS FORMIG4S na nosa saída cultural do día 4 de decembro.
Nese día, sobre as 11,30 h. saímos da escola en dirección á Ponte dos Tirantes.
Estaba bo día e o Río Lérez amosaba unha superficie lisa e tranquila na que un piragüista remaba relaxadamente.
Desde a ponte xa se vía o noso destino: O Pazo de Congresos.
Alí, no Pazo, era onde se estaba a celebrar Culturgal, a feira das industrias culturais.
E foi alí onde coñecemos a FORMOS4, FORX4N, FORNEL4
e FORM4IL os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai
ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e
complicados.
Hai tres libros no mercado nos que as súas aventuras suceden en diferentes lugares como París, Barcelona ou Nova Iorque. E estade atentos porque próximamente saen as súas fazañas en Toquio!
Foi unha saída moi interesante porque coñecemos ao aoutor dos libros PeRE ToBaruela e ao ilustrador AndRés mEixide.
Por alí andaban tamén os das noticias, as marionetas dos Bolechas, ... Regaláronnos caramelos e imáns para a
nevera e tomáronos unhas fotos posando como top models...
Pasámolo moi ben e despois regresamos tranquilamente outra vez pola Ponte dos Tirantes ata a escola.
esa foy unha excursión moy boa
ResponderEliminarOxala O PASARADES MOI BEN.
EliminarTeño a mesma opinion que Nardos.
ResponderEliminarTodos moi guapos e guapas.
ResponderEliminarEu xa teño o libro se o recomendó a todos está xenial¡
ResponderEliminar