miércoles, 24 de abril de 2013

Un Cross Feroz

Unha mañá de sábado moi calorosa e todos moi nerviosos, chegamos á escola coa intención de participar na carreira.
E é que ese día, 20 de abril celebrabamos o Cross Escolar na nosa escola.
Todos os participantes que competían gañaban unha medalla, excepto os tres primeiros que conseguían un trofeo. Por se acaso un caía trouxeron unha ambulancia que os acompañaba durante toda a carreira, sobre todo aos de 5º e 6º. Tamén trouxeron a policía para cortar o tráfico.
Nós, Laura e Nico, recibimos un trofeo: Laura quedou primeira na súa categoría, sentíase moi relaxada e contenta, e ao chegar á meta, levaba tanta vantaxe que ela incluso pensou en chegar camiñando, xa que a segunda clasificada aínda non se vía...
Nico quedou terceiro despois de facer un adiantamento mesmo na recta final, iso que correu despois de ter ido xogar un partido de fútbol case enteiro co seu equipo o Marcón Atlético. E non quedou segundo por un pelo. e era que xa non lle quedaban máis forzas para dar.
Quedamos os dous moi contentos!!! E aquí nos tedes cos trofeos que gañamos!!!
Laura García García e Nicolás Regueira Piquenque 6º B

6 comentarios:

  1. Gustóume moito poder gañar o último cross escola!!!

    ResponderEliminar
  2. Felicidades Laura e Nico. Que sorte tivechedes!!! Eu nunca gañei o cross :( Alegrome moito por vos, unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. A min sempre me ilusionou ter unha copa gañada con todo o meu empeño.E alegrome moito de que vos poideses haber gañado o cross e sobre todo o último.

    ResponderEliminar
  4. ¡¡¡Laura e Nico, parabens!!! Alegrome moito de que gañarais o último croos escolar, e non outras escolas. Eu tamén participei, aunque non gañei, pero puxen todas as miñas enerxias, e por eso déronme unha medaia.

    ResponderEliminar
  5. Enhorabuena a Laura y Nico y a todos los demás que aun que no quedaran en el podiun ellos saben que lo hicieron bien ,se dibirtieron y punto .
    Nada mas hasta la procsima .

    ResponderEliminar
  6. Estoy muy sorprendida por Nico,porque deswpues de jugar un partido de futbol y despues ir a correr y quedear de 3º e un merito moy grande.ENORABUENA NICO.

    ResponderEliminar