viernes, 10 de mayo de 2013

Lume, Poesías e Chistes

Hoxe, pola mañá , ao chegar á escola, antes de irnos a Inglés, entregámoslle as nosas poesías para o Certame das Letras Galegas á nosa profe Mary Carmen. Estabamos moi nerviosos, xa que non sabiamos quen ía gañar. 

Despois, de súpeto, sonou o timbre  moitas veces... Era un sinal para dicirnos que habia un simulacro de evacuación da escola. Nós, moi asustados, baixamos rapidamente ao patio descuberto. Alí xuntámonos todos os cursos, esperando a que viñeran os bombeiros...
Pero resulta que, despois de moito esperar, estes non viñeron, senon que veu Protección Civil... Nós, pensamos que se houbera lume de verdade xa estariamos queimados ata a punta do pelo.
Despois, subimos ás clases e en canto chegamos practicamos as poesías e os chistes.
A continuación, saímos ao noso rellano co outro alumnado de 5º e 6º. Alí, aínda pasamos uns bos momentos contando todas as clases dous chistes e tres poesías.
 Da nosa clase As Águias de Lume que participaron foron Aldara, Antón e Laura coas súas poesías e Eduardo e Sara no apartado dos chistes.
Con algúns chistes partímonos de risa e, algunhas poesías partíronnos o corazón:
Foi un día maravilloso!
Isabel Recarey Benito e Aldara Fernández Fernández 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

2 comentarios:

  1. ¡¡¡Parabéns, Antón, Laura, Aldara, Sara, Edu!!! A mín as poesías que máis me gustaron foron as nosas e algunhas doutros cursos, eso tamén pasoume cos chistes, onde todos nos rimos mogollón.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Isa!! Mimaa que vergüenza pasé!! JEJEJEE

    ResponderEliminar