E agora queremos deixarvos máis elaboracións entorno ao día da paz na escola: os nosos poemas e os nosos debuxos.
O Noso Día Da Paz
Todos os días moito xogamos
Intentamos non loitar
para a Paz non olvidar.
No mundo témonos que acordar
da nosa fabulosa bondade
e deixar atrás a nosa mala crueldade.
Moito queremos dar
para á Terra axudar.
E tamén queremos doar
os nosos xoguetes sen utilizar.
Os nenos teñen fame
e non saben que comer.
E nós temos que solucionalo
para que eles poidan crecer.
Axúdanos a colaborar co noso planeta
para que todo o mundo sexa feliz!!!
Laura García García 6ºB
Ei, Paz!
Ei, Paz!
ti nos deches
un tesouro
chamado liberdade.
Ademais diso
déchesnos
a tranquilidade
e deixáchesnos vivir.
Se ti non estás
a vida
non pode ser vivida
ou disfrutada.

Sen a liberdade
ou a tranquilidade
só se oen
un montón de prantos.
A guerra, o teu
contrario, Paz,
só é divertida
para os que non
a teñen vivido.
E por iso
o teu nome
é o nome de
todo o mellor:
PAZ.
Eduardo Lores Baamonde 6ºB

