
As miñas mascotas son dúas ninfas, paxaros orixinarios de Australia, onde forman grandes grupos. Ás veces soltámolas no salón e empezan a voar dun lado a outro, aínda que teñen un voo algo torpe.
El é gris, con pintiñas brancas e amarelas. Ela é branca tirando a amarelo, e os dous teñen coloretes na cara.
El é gris, con pintiñas brancas e amarelas. Ela é branca tirando a amarelo, e os dous teñen coloretes na cara.
Viven nunha gaiola branca e azul e comen alpiste que o meu pai vai mercar á tenda.
Os dous son moi pequeniños porque un ten un ano e o outro ten oito meses.
Eu ensineilles a dicir algunhas palabras e encántalles xogar no seu columpio de madeira.
Adrián López Fernández 5º BThor, O Meu can
O meu can é un pastor alemán ao que lle gusta moito que o mimen e o coiden ben. Chámase Thor e ten sete anos. Vive na casa dos meus avós. Cando me tumbo
ven e lámbeme a cara e faime moitas cóxegas. Non lle gustan as pelotas e se intentas darlle unha, el, vaise. Cando o imos lavar temos que atalo coa correa, se non escapa e non hai quen o pille. Ah! Outra cousa á que lle ten medo o meu can son os fogos das festas. O pobre non sabe onde meterse. Nunca entra na casa, sen embargo cando escoita fogos aínda que sexan lonxe métese debaixo da mesa. Cantos medos ten o meu can!
Carlos Rodríguez Viéitez 5º Bven e lámbeme a cara e faime moitas cóxegas. Non lle gustan as pelotas e se intentas darlle unha, el, vaise. Cando o imos lavar temos que atalo coa correa, se non escapa e non hai quen o pille. Ah! Outra cousa á que lle ten medo o meu can son os fogos das festas. O pobre non sabe onde meterse. Nunca entra na casa, sen embargo cando escoita fogos aínda que sexan lonxe métese debaixo da mesa. Cantos medos ten o meu can!
As Miñas Tartarugas
Ola, son Irea e vouvos contar a historia de margarida e Chispiña, as miñas tartarugas.

Chispiña come dúas gambas a cachiños e algunhas veces intenta saír do acuario pero Margarida ponse no oco das palmeiras e xa queda alí a durmir.
Miña nai cámbialle a auga e eu lávoas e xa van listas para comer.
A min gústanme as miñas tartarugas!
Irea Torres Fontán 5º B
Piquito De Oro

Piquito ten o corpo cuberto de plumas grises e brancas e a testa de cor amarela. Na súa faciana ten unha cousa especial, unhas fazulas alaranxadas e unha fermosa moña.
Tódalas mañás érgome e doulle o almorzo e cando veño da escola, Piquito ponse a berrar emitindo sons que parecen dicir o meu nome.
Cando vai durmir déitase onde lle botamos a comida.
A súa comida favorita é o panizo, tamén come semente e chíflanlle os graíños.
Cando quere ir á fiestra berra. Nós abrímoslle a gaiola, ela sae voando e fala coas pombas.
Esteban Carballido Campo 5º ACando quere ir á fiestra berra. Nós abrímoslle a gaiola, ela sae voando e fala coas pombas.
O Meu Can Coli
O meu can chámase Coli e ten 5 anos, naceu o 31 de octubre do 2007. É de cor marrón e o pelo teno un pouco longo, por iso, meu pai córtallo de vez en cando .
O día que o fomos buscar tiñamos unha comida na casa de meus avós, e era tan pequerrecho que miña tía Ana meteuno no bolsillo do maldilón e mentras comiamos Coli durmía.
Meu pai tróuxoo para a casa para que a miña irmá Carmen deixara de terlle medo ós cans, pero aínda lles ten medo, aínda que agora un pouco menos.
Coli ten a súa casa no xardín, é verde e fíxoa o meu pai.
Todos os días Coli anda solto polo xardín e xoga comigo porque é moi cariñoso e moi xoguetón.
Agora teño ganas de ter outro can para que teña con quen xogar. Teño que convencer a meu pai para que lle pida outro a Ángel .
Alicia Piñeiro Pardo 5ºBTortuig, A Miña Tartaruga

Vive nun acuario pequeno que ten unha pequena pedra para que suba nela, e catro palmeiras de decoración.
Come gambas pequeniñas e na auga hai que botarlle unha pedra de calcio, que é boa para a cuncha.
Téñoa desde hai dous anos e as miñas irmás e mais eu estamos moi contentas coa nosa tartaruga.
Sandra Rodríguez Torres 5º BO Mellor Can Do Mundo
A miña mascota é un can chamado Cuqui. É peludo, de cor beige, moi cariñoso e moi listo. Gústalle moito durmir na súa cama de palla e aínda máis pasear coa súa irmá Luna. Gústanlle os mimos de todo o mundo cando o seco, e non lle gusta que o bañen.
Come pouco, bebe moito, dorme moito e móvese pouco.

Encántame cando ladra porque parece que me quere dicir algo. O outro día estabamos xogando e Cuqui non paraba de ladrar porque escapara unha galiña.
Cando xogamos el corre de arriba a baixo detrás miña. Encántame o meu can e caime moi ben, e creo que eu a el tamén lle caio bastante ben.
Cuqui é o mellor can do mundo!
Nuria López Rey 5º AO Meu Peixe
A miña mascota chámase Nemo, é de color laranxa e ten os ollos negros.
A Nemo gústalle facer moitos brincos na pecera, semella un golfiño.
Cando alguén se achega, el sobe ata a superficie e abre a boca coma se tivese fame, e se lle fas caso está a comer todo o día.
A min gústame moito velo e reláxame moito. Que bonita é a vida dun peixe!
Pablo Dopazo Lois 5º A
O Meu Mellor Amigo: Lord
Unha tarde do mes de xuño, de camiño á casa, miña nai e mais eu oímos un sonido como se alguén chorara. Eu díxenlle a miña nai que o son viña dunha bolsa. Fun mirar e dixen:
- Pero se é un cachorro!
- Hai que chamar á canceira, engadiu miña nai.
- E non podemos quedar con el?
- Está ben, pero telo que coidar!
Como aínda era pequeno, eu, tiña que darlle o biberón ata que se foi facendo máis grande, tanto que xa me acompañaba ao cole xunto coa miña nai. Ah! E como xa sabedes chámase Lord!
Álvaro Calvo Lesende 5º ASol, Un Gato Solitario

Sol é de color negro, e de noite non se distingue, salvo polos seus ollos que son amarelos.
Non lle gustan os ratos, prefire xogar con eles e, como a maioría dos gatos, tenlle medo aos cans e gústalle andar ao seu ar.
Recíbenos sempre con moita alegría. É moi cariñoso e gústalle moito que o acariñen, sobre todo na cabeza.
En definitiva, a Sol, querémolo moito!
Alba Mira Barreira 5º AFrida, A Miña Mascota
Eu teño unha mascota que se chama Frida. É tan grande que asusta aos nenos.
Frida é moi forte, pero tamén moi cariñosa e sempre quere que xoguemos con ela.
Cando o meu avó vai ver as galiñas ela tamén vai porque as quere comer.
A ela gústalle a froita e come peras, caquis e mazás.
Matilda C. Rodríguez Carballo 5º BA Miña Tartaruga
Un sábado de verán fomos a Portugal a unha feira. Era moi grande e miña nai estaba vendo os zapatos. Meu pai fartouse de esperar e fomos dar un paseo.
Cando ao final chegamos á casa a tartaruga metémola na súa peceira e gustoulle.
Ao día seguinte levanteime, fun vela e decidín poñerlle un nome: Lluki.
Pasaron os días e foi collendo confianza. Agora a miña tartaruga está hibernando e só fai durmir e ás veces comer.
Diego Santiago Martínez 5º B