Unha Montaxe De Avión Moi Rara
Luis e mais Sara pediron por internet un avión
de xoguete desmontable.
-Non dou feito o burato!- Di resoplando Sara
-Pero non uses iso, usa o trade- Bérralle Luis.
Ao final Sara fixo o burato pero co trade.
-Vou encolar as ás.
Luis asombrouse porque lle veu unha peza
equivocada.
-Sara, nós pedimos um avión ou un veleiro?
-Un avión. Non ves que estou a encolar as ás. Por
que o dis?
-Porque me ven unha peza dun veleiro!
-Que? Vou chamar aos da tenda.
Sara estivo falando unha hora co señor da
tenda.
-Di que teñen un becario e puido equivocarse. Pero montámolo e
vemos como queda na casa!
-Só falta vernizar. É que eu son moi habilidoso,
eh!
-Pois veña verniza!
Irea Torres Fontán 6º B
Unha Máquina Nova
Había hai moito tempo, Lois e Xoán, dous irmáns moi hábiles e
moi parecidos que só se diferenciaban pola cor dos ollos. Lois
tíñaos marróns e Xoán verdes.
Eles desde pequenos xogaban moito, ás agachadas, ó trompo,...

Un día aos dous picoulles algo a intriga de poder voar polo ceo,
e dille Lois a Xoán:
-Xoán, ¿A ti non che gustaría poder voar?
-¡Siii! ¿Como o sabes? ¡Encantaríame voar!
Así que eles puxéronse mans á obra. Primeiro puxéron dúas
tiras de cartón nos brazos e empezaron a axitalas... Pero no ocorreu
nada.
Pasou o tempo e Xoán e Lois, tiñan xa case feito a súa máquina.
Pero faltábanlles o trade e o parafuso para poñer as rodas.
Pero como eran listos decidiron coller as catro rodas dun coche e
poñerllas á máquina que decidiron chamala avión.
E esa é a miña historia da creación do avión.
Diego Santiago Martínez 6º B
Os traballos De Xaime E Ana
Ana e mais Xaime tiñan que facer un traballo de bricolaxe na
escola. E como todos os seus compañeiros decidiran afeccionarse ós
xoguetes de madeira ou latón, eles fixeron o mesmo.

Xaime comezou a
facer un barco de xoguete e Ana un submarino.
Colleron as ferramentas dos seus pais, que eran martelos e
pinceis, e tamén compraron uns kits de bricolaxe para nenos que
contiñan papel de lixa, uns trades pequenos e varias bolsiñas de
parafusos.
Ana era moi habilidosa e o que se lle daba mellor era puír. Mentres que Xaime era moi torpe, dábaselle fatal vernizar. Nun momento dado Xaime preguntoulle a Ana:

- ¿Onde encolo a vela do meu barquiño ?
Aínda que Xaime era tan paspán que nin sabía onde ía a vela do
seu barco con áncora desmontable, ao final os dous conseguiron rematar
os seus proxectos. O submarino de Ana quedou moito mellor có barco
de Xaime, mais el está moi orgulloso orgulloso do seu traballo de
bricolaxe.
Marcos Asensi Goyanes 6º B
O Barco De Sara E Luís
Sara e Luis están preparando o
regalo de aniversario de Pedro, o seu irmán. A Pedro encántalle os
barcos e decidiron facerlle un coas súas mans.
Cando empezaron,consultaron un
libro que tiñan desde moi pequenos. Aínda que había moito por
facer, decidiron encolar os cachos para non pasar horas construíndo
o barco e facendo buratos co trade.
Pero iso non funcionou. Despois
dunhas horas parecía que Luis estaba moi afeccionado cos barcos.
Empezáronselle a ocurrir moitas ideas como a idea do barco
desmontable, o barco de papel de lixa...
Cando por fin o terminaron empezou
a festa de Pedro.
Puxéronse moi nerviosos porque
decidiron darlle o regalo antes da festa. Cando Pedro abriu o regalo
levou unha grande sorpresa porque tiña moitos barcos iguais pero ese
era diferente e especial porque o fixeron os seus irmáns coas súas
mans e con todo o seu amor.
Ester Haxhijahja 6ºB
Modelo 37

Os pais de André queren agasallar
o seu fillo mercándolle un avión teledirixido modelo 37, pero
cando chegan á casa danse de conta
de que aínda teñen que montalo e fanlles falla un parafuso, papel
de lixa e un trade.
Nas instruccións poñía que o xoguete era desmontable e para manexalo
tiñas que ser moi habilidoso e afeccionado aos avións. Para
rematalo os pais tiveron que puír, vernizar e encolar o modelo 37
ata chegar ás mans de André.
Ese día André púxose todo o día e toda a noite a xogar co seu
novo tesouro: o modelo 37.
Kedus José Dueñas
Ramallo 6º B
A Confusión
Un día Xoán foi á casa de Luisa axudarlle a montar un barco.
Xoán díxolle que utilizase o trade para facer buratos. Ela fíxoo
así e como Xoán era o que tiña as instrucións tíñalle que dicir
o que poñía, pero Xoán, que digamos, non e moi bo entendo as
cousas pero Luisa facíalle caso.
Xoán díxolle a Luisa que collese varios parafusos e que os
apertase co desaparafusador e Luisa volveuno facer.
Por último Xoán díxolle que tiña que encolar a vela do barco e
despois tiña que vernizar todo.
Cando remataron Luisa enfadouse con Xoán porque ao final fixeron
un avión raro xa que Xoán confundiuse de instrucións e colleu as
do avión.
Luisa decidiu quedar co el uns días e se lle gustaba ben e se non
Xoán tíñalle que facer un barco. Ao cabo duns días Luisa atopou a
Xoán e decidiu quedarse co avión.
Sandra Rodríguez Torres 6º B
O Moble Desmontable
Esta historia comeza na casa de un afeccionado ao bricolaxe que
era moi habilidoso. Xa montara polo menos 3 camas desmontables.
Seu fillo quería ser coma el e axudáballe a encolar, puír e
cousas así.
Un día mirou pola tele un novo moble e o pai foi compralo axiña.
Cando chegou á casa viu que lle faltaban varios parafusos.
Foi á tenda mercar parafusos e cando chegou de volta foi ao seu
taller de bricolaxe.
Alí, o primeiro que fixo foi coller o papel de lixa e empezou a
puír.
Cando xa estaba todo puído colleu o trade e fixo uns buratos e
cando o tiña xa acabado o único que lle quedaba era vernizar. Aí
entraba a parte do fillo, iso faríao el.
Yerai Loureiro Alonso 6º B