lunes, 3 de febrero de 2014

Receitas Para Un Mundo De Fantasía

Espaguetes Especiais

Ingredientes:
-Tomate ➺1kg
-Espaguetes ➺ Os que queiras.                   
-Pós máxicos de fadas ➺ Os que atopes.
Modo de facelo:
1º Mete os espaguetes dentro da ola e Férveos.
2º Despois cun toque de felicidade mete os pós máxicos dentro da ola.
3º Colle un prato grande e pon os espaguetes enriba cun toque de amor, e por último engade os  tomates cortados en rodelas.
4º Con paixón cómeos e a disfrutar.
Sandra Rodríguez Torres 5ºB
 
Pizza Simpática
Ingredientes:
-Masa de pan.
-Queixo fundido.
-1kg de tomates.                                       
-Chourizo.                                              
-Unha pizca de simpatía.
-Queixo relado.
Elaboración:
Dalle forma de círculo á masa de pan.
Tritura os tomates e esparce a salsa por toda a masa.
Logo engades o queixo fundido por enriba.
Cortamos dous anacos de chourizo en forma de ollos e colocámolos na pizza de simpatía mesturada con queixo relado mentres a pizza boquexa tamén.
Para que non tarde cinco anos en quentarse, pon o forno a novecentos graos infernais e estará listo nun minuto.
Engádelle un tomate que chee sobrara para que teña un nariz co que respirar.
Nota: se che saíu mal e non é simpática non a comas e confórmate cun refresco de cola.
Marcos Asensi Goyanes 5ºB

O biscoito da ledicia
Ingredientes:
-500 g de fariña
-50 g de auga
-500 g de lévedo
-1 ola de tomate
- Unha cullerada de ledicia
Preparación:
Metemos a fariña e a auga nunha ola, remexemos e poñémolo todo a ferver.
Cando estea cocido metémolo nunha bandexa.
Despois bótase o lévedo e espérase a que estea subido.
Logo, quéntase o tomate e botámolo no biscoito.
Por último bótase a cullerada de ledicia e métese todo na nevera.
Esperamos un pouquiño e xa está.
E non te esqueces de sorrir cando o comas.
Alicia Piñeiro Pardo 5ºB

Receita Para Ter Risa Máxica
Ingredientes:
-Unha pizca de pós máxicos de fada.
-3 kg De carne picada.
- Un pouco de sorriso.
-7 Tomates parlanchíns. 
-3 Flores de diferentes tipos.
Como facela:
Mete os pós  máxicos na ola pero tés que ter coidado porque son moi sarillos e pódenche picar.
Ter un pouco de coidado ó meter a carne picada.
Para coller o sorriso, tes que chamar a un amigo e contarlle un chiste e cando se ri meter o sorriso correndo na ola.
Para meter os tomates parlanchíns tes que ter coidado porque se te ris non te deixarán en paz.
Por último meter as pétalas das flores das sete cores.
E non te esquezas de comelo cun sorriso!.
Diego Santiago Martínez 5º B

Tomates Recheos De Atún
Ingredientes:                                                             
-1 Allo
-3 Latas de atún                               
-20 Tomates                                                       
-Pós de Arco da Vella
-Pós de amor
-Un toque de humor picante   
-Perexil
-Sal
-Pemento vermello 
Elaboración:
1º Coller o allo e picalo. Coller o atún e poñelo nunha cunca. Despois collemos os tomates e vaciámolos.
2º Mesturamos os pós do Arco daVella , os pós de amor e o sal.
3º Logo collemos o atún e mesturámolo cos pós. Ponlle o toque de humor picante e metémolo no forno dez minutos. Sé paciente... Vaiche sobrar atún.
Imos decoralo!! Fai os ollos co atún, colles o pemento para facer o sorriso e coa axuda dun adulto se tes sorte pode vir un gnomo a axudarche.
Despois saca os tomates e coloca os ollos de atún e o sorriso feito cos pementos vermellos.
E xa está listo para comer.              
Irea Torres Fontán  5º B

Sopa De Ledicia
Ingredientes:
2 litros de sopa de sobre.
7 Gargalladas.
Un sorriso entomatado.
Uns pós de fada.
Un toque de felicidade.
Unha folla de Loureiro real.    
Unha pizquiña de ilusión.
Elaboración:
Pos a ferver a sopa. pídeslle sete gargalladas ao teu pai, e a túa avoa dislle que che dea un sorriso entomatado da súa horta.
Engades os pós de fada.
Despois bótaslle a felicidade e a pizquiña de ilusión. 
Remexemos todo na ola coa sopa, usando unha culler.
Quentámolo e poñémoslle a folla de loureiro real no prato, e a receita xa está feita.
Carlos 5º B

Receita Da Marmelada Do Xardín Encantado
Ingredientes:
10 Pétalas de rosa.
5 Rodelas de tomate do xardín do Xigante Egoísta.
1 Raio Do Arco Da Vella.
1 Cullerada de pós de fada. (Podes elexir ti a fada).
1 Leituga da leira dos Gnomos.
Unhas pizcas de ledicia dun bebé recén nacido.
2 Margaridas do Castelo de Rapunzel.                      
Preparación:
Primeiro colles as pétalas de rosa e machácalas ata que saia marmelada de rosa.
Logo colles o raio do arco da vella co pararraios e seleccionas o raio azul e xa cando o teñas bótallo á marmelada de rosa.
Colles a cullerada de pós de fada e engádela. Ten coidado que che fai esbirrar.
Colles a leituga, ten coidado cando a vaias coller pois os Gnomos poden enfadarse. Ben, colles a leituga, lávala, pero non a laves con auga normal, lávala con auga da honestidade e córtala en cachiños moi pequeniños e mestúrao todo.                 
Colles as pizcas de bebé e bótaas con moito coidado non vaian escapar. Por último colles as rodelas de tomate e bótaas por enriba. Ah, ten coidado, o Xigante é moi, pero que moi egoísta e, ó mellor non che deixa collelos facilmente.
Espero que vos guste e que cando o fagades quededes encantados. 
Aida Moreda Romero 5º B

Unha Receita De Ledicia
Ingredientes:
3 Ovos de pelícano.
5 Tomates.
1 Culleradiña de ilusión.
Un bico de princesa.
5 Filloas de Coloríns.
3 Gotiñas de chuva.
4 Rosas que sexan de cor rosa. 

Modo De Preparación:
1º Colles unha tixola non moi grande e deixas os tomates cortados en cadrados.
2º Escachas os ovos e bótalos na tixola e remenxes todo coa culleradiña de ilusión.
3º Colles o bico da princesa e engádeo na tixola.                                                                                                                     
4º As gotiñas de chuva bébelas porque dá moita sede.
5º Colles as filloas e bótaslle toda a mestura. Colocas as rosas por riba, pero antes quítallles os pinchos.
6º Mételo todo no forno 3 minutos e xa está terminado.
Paula 5º B 

jueves, 30 de enero de 2014

La Paz Es El Camino

Esta frase: "La Paz Es El Camino",  que da comienzo a nuestra entrada de hoy fue pronunciada por un gran hombre que luchó, con sus palabras y con su forma de vivir para que La Paz Reinase en el Mundo: Mahatma Gandhi.
Por eso la hemos elegido para ilustrar nuestro blog en el día de hoy. Y ¿Por qué hoy?
Pues porque hoy es día 30 de enero, y cada 30 de enero todo el Mundo celebra el Día de la PAZ.

Y se hace así para conmemorar el aniversario del fallecimiento de esa gran figura que hizo lo imposible para que la paz reinase en la tierra: Mahatma Gandhi.
Y nosotros, en nuestro colegio también quisimos celebrarlo.
En todas las clases, durante la semana estuvimos decorando diversos folletos con palabras o dibujos alusivos a la PAZ. Y cada uno hizo una flor de la amistad para regalársela a un amigo.
Y hoy, era el gran día. Primero nos reunimos en el salón de actos. Allí se interpretó y cantó el Himno a la alegría, en donde nuestra clase estuvo representada por Diego, tocando la flauta. 
También cantamos todos a coro la canción de Los Hombres G: "Por qué No ser Amigos" y nos intercambiamos la flor a cambio de un abrazo.
Después la fiesta se trasladó al patio y allí asistimos a una suelta de palomas.
Todo resultó muy emocionante para nosotros que pensamos que el día de la PAZ no tiene que ser sólo hoy.
El Día De La Paz Tiene Que Ser Todos Los Días.
 Alicia Piñeiro Pardo y Aida Moreda Romero 5ºB 
CLICAR AQUÍ Y VER MÁS FOTOS DEL DÍA DE LA PAZ 

martes, 21 de enero de 2014

Estes Son Os Nosos Contos

Excursión
Un día a profesora Lucía foi de acampada  ao monte cos seus alumnos. Cando chegaron montaron as tendas e foron xogar.
Antón non sabía como colocar a tenda e a profesora axudouno.
Pola noite, cando xa todos todos durmían, Antón escoitou uns ruidos moi raros. El asustouse e berrou:
-Socorro!
Entón apareceu a profesora  e díxolle:
-Non teñas medo!
Entón, o rapaz, xa tranquilo, meteuse no saco pero aínda así non conseguía durmir. Estivo así moito tempo ata que oiu os seus compañeiros correndo.
El quixo saber o que pasaba. E resultaba que a profesora estaba a berrar como unha tola na súa tenda.
Antón non sabía porque e os seus amigos dixéronlle:
- É todo por culpa dun moucho que asustou a profesora e case lle dá un ataque!
Antón, lembrando o que antes lle pasara a el, chegou xunto da profesora e faloulle:
-Non hai que ter medo!!! Verdade?
Matilda Carlota Rodríguez 5ºB Ilustración: Marcos Asensi Goyanes 5º B

A Regalar Xoguetes
Son unha nena que ten moitos xoguetes e non me caben no salón pero miña nai di que imos mudarnos a unha casa máis grande. Eu penso que hai que regalalos ás fundacións benéficas porque xa teño10 anos e non xogo cos axóuxeres. Dixenllo mil veces  a miña nai pero ela sempre me contesta:
-Lévaos para a aldea. Alí seguro que xogas con eles!
-Alí, o que me gusta é tirarme a rolos polo campo e poñer a roupa toda verde da herba. Contestei eu.
Pero a miña nai seguia sen entrar en razón. Cando pasou o mes xa nos mudaramos e os meus xoguetes eran demasiados. Entón miña nai, por fin entrou en razón. Collemos os axóuxeres e todos os demais xoguetes e levámolos ás fundacións, que ficaron moi contentos ao saber que poderían deixar felices a unha gran cantidade de rapaces.
Nuria López Rey 5ºA Ilustración: Cristina Filgueira, Lía Ferreira e Nuria López

As Dúas Mellores Amigas
Había unha vez unha nena de cabelo loiro chamada Nerea que vivía nunha pompa de xabón. Pero non era unha pompa normal... Era unha pompa máxica irrompible. A burbulla tiña a súa casiña e o seu xardín. Pero Nerea alí dentro non tiña a ninguén e sentíase moi soa.
 E así pasaba a súa vida, cando una noite inesperada, mentres dormía, sentiu un golpe, saíu da casa, e mirou outra pompa pegada á súa. Tamén viu que nela vivía unha nena. E Nerea, intrigada, quixo saber quen era.





Achegouse á burbulla decidida a coñecela... Pero como podía facer? A súa burbulla era irrompible e non podía saír dela.... Pero e a outra burbulla? Como podería facer para entrar nela?
Pensou e pensou, e ocurríuselle unha idea: Podía botarse enriba moito xabón con auga e intentar cruzar ao outro lado. Así o fixo... E sabedes unha cousa??? Foi cruzando lentamente, esvarando devagar polas paredes da burbulla... Cando chegou a onde estaba a outra rapaza, soubo que se chamada Alba. Alba, a súa mellor amiga a partir daquela.
Aida Moreda Romero 5ºB Ilustración: Aida Moreda e Paula Pérez Martínez 5º B

A Fada E O Trasno
Un bonito día de primavera, un trasno e unha fada coñecéronse no Val Das Rosas.
O trasno era de cor verde e levaba unha camisa branca, un chaleco castaño, igual cós seus pantalóns.
A fada era de cor celeste e levaba un vestido branco.
-Ola, eu son Verdín, e son un trasno.
-Eu son Celeste e son unha fada. Encantada de coñecerte.
Pouco a pouco foron coñecéndose mellor.
-¿Quedamos aquí mañá pola mañá? Preguntou o trasno.
- Vale! Respondeu a fada.
Pero á mañá seguinte Celeste non aparecía. Verdín buscouna por todo o val, pero non a atopou. Entón, Verdín deitouse a descansar e quedou completamente durmido. De repente escoitou unha voz que dicía:
-Verdín, son eu, Celeste. ¡Axúdame, por favor!
O trasno decatouse de que se encontraba ao pé dun castelo. Viu a Celeste nunha fiestra moi arriba nunha das torres do edificio. Decidiuse e subiu as escaleiras e alí, tras unha porta con rexas, estaba Celeste.
-Estou baixo a maxia de un poderoso feitizo. Tes que encontrar a chave que abre esta porta axiña, antes de que chegue a noite, se non, morrerei!.
Verdín buscou e buscou a chave por todos os recantos ata que a atopou. Non lle foi doado, pois no camiño tivo que resolver varios enigmas e superar moitos obstáculos.
Xa coa chave no seu poder, liberou a fada e os dous saíron correndo do castelo.
Naquel momento Verdín despertou e ao seu lado estaba Celeste que lle deu un bico por tela salvado aínda en soños. E desde aquela viviron felices para sempre.
Emilia Alario Pastoriza 5º A

Un Vampiro Exemplar
Había unha vez un vampiro moi malo chamado Vladimir. Vladimir só quería chupar o sangue dos humanos cando estaba famento, e cando non tiña fame tamén zugaba o sangue dos humanos para facelos sufrir. Así era el de malo...
Un día o vampiro saíu á rúa co seu paraugas para protexerse do sol, e ir buscar un neno a quen poder chuparlle o sangue.
Atopou u un neno de tres anos, que lle dixo con voz moi baixiña:
-Por favor, non me mates, estou moi débil!
O noso vampiro non estaba disposto a facerlle ningún caso, pero nese momento viu chegar a nai do rapaz que viña buscar o seu fillo, entón o vampiro non tivo máis remedio que marcharse.
Ó día seguinte o vampiro estivo meditando e pensando naquel neno, na súa voz cantarina e dixo para os seus adentros:
-Por que fago dano á xente? E ademais, en vez de sangue podería comer froita.
Entón nese mesmo momento o noso vampiro decidiu ir pedirlle perdón a aquel neno. Así o fixo e grazas á súa decisión foi un dos primeiros vampiros en facerse herbívoro pero de refresco, de cando en vez, aínda toma un pouquiño de sangue, pero iso si... sangue light!
Diego Santiago Martínez 5º B

Mellor Ser Amigos
Un día un neno chamado Xoán ía camiñando tranquilamente polo bosque cando atopou unha árbore xigante moi rara. Quedou alí a observala e ao pouco tempo chegou outro neno chamado Luís,que non se levaba nada ben con Xoán.
Pero como Xoán estaba intrigado preguntoulle:
- Por que será tan grande esta árbore?
Enton Luís díxolle:
Esta árbore ten unha lenda que di que é a árbore da amizade e que a amizade tamén é algo moi grande.
De súpeto a árbore empezou a brillar e os nenos quedaron sorprendidos e paralizados. Comezaron a sentirse raros, e invadiunos unha sensación estraña, como que lles ía explotar a cabeza.
Cando a árbore deixou de brillar, tamén eles deixaron de notar aquela sensación. Agora o que sentían era que debían facerse amigos. E así foi, desde aquel momento debaixo da árbore, foron os mellores amigos para sempre e os dous decidiron que sempre é mellor ter amigos que inimigos.
Sandra Rodríguez Torres 5ºB Ilustración: Irea Torres Fontán e Sandra Rodríguez Torres
 
Na Aldea
Érase unha vez un neno chamado Xabier que vivía coa avoa na aldea.
Un día atopou un gato.
Hola gatiño, ¿perdicheste?
Si... Digo... Miau! Respondeu o gato.
Ahhh!!!... Ti... falas? Exclamou o rapaz asustado.
-Si... pero só o sabes ti. Contestou o gatiño.
-¿Queres vir conmigo? Preguntoulle Xabier.
-Si, moitas grazas!
-Vale, pero teño que esconderte da miña avoa se non, non poderás quedar conmigo. Ela non quere animais na casa. Aclaroulle Xabier.
Subiron á casa. E de repente...
¡Pum, pum, pum...! Soaron os pés da avoa polas escaleiras...
¡Toc, toc, toc! Petou na porta.
-¡Corre, escóndete no roupeiro! Obrigou Xabier ao gato.
Pof!!! Soou o armario.
-Adiante! Dixo Xabier, dirixíndose á avoa.
Ela entrou, deulle unhas galletas caseiras e foise.
Xabier quedou co gato, do que se fixo moi bo amigo, sen que a avoa o soubera. Sempre tiña que ter moitísimo coidado, porque de enterarse a súa avoa, de seguro que o ía castigar.
Ata agora non os cachou... ¿Descubriraos algún día...?
Belén Garrido Martínez  5ºA

Xoana E Poder Da Amizade
Nun bosque de Francia había unha lebre chamada Xoana, que tiña unha misión importante: buscar herba fresca para comer. Un día Xoana comezou a búsqueda, ía polo bosque e mirou as súas flores preferidas e cando ía coller unha...
-¡Para, é unha Venus Atrapamoscas! Díxolle María, a lontra. A onde vas Xoana?
-Vou buscar herba fresca.
-Eu vou ó río para pescar e ao outro lado do río hai herba fresca.
-Pois vou contigo.
E alá marcharon as dúas cara  ó río. Despois dun largo tempo chegaron ó seu destino. Alí, Xoana ía de pedra en pedra na busca da herba, ...¡Perdeu o equilibrio e caeu ó río!
-Non teñas medo, Xoana! Xa vou eu  a salvarte! Berrou María nadando veloz ata a súa amiga.
Cando conseguiu atrapala, sacouna do río, e ao ver que estaba con problemas respiratorios fíxolle o boca a boca e, así, salvoulle a vida.
Este feito uniunas aínda máis e desde aquel día Xoana e María prometeron ser amigas para sempre.
Esteban Carballido Campo 5º A

O Mar É Traizoeiro
Era verán. Xoán e Uxía atopáronse na praia. A eles gustáballes moito xogar a facer castelos de area, xogar ao tenis, buscar peixes polas rochas e tamén surfear.
Pasábano moi ben na praia día tras día. Pero unha mañá, a Xoán, surfeando, veulle unha onda moi grande e envolveuno de tal maneira que non era capaz de saír para a beira do mar.
Uxía, decatouse do perigo que estaba a pasar o seu amigo e intentou axudalo. Pero todos os seus esforzos eran en balde. Había moita oleaxe e iso impedíaa chegar ata o seu amigo. Entón decidiu pedir auxilio. O socorrista ao escoitala acudiu rapidamente a rescatalo.
O rapaz tragara moita auga e estaba moi nervioso. Uxía tentou tranquilizalo coas súas palabras de alento. Ao final, felizmente, todo quedou nun susto e cando chegaron ás súas casas puderon contarlle aos seus pais todo o que tiña acontecido.
Pablo Dopazo Lois 5º A

viernes, 10 de enero de 2014

Xa Estamos De Volta!

Ola a todos os amigos e lectores de "As Aguias De Lume"!
Xa estamos de volta!!!!
Pasámolo moi ben no ano 2013 pero esperamos que este ano 2014 sexa aínda moito mellor!!!!
Grazas a vós, cada día o blogue vai tendo máis visitas. Nós estamos moi contentos e queremos que cando o leades e vexades todo o que traballamos, desfrutedes e pasedes bos momentos na nosa compañía!!
Agora, entre todos, eleximos esta canción para alegrar a entrada neste novo trimestre! ¡Esperamos que a  vós tamén vos guste!
Aida Moreda Romero e Sandra Rodríguez Torres 5º B

martes, 24 de diciembre de 2013

Os Nosos Desexos De Nadal Para O Mundo!

A Vida é fermosa, e ti ao seu lado camiñas. Cada día que pasa un sorriso debes pintar, pois ao sorrir, calquera muralla podes tirar.
Alicia Piñeiro Pardo 5º B

Feliz Nadal!
No mes de decembro esperamos O Nadal e entusiasmados decoramos as casas, as árbores e as rúas.
Pasámolo xenial poñendo as luces, grilandas e todo o demais. Cando chega a noite máxica disfrutamos coas nosas familias e coa festa grande que hai.
Eu, esa noite, durmo cedo coa ilusión de que pola mañá poida abrir os agasallos...
Agasallos que son o meu desexo...
Aida Moreda Romero 5º B

E agora deixamos tamén aquí os nosos desexos para todos vós Amigos e Lectores do noso blogue!
Que na Noiteboa todos os Nenos e Nenas do Mundo teñan agasallos de ilusión e pensamentos de ternura, amizade, ledicia e amor! 

Que todos os Nenos e Nenas do Mundo teñan agasallos para celebrar O Nadal e así compartir sorrisos de felicidade!

Que no Novo Ano Todo O Mundo disfrute coas súas familias e sexan felices para sempre!

É O desexo de todo 5º B 

lunes, 23 de diciembre de 2013

Os Nosos Poemas De Nadal

         XA CHEGA O NADAL                                                                     
No Nadal todo se alegra,
o lume encendido,
os nenos ao lado,
porque o Nadal
                 xa ten chegado.                
Que ledicia!
Os nenos contentos,
e os pais tamén...
A cea lista,
os agasallos, tamén.

E a árbore xa preparada.
Que bonito, que bonito é O Nadal!
Yerai Loureiro Alonso 5º B

Corre, Chega O nadal!
Corre, corre que chega O Nadal,
se chegas tarde
mala sorte terás.
Un adorno brilla           
unha luz tamén...
E o meu sorriso,
un agasallo especial
que me deu Papá Noel!         

E un desexo quería pedir
para poder cumprir.
Lía Ferreira Rosón  5º A


Fermoso Nadal
O Nadal xa chega
e os nenos, ilusionados,
abrirán os agasallos.
Mentres, os pais, atarefados,
a decorar as árbores.

O Nadal, que bonito é!                
Tan fermoso
e tan lindo
que choro de ledicia!
BO NADAL!
Matilda C. Rodríguez Carballo 5º B

Que bonito é o Nadal 
O Nadal é bonito
o Nadal é feliz
e o mellor do Nadal
é que xa está aqui.                     

Os nenos cantan,
os pais rin
e as mascotas dos nenos
xogan felices.

As árbores encenden,
as luces tamén.
O Nadal é divertido
¡E xa está aquíiii!
Kedus José Dueñas Ramallo 5º B



Agasallos
O Nadal xa chegou!
Os Reis traen agasallos
e Papá Noel ven en tren.

Teño moitos agasallos                  
mais non só para min,
bonitos e preciosos
mais non só para min!

Caen as follas
cheas de neve.
Son folerpas
cargadas de ledicia
e tamén de agasallos bos
para todos os nenos.
Si, tamén para vós!
Adrián Lagos Piedras 5º B

Xa é Nadal!
Chegou o Nadal
e con el
a Noiteboa.                                

Comemos turrón e améndoas
e cenamos na casa da avoa.

Eu prefiro o verán
pero non me importa    
porque estamos no Nadal!

E agora que chegou O Nadal
agasallos, panxoliñas e festas!
¡¡A Ver se me toca a cesta!!
Zaira Núñez Vidal 5º B

 No Nadal
O Nadal vai chegar,
os nenos alegres,
xogando e bailando
e as nais e os pais cantando.

Os avós xa preparados
porque saben que O Nadal
xa ten chegado.

A árbore verde
é decorada
e todos din
que bonita ten quedado.
Yerai Loureiro Alonso 5º B

O Nadal Chega
O Nadal chega
cheo de campás
e na Noitevella remata.

As doce campanadas,
¡canta emoción!
Empezamos un ano novo.

Os agasallos acomodados
na zorra de Papá Noel,              
queren que os nenos
xoguen con eles.

O Nadal remata,
os adornos hai que quitar
as coroas, o belén...
Adeus Nadal!
Emilia Alario Pastoriza 5º A
CLICAR AQUÍ E VER MAIS DEBUXOS DE NADAL