martes, 20 de junio de 2017

Pontevedra: Xogando E Bailando No Roteiro Tonucci Con Migallas

O día 7 de xuño saímos da escola para unha actividade. Sabiamos que era o Roteiro Tonucci e que corría a cargo do grupo de teatro Migallas.
Iso xa nos daba unha pista do que podía pasar, pero non nos imaxinabamos a que se nos viña enriba!
Saímos da escola e puxemos rumbo á alameda de Pontevedra.
Chegamos ás escaleiras do Pazo da Deputación Provincial e xa nos estaban a esperar.
E xa desde o comezo comezaron os agasallos: Primeiro unhas cintas de cores que nos servían para coñecer os equipos, e que colocamos a modo de pulseiras.
E unhas gorras vermellas que nos viñeron de marabilla para o día de sol que estabamos a disfrutar!
Empezaron coas presentacións pero resulta que faltaban algúns dos compoñentes! Así que puxéronnos música para ver se mentres ían chegando. E ao son da música alá chegaron os grandes, os magníficos Pizpireto e Pizpireta!
Pizpireto era un home altísimo! E Pizpireta desprazábase nunha alegre bicicleta!
E con acento italiano léronnos unha carta que tamén era unha pista para buscar onde comezaba a seguinte actividade!
Así chegamos ata O Monumento aos heroes de Pontesampaio.
Alí tocounos movernos ao ritmo da música. 
Ás veces por parellas, por grupos de tres, de catro...
E finalmente todos xuntos.
No monumento, Pizpireta atopou a seguinte pista que nos levaba diante da Casa do Concello.
Alí fixemos unha asemblea para discutir propostas de mellora para a nosa cidade, Pontevedra.
A verdade é que nós, 6º A, estivemos moi activos e participativos e propuxemos varias ideas que foron moi votadas polo público asistente!
E chegou o momento de buscar outra pista para continuar. E resulta que foi Xermán o que avistou nunha columna da Casa Consistorial un papel amarelo. Alá foron el e Pizpireta a collelo!
Na nota dicía que tiñamos que ir ata a Praza de Santa María para continuar os xogos. E alá marchamos cargados coas pancartas das ideas que propuxemos para sentirnos máis cómodos en Pontevedra.
Xa na Praza de Santa María primeiro xogamos arredor da fonte de Semeros.
E fixémolo cunha actividade na que uns perseguidores tiñan que ir atrapando ao resto. E facíase cunha especie de cadea humana na que uns ían quedando encadeados aos outros.
De novo había que buscar máis pistas e outra vez foi Xermán quen a atopou!
Continuamos camiñando e chegamos xusto diante da Basílica de Santa María.
Alí sentamos un pouco á sombra e fixéronnos alguhas preguntas sobre aquel lugar. E alá estabamos nós dispostos a contestar a todo!
Pizpireta e Pizpireto representáronnos unha obra na que se pedía máis tempo para xogar. Foi moi divertida e fixéronnos rir a gargalladas!
Alí tamén realizamos un xogo arredor do cruceiro da praza.
Despois continuamos desfilando polo casco antigo de Pontevedra e chegamos ao Cruceiro das 5 Rúas.
Pero aínda non era ese o noso destino. E así andamos ata A Praza de Mendez Núñez, onde nos recibiu a figura de Valle Inclán encantado de ter tanta compañía.
E baixando pola Rúa César Boente cruzamos este arco tan coñecido!
É o que nos leva á Praza da Pedreira!
De novo houbo que buscar pistas e esta vez foi Juan José quen axudou a Pizpireto a localizalo xusto no Pazo de Mugartegui!
Alí esperábannos unha serie de xogos para realizar por equipos.
Este dos barcos foi realmente interesante e orixinal!
Mirade que boca tan grande!
Ariadna atopouse perdida nun mar de latas!
Quen é capaz de conseguilo??
Vaia chimpos dabamos coa corda!
E que ben o pasamos ao mantear varios bonecos de distintos tamaños!
 Que voaban moi alto!
E que logo abrazabamos con agarimo!
En fin... Momentos moi entretidos que nunca esqueceremos e que ficarán sempre con nós!
 Ariadna V. Montouto Mesías e Xermán González Rivas 6º A

lunes, 19 de junio de 2017

A Escoitar Música Na Clase

O venres 16 de xuño estabamos na clase despois do recreo. Primeiro comezamos  apracticar alguna cousiña de cara ao festival de fin de curso.
Logo seguimos a rutina de todos os venres desde que estábamos en 5º.
E esa rutina era nin máis nin menos que facer actividades interactivas pero coa axuda de música de fondo.
Síii, os venres podíamos escoitar música!!!
E de súpeto decatámonos que ía ser o último venres en que podíamos facer iso!!!
Pois no vindeiro venres estaremos no pabillón coa festa do deporte en que todos nós imos ser os protagonistas!!!
Todos nos puxemos un pouco melancólicos e deunos pena porque sabemos que imos votar moito de menos estes momentos de relax escoitando música ao tempo que traballabamos!!!
E aí xa nos sentamos todos en grupo, por parellas ou sos a escoitar a nosa música preferida!!!
Pensamos que todo cando esteamos no instituto imos botar moito de menos porque marchamos para o instituto  e sabemos que non teremos esta oportunidade…
En fin, o dito: que votaremos moito de menos as nosas sesión de escoitar música na clase!!!
Xermán González Rivas e Nardos Dueñas Ramallo 6º A